Skip to Content

Secretaría

VACACIÓNS SEMANA SANTA

As vacacións de Semana Santa abranguen do 25 de marzo ao 1 de abril, ambos os dous incluídos.

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO 2024-2025

NORMATIVA ADMISIÓN ALUMNADO 2024-2025

ACLARACIÓN ÁS RESERVAS PARA O IES DE PASTORIZA

A At. das familias de 6º de Educación Primaria,

ante as dúbidas que presentastes no centro pola presentación do Anexo I, informarvos que o Anexo I, reserva de praza no centro adscrito, é no centro de orixe, ou sexa no noso centro, no CEIP de Galán.

Calquera outra dúbida aclarámola.

Moitas grazas,

RESOLUCIÓN AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

Publicación no DOG do venres 12 de xaneiro a Resolución do desenvolvemento da avaliación de diagnóstico na Comunidade Autónoma de Galicia. DOG aquí

AVISO: DÍA NON LECTIVO

O 7 de decembro de 2023 non será lectivo. Día do Ensino 2023-2024.

INFORMACIÓN IMPORTANTE A TER EN CONTA PARA O FUNCIONAMENTO DO CENTRO

  • Non se dará por teléfono información particular desde o centro.
  • Por teléfono só se vai a dar información xeral que tamén podedes consultar na páxina web e no taboleiro do centro.
  • Os horarios de atención ao público están publicados nesta páxina web e no centro.
  • Calquera trámite, consulta sobre comedor ou transporte, dirixirse á dirección do centro.
  • Calquera consulta de información xeral recoméndase chamar sempre en horario de secretaría de 12.00 a 13.00 h
  • Recoméndase que para trámites de matrículas acudan ao centro tamén no horario de 12.00 a 13.00 horas.
  • Calquera cuestión relacionada cos seus fillos e coas súas fillas, saídas, chegadas tarde, faltas de asistencia, cambio de saída no transporte a pé ou viceversa, cambio de persoa autorizada para recoller ao alumnado ou engadir a outra persoa, importante, notificar por escrito ou a través de AbalarMóbil ao profesorado titor.
  • A apertura e peche do centro así como da entrada e saída de persoas do mesmo é responsabilidade da persoa de conserxería polo que deberán seguir as súas indicacións.

Horario do equipo directivo:
Dirección: de luns a xoves: 09.00 a 10.00 horas. Venres de 10.00 a 11.00  horas.
Xefatura de Estudos: de martes a venres: 09.00 a 10.00 horas
Secretaria: de luns a venres: 12.00 a 13.00 horas
Atención ao público Administración de luns a venres: 09.00 a 11.30 e de 12.00-13.00
Polas tardes a secretaría está pechada.

Teléfonos do centro
Dirección: 881880902
Xefatura: 881880901
Secretaría:881880907
Administración:881880903

CALENDARIO ESCOLAR 2023-2024

CALENDARIO DE ACTIVIDADES LECTIVAS

- Do 11 de setembro de 2023 ao 21 de xuño de 2024, ambos

incluídos.

VACACIÓNS ESCOLARES

Nadal: desde o día 22 de decembro de 2023 ata o día 7 de xaneiro

de 2024, ambos incluídos.

– Entroido: os días 12, 13 e 14 de febreiro de 2024.

– Semana Santa: desde o día 25 de marzo ata o día 1 de abril de

2024, ambos incluídos

DÍAS NON LECTIVOS

Establécese o Día do Ensino, que terá a consideración de día non

lectivo, e que no curso 2023/24 se celebrará o 7 de decembro de

2023.

Días non lectivos escollidos polo centro:

- 13 de outubro de 2023

- 20 de maio de 2024

 

HORARIO DE ADMINISTRACIÓN

A partires do luns 18 de setembro o horario de atención ao público en administración será de luns a venres:

09.00 a 11.30 horas

12.00 a 13.00 horas

REPARTO DE LIBROS DO FONDO PARA 3º e 4º

Os libros de 3º e 4º entregaranse o venres día 8 a partir das 11.30 horas na biblioteca do centro.

Colabora e participa no reparto a ANPA do noso centro.

Moitas grazas!

DESPEGAMOS CARA UN NOVO CURSO!

Un saúdo especial a todo o alumnado e ás familias do centro.

Benvida a todas e a todos e que teñamos un ilusionante e feliz curso 2023-2024.

Ao longo da nosa web iremos publicando temas do voso interese cara o inicio de curso.

Un saúdo

O equipo directivo

 

Distribuir contido


by Dr. Radut