Skip to Content

Secretaría

CELEBRACIÓN DE ELECCIÓNS DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

A Resolución do 20 de setembro de 2021 establece o calendario para a celebración dos membros dos

consellos escolares.

O xoves día 28 celebrarase o sorteo dos membros da Xunta Electoral.

Nos adxuntos tedes máis información:

- Resolución do 20 de setembro de 2021.

- Sorteo dos membros da Xunta Electoral.

Un saúdo

O equipo directivo

Día non lectivo, luns 11 de outubro

Estimadas familias,

recordade que o vindeiro luns día 11 de outubro, establécese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos no curso 2021/22 .

Un cordial saúdo

O equipo directivo

Actualización aplicación AbalarMóbil

Estimadas familias,

debedes revisar a aplicación AbalarMóbil, sobre todo no caso de irmáns matriculados no centro. Tedes que seguir os pasos seguintes: actualizar, axustes, aplicacións, buscar  AbalarMóbil, almacenamento, borrar datos e acceder de novo e poñer os vosos datos e o código.

Se tedes dúbidas na unidade de atención da centros (881997701) axudaranvos a nivel técnico.

Un saúdo. O equipo directivo

 

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS DO MEC PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS

Informámosvos de que xa está aberto o prazo de solicitude de axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (becas MEC).

As solicitudes faranse vía web a través do seguinte enlace:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/artisticas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

Deberán imprimirse e entregalas no centro ata o día 30 de setembro.

Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto co Departamento de Orientación do centro, a través do teléfono 881880904

APLICACIÓN ABALARMÓBIL PARA AS FAMILIAS

Aviso ás familias:

Xúntanse os seguintes enlaces para descargar a aplicación AbalarMóbil

AbalarMóbil; instalación e rexistro

Guía para as familias.

Recoméndase ter descargada  a aplicación para favorecer a comunicación co profesorado e recibir información do centro.

Un saúdo

O equipo directivo

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO. ACTUALIZADO

O horario de atención ao público en ventanilla a partir do 9 de setembro será de luns a venres en horario de:

9.15 a 11.15 horas /12.30 a 13.30 horas con previa cita no teléfono: 881880903

LISTAXE DE ALUMNADO POR CURSOS

A partir do luns día 6 de setembro, estarán expostas no taboleiro interior do centro as listas dos grupos de Educación Infantil e Educación Primaria.

Poderán consultarse en horario de 9.00 a 12.00 horas.

REPARTO DOS LIBROS DE 3º e 4º DE E.PRIMARIA

Estimadas familias de 3º e 4º de Educación Primaria,

o martes día 7 de setembro entregaranse os lotes de libros que vos corresponden en horario de 9.30 a 13.30 horas.Colabora no reparto a ANPA do noso centro.

A entrega será no salón de usos múltiples e o acceso será  por familia. Tedes que asinar un documento de recibín dos libros.

Se algunha familia non pode asistir neste horario, contactará co profesorado titor correspondente, unha vez iniciado o curso para acordar a entrega.

Un saúdo

O equipo directivo.

BENVIDA AO CURSO 2021-2022

Estimadas familias,

comezado o día 1 de setembro o novo curso académcio 2021-2022 queremos transmitir unha mensaxe de benvida e un saúdo ás familias, en nome do persoal docente e non docente e aproveitar para informarvos dalgúns aspectos de funcionamento, en base ás instrucións do protocolo de adaptación do 6 de xullo de 2021 para o curso 2021-2022.

A actividade lectiva iniciase o día 9 de setembro coa oferta de servizos que ofrece o centro: servizo de mañanceiros, actividades extraescolares e comedor.

O horario é de 9.00 a 14.00 horas. Flexibilizaremos o horario dentro da última hora lectiva para a saída do centro e o inicio do servizo de comedor, segundo contempla o protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19. A saída do centro efectuarase ás 13.40 horas.

O servizo de comedor é de 13.40 a 15.40 horas. O alumnado que asista á actividades extraescolares permanecerá custodiado no centro ata o comezo das actividades. 

O alumnado do servizo de comedor poderá ser recollido pola súa familia nas franxas horarias: 15.00/15.20/15.40 horas.

A entrada do alumnado transportado farase ás 8.50 horas. A entrada do alumnado non transportado será ás 9.00 horas. O centro pecharase ás 9.05 horas.

Publicarase toda a información do curso na páxina web.

Un cordial saúdo

O equipo directivo

Distribuir contido


by Dr. Radut