Skip to Content

Secretaría

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA 2022-2023

PRAZO:  do 20 ao 30 de xuño

HORARIO: 9.30  a 11.30 horas

 Documentación:

Anexo III. Formalización de matrícula

Solicitude de transporte escolar

Autorización de imaxe

Solicitude de comedor escolar, de ser o caso

Enquisa de lingua materna (Infantil)

Certificado de empadroamento expedido polo Concello

Fotocopias: tarxeta sanitaria, folla de vacinación.

Fotocopia libro de familia ( folla do neno ou da nena)

Fotocopia do  DNI ( se ten)

4 fotos tamaño carné ( co nome e apelidos do alumno ou alumna por detrás)

 

ED330B. Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Curso 2022-2023.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: 19/05/2022 - 22/06/2022

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/ fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente poderán presentarse presencialmente nos centros docentes ou en rexistros.

No centro en horario de 9.30 a 11.30 horas e de 12.30 a 13.30 horas na Secretaría do centro.

( Sen cita previa e unha persoa nas oficinas)

 

Ligazón ao DOG coa información máis relevante destacada

DOCUMENTACIÓN PARA A PRESENTACIÓN

Þ   Solicitude segundo o Anexo I

Þ   Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

Þ   Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

- Certificado ou volante de convivencia.

- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Þ  Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

Þ   Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.

Þ   Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

Þ   Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

Þ   Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai ou a nai ou o/a titor/a ou titores/as carezan de DNI ou NIE.

COMPROBACIÓN DE DATOS

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo I e achegar unha copia dos documentos.

DNI ou NIE da persoa solicitante.

DNI ou NIE da persoa representante.

MARQUE O RECADRO CORRESPONDENTE NO ANEXO I PARA SINALAR AS CIRCUNSTANCIAS QUE LLE SEXA DE APLICACIÓN:

Certificado de discapacidade expedido pola Administración autonómica.

Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez ou equivalente de clase pasivas.

CONSENTIMENTO PARA A COMPROBACIÓN DE DATOS

A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente:

Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou certificado tributario de imputacións do exercicio 2020

 

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

 

 

 

LISTAXES DE ALUMNADO ADMITIDO

Están publicadas as listaxes definitivas de alumnado admitido. Non se produciron variacións con respecto ás provisionais.

O equipo directivo

USO DE MÁSCARAS NO INTERIOR DO CENTRO

Estimadas familias,

publícase a día de hoxe, 20 de abril, o Real Decreto 286/2022 polo que se modifica a obrigatoriedade de uso de máscaras durante a situación da crisis sanitaria ocasionada pola Covid-19.

Na seguinte ligazón podedes acceder ao BOE.

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2022-2023

Informase das solicitudes presentadas en prazo no proceso de admisión. IMPORTANTE: Ao existir máis solicitudes que vacantes ofertadas no curso de 6º de Educación Infantil, procederase á baremación no citado nivel.

As familias deberán entregar a documentación acreditativa dos criterios alegados para o baremo (de carácter voluntario ) ata o día 7 de abril.

 

CURSO

VACANTES

N.E.A.E

Nº SOLICITUDES

4º E.I

25

3

13

5º E.I

5

 

0

6º E.I

1

 

2

1º E.P

17

9

5

2º E.P

10

 

1

3º E.P

26

 

0

4º E.P

3

 

0

5º E.P

24

 

0

6º E.P

19

 

1

Vacantes actualizadas con data 29-03-2022

E.I. Educación Infantil

E.P. Educación Primaria

N.E.A.E. Necesidades educativas de apoio educativo

 Publícase a documentación referida ao proceso de admisión de novo alumnado para o curso 2022-2023.

Anuncio do sorteo público

Resultado do sorteo público

USO DAS MÁSARAS NO RECREO

ALUMNADO QUE PRESENTOU RESERVA NO CENTRO

Estimadas familias,

dirixido este aviso ao alumnado que solicitou reserva de praza para 1º de educación primaria no centro, procedente das escolas de infantil de Barrionovo e Vilarrodís, 

1. Todas as solicitudes de reserva están admitidas.

2. Non tedes que realizar ningún trámite ata o momento da matrícula, entre o 20 e 30 de xuño.

Un cordial saúdo

O equipo directivo

 

Distribuir contido


by Dr. Radut