Skip to Content

Secretaría

LIBROS DE TEXTO 2023-2024

LIBROS DE TEXTO 2023-2024

CALENDARIO ESCOLAR 2023-2024

PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO

Publicamos a listaxe definitiva de alumnado admitido para o curso 2023-2024 no taboleiro interior do centro. Todo o alumnado que solicitou praza está admitido.

 

NOVAS. PORTAL EDUCATIVO. AXUDAS LIBROS

INICIO DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO. ACTUALIZACIÓN

 

PRAZO: DO 1 AO 20 DE MARZO

 

. Forma de presentación: electrónica e presencial

a) Presentación electrónica de solicitude (ED550B):

1º. A persoa solicitante ten que acceder á aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumando) e cubrir o modelo ED550B – anexo II, para o que necesariamente ten que dispoñer dun certificado de identidade e sinatura dixital (como o certificado da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre ou calquera outro admitido pola sede) ou un sistema de usuario e clave como a Chave365.

2º. Ademais, terán que cubrir o modelo anexo II-bis (comprobación de datos e consentimento), segundo corresponda, imprimilo, e unha vez asinado de forma manual pola outra persoa proxenitora, titora ou acolledora, escanealo.

3º. A seguir, a aplicación permite conectar coa sede electrónica da Xunta de Galicia para asinar e presentar a solicitude utilizando calquera dos medios de identidade e sinatura do punto 1º.

Xunto coa solicitude deberá achegar o anexo II-bis e o resto de documentación que, de ser o caso, fose precisa (libro de familia, sentenza de separación, documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas...).

4º. O xustificante da presentación electrónica da solicitude ( ED550B) só se xera cando a persoa a asine e a presente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, e indica a data de presentación.

5º No caso de solicitudes de admisión (ED550B), o número que aleatoriamente lle asignou aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación (que se terá en conta, de ser o caso, para desempatar) poderá consultarse, xunto co estado de tramitación da solicitude, na devandita aplicación.

b) Presentación presencial de solicitude (ED550B):

1º. A solicitude de admisión ordinaria (ED550B) e o anexo II-bis, no centro docente indicado en primeiro lugar.

En ambos casos, tamén se poden presentar en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2º. Tamén deberá ir acompañada da documentación indicada no anterior punto 3º da letra a).

3º. A asignación aleatoria do número para os efectos de desempate, prodúcese no momento da gravación da solicitude na aplicación admisionalumnado por parte do centro.

Polo tanto, se a gravación é simultánea á presentación, o centro entrégalle á persoa solicitante o xustificante xerado na aplicación, que indicará a data de presentación da solicitude e o número aleatorio asignado.

Se por motivos organizativos ou de xestión do centro, a gravación ten lugar nun momento posterior á presentación, entregaráselle un xustificante no que constará a data de presentación e selo do centro.

Cando o número de solicitudes sexa superior ao de postos, ás persoas interesadas poderán consultar o número aleatorio asignado pola aplicación na listaxe que se publique o 21 de marzo de 2023.

En todo caso, tanto este número como o estado de tramitación das solicitudes, poderán consultarse en calquera momento na aplicación admisionalumnado, mediante certificado dixital ou Chave 365.

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

  • Copia do Libro de Familia onde aparezan todos os membros da unidade familiar.
  • En caso de separación ou divorcio, copia da sentenza xudicial e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do menor.
  • Copia dos DNI do solicitante e dos demais membros da unidade familiar. En caso de que as persoas proxenitoras ou titoras carezan de DNI ou NIE, certificado de convivencia ou informe dos servizos sociais.
  • Documentación pertinente no caso de solicitude de prazas NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo).
  • Para alumnado doutros colexios, ademáis da documentación anterior, un certificado de matrícula do centro do que procede.

HORARIO DE ENTREGA DA DOCUMENTACIÓN EN SECRETARÍA

De luns a venres de 9:05 a 13:30

CRITERIO COMPLEMENTARIO DE DESEMPATE ESTABLECIDO POLO CENTRO

1 punto por solicitar en primeiro lugar un colexio público

 

 Renda per cápita da unidade familiar. Información

Inclúe as cantidades obtidas da base impoñible xeral (Casiña 435) máis a base imposible do aforro (Casiña 460) da declaración do imposto sobre a renda das persoas física no exercicio 2021, dividida entre o número de membros computables da unidade familiar a data 1 de marzo de 2023.

Cando non se presentase declaración, teranse en conta os ingres de acordo cos datos facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Para determinar a puntuación utilízase o Indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) anual de 2021, e que está fixado en 6.778,80 € na disposición adicional centésima vixésima primeira da Lei 11/2020, do 30 de decembro, de Orzamentos xerais do Estado para o ano 2021.

VACACIÓNS DE ENTROIDO

Vacacións de Entroido, 20, 21 e 22 de febreiro.

Voltamos o xoves 23.

FELIZ ENTROIDO!

PROCEDEMENTO DE RESERVA DE ALUMNADO 2023-2024

PRAZO DE RESERVA para o alumnado matriculado en 6º de educación primaria no CEIP de Galán e en 6º de educación infantil nas Escolas de Infantil adscritas ao centro.

O resto de alumnado do centro non ten que realizar este proceso.

do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023

Normativa relacionada

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 Presentación de solicitudes

As solicitudes (ED550A e ED550B) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.

  3. IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar na aplicación).

  4. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando o documento adxunto, cubrilo e presentalo asinado no centro.

ADXUNTOS:

1. Manual de reserva para familias.

2. Solicitude en galego.

3. Solicitude en castelán.

Os prazos para tramitar o procedemento de admisión e formalizar a matrícula son os seguintes e, en todo caso, enténdense referidos ao ano natural:

1. Prazo de presentación de solicitude de reserva: do 15 de xaneiro ao 6 de febreiro.

2. Publicación da listaxe do alumnado con posto reservado: o 22 de febreiro.

3. Data do sorteo público para os efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.

4. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

5. Prazo de presentación de solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo.

6. Prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

7. Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: o 25 de abril.

8. Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido.

9. Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: o 15 de maio.

10. Prazo para formalizar a matrícula en educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño.

11. Prazo para formalizar a matrícula na ESO e bacharelato: do 23 de xuño ao 7 de xullo.

Cómputo de prazos

Para os efectos de cumprir os trámites do procedemento de admisión e formalización da matrícula do alumnado, cando o último día do prazo non sexa lectivo, prorrogarase automaticamente ata o día lectivo inmediato seguinte.

 

 

AUTORIZACIÓN DÍA NON LECTIVO

Estimadas familias,

o vindeiro día 5 de decembro de 2022 non será lectivo. Día non lectivo autorizado.

O equipo directivo

INICIO DO PROCESO DE ELECCIÓNS A CONSELLO ESCOLAR

Estimadas familias,

iniciouse a día 2 de novembro, o calendario de actuacións das eleccións a consello escolar, supervisado pola Xunta Electoral.

O día 3 de novembro entregamos ao alumnado unha circular informativa ás familias sobre a convocatoria de elección dos representantes de pais, nais ou persoas titoras legais.

Corresponde a elección de 2 representantes de profesorado, 2 representantes de nais e pais ou persoas titoras legais e 1 de persoal de administración e servizos.

Ábrese o prazo para presentar candidaturas dos diferentes sectores da comunidade educativa, familias, profesorado e persoal de administración e servizos.

Prazo do 4  ao 11 de novembro, ambos os dous inclusive.

 

Un cordial saúdo

O equipo directivo

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

A partir do 2 de novembro ampliamos o horario de atención ás familias en secretaría polas mañás para facilitarvos a conciliación nos horarios e aproveitedes cando vos acheguedes ata o centro.

O horario será:

de 9.05 horas a 13.30 horas.

Un saúdo

O equipo directivo

Distribuir contido


by Dr. Radut