Skip to Content

UNHA VISITA MOI ESPECIAL!!! Coñecemos os comezos de Galán!

A visita dunha mestra.
O pasado mércores 13 de decembro, contamos coa visita de Raquel Vilar Vázquez, unha mestra que estivo no CEIP de Galán ao longo de nin máis nin menos que 35 anos dos 42 anos cos que conta o noso centro. Raquel, coñece de primeira man os comezos do noso colexio e a súa historia.
Tivemos a sorte de coñecer como era o noso colexio ao principio, sen pavillón, sen ordenadores, con máis de 800 alumnos e alumnas…. E outras anécdotas como cando en outubro do ano 1984, co ciclón Hortensia, voou o tellado de uralita do colexio….
A actividade foi dirixida  ao alumnado de 5º de Primaria,  relacionada co ODS nº 4 da Axenda 2030  que se está a traballar ao longo deste curso neste nivel e tamén dentro dos obxectivos enmarcados dentro da Agrupación de Centros Escolares “Activos por la inclusión” á que pertence o noso colexio.
Temos que agradecer a Raquel que volvese ao cole, como tantas veces fixo ao longo de todos esos 35 anos da súa vida profesional, a contarnos a súa experiencia. Foi unha visita moi especial!

Moitísimas grazas, Raquel!

 

 



page | by Dr. Radut