Skip to Content

O CEIP DE GALÁN VISITA O CEIP EDUARDO LUCENA DE CÓRDOBA

Agrupaciones Centros Educativos 2022-2024

O CEIP de Galán dentro da súa participación no programa do MEC, Agrupaciones Centros Educativos, iniciativa destinada a promover agrupacións de centros escolares de diferentes comunidades autónomas e que se está a desenvolver nos cursos académicos 2022-2023, 2023-2024, co nome " Activos por la Inclusión", viaxou a Córdoba do 21 ao 26 de abril de 2024 para que o alumnado de sexto de educación primaria do CEIP de Galán e do CEIP Eduardo Lucena de Córdoba participara en xornadas de convivencia e interralacionara entre si.

Na visita, o alumnado dos dous colexios participou nunha xornada de deporte inclusivo dirixido por alumnado da Universidade de Córdoba e nunha ruta de sendeirismo polos arredores de Córdoba. Ademais, durante os cinco días da viaxe, o alumnado aproveitou para coñecer os monumentos máis importantes da cidade como a Mezquita-Catedral, a Xudería, a Ponte Romana, os patios cordobeses e o Alcázarar dos Reis Cristianos, así como dun tempo de lecer nas magníficas instalacións do Albergue Xuvenil do Cerro Muriano. Máis alá da cidade de Córdoba, visitaron o Castelo de Almodóvar e o Museo do Cobre no Cerro Muriano.

Durante o traxecto de ida e volta poideron coñecer, a través de visitas guiadas, cidades como Cáceres, Mérida e Salamanca, cidades Patrimonio da Humanidade.

Unha viaxe cun compoñente cultural moi importante, pero sobre todo de enriquecemento persoal a todos os niveis, obxectivo perseguido dende todos os axentes educativos implicados neste proxecto, profesorado participante, familias e o propio alumnado. Foi unha experiencia inolvidable!

Unha mención especial, para rematar este resumo da visita,  de agradecemento a todas as familias do alumnado de sexto pola súa colaboración, pola confianza depositada e sobre todo polas súas palabras de gratitude amosadas. Un agradecemento tamén á ANPA Manuel Murguía do noso centro pola súa participación e apoio neste proxecto.

Aviso: contamos con moitas fotografías, algunhas tomadas polas propias alumnas e polos alumnos, que temos que seleccionar para publicar na Galería desta páxina. Enviarase un Abalar cando as publiquemos.



page | by Dr. Radut