Skip to Content

Día da PAZ

Curso 2010-2011

O vindeiro venres 28 celebraremos o Día da PAZ.

No centro temos programadas diversas actividades, entre elas unha carreira pola Paz que todos os anos promove "Save the children", para concienciar aos escolares de miles de centros en toda España sobre as inxustizas que se dan no mundo con respecto aos dereitos dos nenos e as nenas.

Trataráse de facer unha carreira non competitiva, polos arredores do centro, na que o obxectivo consistirá, non en chegar primeiro, senon en manifestar unha mensaxe de PAZ e solidariedade coa infancia e a sustentabilidade medioambiental. Para iso, nada mellor que lembrar a letra da canción "O progreso" de Roberto Carlos. Cada aula de Primaria escollerá unha frase desta canción e fará unha pancarta que exhibirá polo percorrido da carreira.

Na chegada, todo o alumnado fará unha coreografía formando a palabra PAZ mentras escoitamos e cantamos a letra da canción.

Estas son fotos doutros coles que fixeron ésta carreira:

Exemplos de outros coles




story | by Dr. Radut