Skip to Content

PROXECTA +. ALIMÉNTATE BEN

Publícase a lista definitiva de centros admitidos no Plan Proxecta +. O noso centro é un deles.

O proxecto "Aliméntate ben" está enmarcado dentro da estratexia educativa do Plan de acción para a prevención do sobrepeso e a obesidade (Plan Obesidade Zero en Galicia) da Dirección Xeral de Saúde Pública, e canalízase na escola a través do Plan Proxecta+ de innovación educativa.
As modalidades de "Aliméntate ben" buscan traballar todas as dimensións do feito alimentario dun xeito integral e transversal na comunidade de referencia do alumnado. Responde á necesidade de que o alumnado adquira e consolide hábitos alimentarios adecuados.
Na temporalización contaremos con actividades e tarefas previas ao reparto do leite e da froita. Con esto pretendemos que a actividade non se reduza únicamente a un momento determinado no tempo, senón que o que queremos é que sexa unha actividade basada na transversalidade e a interdisciplinariedade, e cunha temporalizadión ao longo de todo o curso académico con distintas actividades relacionadas coa alimentación, a inclusión e co ámbito emocional dos hábitos alimenticios do alumno.
O desenvolvemento da actividade farase ao longo de dúas quendas. A primeira quenda terá lugar en xaneiro e desenvolverase ao longo de seis semanas, nas que as dúas primeiras se degustarán as froitas de tempada do inverno insitindo naquelas froitas que nunca probaron e fomentando habituar o padal ás froitas que aínda que son coñecidas non están entre as máis favoritas do alumnado. Todo eso cunha reflexión anterior, durante e posterior sobre aspectos nos que repercute a froita, a súa imporatancia na pirámide alimenticia, a súa procedencia, o seu cultivo e posterior colleita, a importancia dunha alimentación sa, hábitos de hixiene, e a recollida dos desfeitos e restos.
Todo esto vinculado en todo momento cos obxetivos da axenda ODS 30 en canto á produción e consumo responsable e en canto á saúde e benestar.
A continuación, nas seguintes catro semanas pasaremos ao reparto do leite, que ao igual que as froitas, estudando a súa procedencia, os materias de refugallo que xeran, a súa importancia nunha alimentación sa, os seus derivados....
A presentación tanto da froita como do leite será de maneira atractiva e coa menor manipulación posible, e por suposto sempre tendo en conta as normas básicas de hixiene.
No mes de abril faráse unha segunda quenda cunha estructura similar á anterior, pero esta vez faráse primeiro o reparto do leite ao longo de 20 días lectivos e a continuación os 10 días de froita.  Esta vez centrándonos nas froitas de verán como eixe vertebrador.
No caso do recurso, "faille clic ao teu bocata", centrarémonos no segundo ciclo  primaria inicialmente, para poder valorar a súa ampliación de cara ao vindeiro curso.
En todo momento, a metodoloxía sexa variada. Temos que pensar que ao estar involucrado todo o centro, traballaremos todo o proxecto relacionándoo co currículum dende as tic, as ciencias, a educación artística, as linguas, as matemáticas, a biblioteca, as actividades complementarias e extraescolares, etc...
Ademáis promocionarase a participación activa en todo o momento, dando protagonismo en distintas tarefas a distinto alumnado fomentando a en todo momento a inclusión, como o reparto da froita polas aulas, a publicidade , a elaboración de carteis, a creación de recetarios coa axuda das familias, a importancia das alerxias alimentarias, a lectura de libros propostos polos equipos de biblioteca e/ou o EDLG, e  distintas tarefas que vaian surxindo.
Non debemos esquecer, que todos eses procesos de traballo serán reflectidos en diversos traballos finais, como exposicións, libros de receitas, guías de froitas, diferentes muráis, artigos para a revista escolar e para os periódicos locais, etc. Pero sempre valorando o proceso que se seguiu para esa elaboración final, os pasos que se seguiron, os cambios que se adoptaron, os axentes implicados, as dificultades, ou as modificacións executadas para un correcto desenvolvemento da actividade.



page | by Dr. Radut