Skip to Content

ACTIVIDAES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

CHEGA O MAGOSTO Á GALÁN

CELEBRAMOS O SAMAÍN

O martes 31 de outubro celebramos o Samaín no CEIP de Galán con actividades varias organizadas polo equipo de EACE, exposición de cabazas no hall da entrada que foron traendo as nenas e os nenos coa colaboración das súas familias, actividades nas aulas, adornos polas distintas dependencias do centro e un túnel do Samaín, o corredor do comedor, convirtiuse no túnel do terror no que o alumnado disfrutou un montón. Aquí vos deixamos unha foto!!!!

Actualización: xa temos publicadas as fotos do Samaín na Galería.

 

REALIZAMOS O SIMULACRO DE EVACUACIÓN

O venres 27 de outubro realizamos un simulacro de evacuación a media mañá. O punto de encontro foi a pista polideportiva ao lado do pavillón de Galán.

Colaborou neste simulacro  Gesplan, empresa de xestión de plans de autoprotección e a Policía Local de Arteixo. Contactouse co 112 para informar do simulacro.

O tempo estimado da evacuación foi de catro minutos.

Estes simulacros son prácticas de evacuación do centro por se nalgún momento tiveramos que realizar unha evacuación real.

Parabéns ao noso alumnado polo ben que o fixo!

CONVIDAMOS ÁS ESCOLAS DE INFANTIL A PASAR O SAMAÍN

O luns día 30 visítannos as Escolas de infantil de Barrionovo e Vilarrodís. Pasarán con nós un rato ao longo da mañá, verán a exposición de cabazas e realizarán actividades na Biblioteca do centro.

Esperamos que pasen un Samaín divertido!

INVITACIÓN PARA AS ESCOLAS DE INFANTIL ADSCRITAS

AGASALLO DECORATIVO E PLACA CO NOME DO CENTRO

Grazas, Fani polo agasallo!                                  Grazas,  Mar!

DESPEDIMOS O CURSO CON XOGOS ACUÁTICOS!!!

FELICES VACACIÓNS!!

FOTOS DO FESTIVAL DE FIN CURSO

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/galeria/thumbnails.php?album=134

Xa están colgadas as fotos do festival do día 20 de xuño, fin de  curso.

 

FESTIVAL FIN DE CURSO

Día: 20 de xuño

Lugar: Patio exterior

Asistencia: Familias

Colabora: Protección Civil do Concello de Arteixo

PROGRAMA

Mon amour ( 3º )

Osito gominola ( E.Infantil)

Surfing USA ( 5º )

Super Mario ( 1º)

Got Talent ( alumnado de 5º e 6º)

I´m a beliver ( 2º )

Better when I´m dancing ( 4º)

Tacones Rojos ( 6º )

Himno de Galán. Todos e todas. Colabora Sergio Franqueira.

Moitas grazas!

Distribuir contido


by Dr. Radut