Skip to Content

ACTIVIDAES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

FORMACIÓN ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA

Hoxe, o alumnado de 5º de primaria recibíu unha sesión formativa sobre "Parques Eólicos" a cargo de Alberto.S.M (Xerente Enxenería Civil e Medio Ambiente en IDOM Consulting Engineering Architecture S.A.U).

Moitísimas grazas!

 

2ª ROLDA CAMPIONATO DE PARCHÍS

TALLERES MATEMÁTICOS PARA 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O venres día 12 de abril alumnado da Universidade da Coruña ( UDC) xunto co seu profesorado da Universidade estiveron nas aulas de quinto de primaria colaborando e interactuando co noso alumnado de quinto na realización dun obradoiro de matemáticas.

Moitísimas grazas a todas e a todos!

E por suposto ao profesorado da Universidade pola súa colaboración co CEIP de Galán.

COMEZARON AS VISITAS A BIBLIOTECA DE ARTEIXO

O alumnado de 1º visitou o 5 de abril a Biblioteca Henrique Rabuñal. Máis información no blog da BIBLIOGALÁN

 

ENCONTROS DEPORTIVOS PROFESORADO- ALUMNADO SEMANA SANTA 2024

Os encontros están organizados polo departamento de Educación Física do centro. Os xogos nos que participará alumnado e profesorado son: Datchball, Volei e Ultimate.

Educación Infantil

Celebrou un encontro deportivo entre as mestras e o alumnado o mércores día 20 nas dúas primeiras sesións da mañá.

Educación Primaria

No caso de Educación Primaria, os xogos son o xoves día 21 de 9:30 a 11:45 horas aprox.

Nestes xogos participará activamente o alumnado dos diferentes niveis de sexto (A,B,C), mentres que o resto do alumnado de Educación Primaria, acudirá en turnos rotativos ao pavillón para visualizar e animar nos diferentes encontros que se realicen no turno indicado.

Fotos da actividade na Galería, podedes acceder na ligazón:

 http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/galeria/thumbnails.php?album=150

 

 

 

CONTINUAMOS COAS SAÍDAS DE XABIER MACEIRAS

Continuamos coas saídas da man de Xabier Maceiras. Esta vez co alumnado de 2º e 3º de educación primaria.

O alumnado de 2º de educación primaria visitou Punta Langosteira onde coñeceu o litoral arteixán e se lles falou das antigas torres vixía de Sorrizo e Suevos, do telégrafo, das baleas...

 

O alumnado de 3º de educación primaria  soubo da existencia dunha antiga fábrica de curtidos que lle dá nome a unha rúa da zona, Rúa do Monte da Fábrica, en Oseiro. Viron as paredes do curtidoiro e coñeceron o proceso de transformación das peles dos animais en coiro.

Máis imaxes na galería, moitísimas grazas Xabier!

Grazas tamén a Policía Local de Arteixo que colaborou na realización desta saída!

 

CHARLA SOBRE HÁBITOS SAUDABLES. ACTIVIDADE DO CONCELLO DE ARTEIXO

O alumnado de 2º participou, o venres 15 de marzo, nunha charla sobre hábitos saudables e da importancia de manter ditos hábitos para ter unha boa saúde.

 

 

ALUMNADO DE 4º COÑECENDO A CONTORNA DA MAN DE XABIER DE MACEIRAS

O luns 11 e martes 12 de marzo, o alumnado de 4º de educación primaria realizou a actividade de Roteiro de Lendas. Comezaron no Berce e falaron da lenda da Virxe de Pastoriza. Despois baixaron á fonte da igrexa e coñeceron a lenda do pirata inglés, Drake. En Larín contáronlles a lenda dos Xentís ou Xigantes, coñecendo tamén a figura de Dora Vázquez, escritora e mestra. Exerceu de mestra na escola de Larín (naquel momento había unha escola para nenas e  outra escola para nenos). A actual biblioteca da Urbanización Sol y Mar leva o seu nome. Para rematar a saída fixeron unha parada na Praia de Sabón e descubriron a lenda da Constanza.

Podedes ver fotos na ligazón da galería:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/galeria/thumbnails.php?album=14

Aquí vos deixamos unha montaxe con imaxes. O alumnado veu encantado da saída!!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut