Skip to Content

ACTIVIDAES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

PRIMEIRA ROLDA DO COMPIONATO DE PARCHÍS

CANCELACIÓN SAÍDAS XOVES E VENRES

Nota informativa,

por motivos de predición metereolóxica para este xoves e venres, cancelanse as saídas de 4º. Realizaranse noutras datas.

PLAN DIRECTOR - 5º E 6º DE PRIMARIA

SAÍDAS CON XABIER MACEIRAS - PROGRAMA

IMAXES DO ENTROIDO NA GALERÍA

Xa tedes publicadas na galería as fotos do Entroido 2024.

Grazas pola vosa colaboración!

CERTAME HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO. FINALISTAS

Alumnado do noso centro resultou finalista no concurso Homenaxe a Rosalía, 4 alumnas e alumnos, (dous de quinto de primaria, unha alumna de cuarto e un alumno de sexto).
Recitarán os seus poemas o sábado día 17 na Capela do Balneario onde o xurado decidirá os premios. Todos levarán un agasallo.
 
MOITOS PARABÉNS!

SUSPENSIÓN DESFILE DE ENTROIDO POLO EXTERIOR DO CENTRO

Debido á climatoloxía e a previsión de MeteoGalicia para mañá venres día 9 de febreiro, suspéndese o desfile polo exterior do centro co gallo da celebración do Entroido.

Celebrarase co alumnado dentro do centro sen presencia familiar.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

VISITA DE MANUEL MURGUÍA

Os alumnos e alumnas de 1º de Educación primaria puideron coñecer a Manuel Murguía.

 

MANDADIÑOS DO MECO

Xa chegou o  Entroido cos Mandadiños do Meco!

A semana do 5 ao 8 de febreiro teremos que vir como manda!

Os mandados serán acumulativos, engadindo o de cada día ata o

venres.

 

O venres día 9 será o desfile de Entroido!

Moitas grazas pola vosa colaboración!

MANDADIÑOS

 

 

 

O Entroido comeza axiña,

 virás toda a semana con

 gravata ou paxariña. (Luns)

 A partir do martes,

 engade bigote, pero ben

 grande para que se note.

 O mércores está chupado,

 engade un peiteado

 descarado.

 Xa case remata a semana,

 trae todo o anterior,

 sen sacar o pixama! (Xoves)

 O venres para gozar,

 o disfrace e a desfilar!

 

 

BREVE RESEÑA SOBRE O ENTROIDO

Distribuir contido


by Dr. Radut