Skip to Content

ACTIVIDAES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

O ALUMNADO DE GALÁN PRESENTA.....

CONCURSO DE PINTURA PARA ESCOLARES “Que es para ti la Guardia Civil”

Desde o Equipo do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos  centros educativos e  na contorna da Gardia Civil en A Coruña fannos chegar as bases do concurso.

O CEIP de Galán participa neste concurso, remata o prazo o día 1 de xuño, pero hoxe luns 29 de maio, persoal formador da Garda Civil recolleu os debuxos dos participantes e as autorizacións correspondentes no propio centro.

Moitas grazas pola colaboración das familias neste concurso! 

XORNADAS: MURAL DE LINGUA DE SIGNOS E BRAILLE!

Apuntámonos ao Mural de Lingua de Signos e Braille!

Xoves 1 de xuño ás 10.00 horas

Duración aproximada: 2 h

Lugar: no interior do centro nunha das paredes

Materiais: aportados por ENKI

Mentres realizan o mural o alumnado do centro poderá coñecer que fan mediante unha corta animación. Terano en conta nas súas rutinas escolares permitindo o achegamento a estas formas de comunicación a través do xogo.

Moitísimas grazas ENKI,

pola vosa colaboración e por poder ser partícipes en obxectivos como sensibilizar á infancia na diversidade funcional, darlles a coñecer e familiarizalos co alfabeto braille  e co alfabeto dactilolóxico. E tamén por compartir coa comunidade educativa!!!

 

Carta ás familias no adxunto,

 

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E OUTRAS

 Actividade previstas:

2º de primaria, saída a Sisalde, luns 29

4º de primaria, saída a Sisalde, luns 29

Sesión informativa sobre a etapa da ESO para as familias de 6º, luns 29

1º de primaria, actividade de cociña, martes 30

6º de primaria, encontro con Antía Yáñez, autora do libro do clube de lectura,

mércores 31

Alfombra floral: CEIP de GALÁN, CONTIGO ao longo da semana

Mural de Lingua de Signos e Braille, 1 de xuño

Sorteo de dúas cestas, 2 de xuño ás 12.00 horas no centro. O sorteo será público e o número premiado publicarase nesta páxina

VISITA DUNHA SUPERHEROÍNA DA ALDEA

PROGRAMA LETRAS GALEGAS

SEGUNDO PERÍODO DE REPARTO DE FROITA E LEITE NA ESCOLA

A partir desta semana de maio, comezamos de novo co segundo reparto de froita e leite para degustar á hora do recreo polo alumnado do centro.

Os produtos son totalmente gratis.

Para isto teñen que traer unha autorización asinada polas familias.

As froitas serán según o programado:

XOVES 18. Plátano

VENRES 19. Uvas.

LUNS 22. Melón.

MARTES 23. Cereixas.

MÉRCORES 24. Albaricoques.

XOVES 25. Arandos.

VENRES 26. Melocotón

LUNS 29. Nectarinas

MARTES 30. Melón

MÉRCORES 31. Uvas.

O leite: 100% galega enteira e leite tamén sen lactosa en briks de 200 ml.

OBRADOIROS TECNOLÓXICOS

O ALUMNADO DE 6º VISITA O IES DE PASTORIZA

O pasado 4 de maio, o noso alumnado de 6º de Primaria visitou o IES de Pastoriza.

Moitas grazas pola acollida!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut