Skip to Content

NAVEGA CON RUMBO

O "Plan Navega con Rumbo" é unha das iniciativas que se están a promover desde a Xunta de Galicia dentro do Proxecto Abalar.

O obxectivo é que as rapazas máis novas e os rapaces máis novos tomen conciencia dos beneficios e riscos que supón a navegación polo ciberespazo en toda a súa extensión, tanto a través das páxinas web como tamén das redes sociais, das que cada vez son usuarios máis asiduos.

O alumnado de 5º de primaria recibiu hoxe unha charla sobre este tema; charla impartida por membros do Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).

                                                                                                   NAVEGA CON RUMBO

 



story | by Dr. Radut