Skip to Content

Taboleiro

CONCURSO DE POESÍA ADICADO A ROSALÍA. CONCELLARÍA DE CULTURA DO CONCELLO DE ARTEIXO

SEMANA DE ROSALÍA 2023. BASES DO CERTAME DE POESÍA.

Para o alumnado de 4º, 5º, e 6º.

No adxunto están as bases, desde o centro enviarase a autorización.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTAS FESTAS

https://bibliogalan.blogspot.com/ en BIBLIOGALÁN

 

Na ligazón da Biblio tedes recomendacións de lecturas para estas festas.

CONVITE DA ASOCIACIÓN O GRILO

A Asociación O Grilo convida ao centro á PASTORIZA NA LEMBRANZA, o sábado 26 de novembro.

Resolución provisional de clubs de lectura 2022-2023

Comunicación aos centros e comunidades educativas sobre a Campaña de vacinación antigripal de nenos/as entre 6 e 59 meses e recomendacións de saúde pública ante a gripe.

Ligazón a toda a información no portal educativo. Unhas normas básicas:

MEDIDAS HIXIÉNICAS XERAIS
Asegurar un correcto lavado de mans con auga e xabón (mínimo de 40 segundos,
frotando ben as mans) ou desinfección de mans con xel hidroalcohólico (20 segundos).
Manter unha adecuada hixiene respiratoria:esbirrar ou tusir en panos limpos
desbotables ou na cara interior do cóbado e realizar un lavado das mans se houbo contacto con secrecións respiratorias. En xeral evitar tocar o nariz, a boca eos ollos.
Ventilar frecuentemente os espazos mediante ventilación cruzada, se é posible.
Realizar unha limpeza e desinfección de superficies frecuente, facendo fincapé naquelas de maior contacto ou contaminadas con secrecións (como pomos, mesas, interruptores, pasamáns, etc.).

MEDIDAS ESPECÍFICAS ANTE UN CASO SOSPEITOSO NO CENTRO
Recoméndase o uso de máscara no caso de presentar síntomas de infección respiratoria, o que se estende tamén ao persoal que atende a estas persoas.
Procurar reducir as interaccións no centro na medida do posible, limitando o grupo exposto,sobre todo con persoas que presenten factores de risco.

 

DOAZÓN DE ROUPA Á AGA-UCRAÍNA

A roupa que queda polo colexio esquecida doouse estes días á ONG: Aga- Ucraína. Tedes información da ONG na seguinte  Ligazón

INSCRICIÓN DO ALUMNADO NA BIBLIOTECA

Aviso:

Todo o alumnado que solicitou a actividade de biblioteca está admitido. Está publicada a lista no taboleiro interior do centro.

APERTURA DA BIBLIOTECA

O vindeiro día 24 de outubro, coincidindo co Día das Bibliotecas, abrimos a biblioteca do noso centro nos recreos e en horario de tarde.

Ligazón ao blogue BiblioGalán, para máis información e inscricións.

REUNIÓNS XERAIS DE FAMILIAS

Estimadas familias,

informarvos das datas de reunións xerais de principio de curso dos cursos:

5º e 6º de Educación Infantil: luns día 12 de setembro ás 16.00 horas.

2º e 3º de Educación Primaria: luns día 12 de setembro ás 17.00 horas.

4º e 5º de Educación Primaria: luns día 19 de setembro ás 16.00 horas.

6º de Educación Primaria: luns día 19 de setembro ás 17.00 horas.

As reunións serán nas aulas correspondentes.

Aulas de infantil, na planta baixa, a mesma aula do curso pasado.

Aulas de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º, as mesmas, agás 3º C, aula de 4º A curso 21-22.

Recibiredes a convocatoria por AbalarMóbil.

Un cordial saúdo

O equipo directivo

SEGUNDO PERÍODO DE REPARTO DE LEITE ESCOLAR

Estimadas familias,

esta semana comezamos de novo co reparto de leite na escola, corresponde ao segundo

período e ten unha duración de 20 días lectivos.

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut