Skip to Content

Taboleiro

ESCOLARIZACIÓN 2024-2025

RESERVA DE PRAZA CURSO 2024/2025

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro

Solicitude de reserva,  só o alumnado de 6º de Educación Primaria, para o IES de Pastoriza

O resto do alumnado do centro a promoción é automática

Para presentar unha solicitude deberedes seguir algunha das opcións descritas a continuación:

 

1.  Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberedes seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberedes cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberedes premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderedes descargala para asinar e presentar no centro.

2.Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberedes acceder a admisionalumnado con usuario de Chave365 ou con certificado dixital, para iso deberedes premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberedes seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberedes cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberedes premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderedes asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debedes achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar a solicitude.

IMPORTANTEDebedes achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que podedes visualizar e descargar nesta aplicación).

3.Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:

Se non desexades cubrir a solicitude dixitalmente podedes facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

·        RESERVA:

o   SOLICITUDE: Galego

o   SOLICITUD: Castellano

Publicaranse a listaxe das reservas no taboleiro interior do CEIP de Galán.

Cada familia co seu código de solicitude e coa documentación de identidade dun dos responsables do menor poderedes consultar o estado da solicitude en todo momento por medio da aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado.

Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para os centros. No documento adxunto

 

PUBLICACIÓN REGULACIÓN DO USO DOS MÓBILES

VACACIÓNS DE NADAL

Do 22 de decembro de 2023 ao 7 de xaneiro de 2024.

Voltamos o día 8 de xaneiro

CADA ADORNO XA ESTÁ NO SEU LUGAR!

O Centro Comercial Aberto de Arteixo enviounos a información dos establecementos onde podedes recoller os adornos.

No adxunto tedes o listado

 

Calquera dúbida, contactade por email ou teléfono!

608 54 90 11
cca@ccaarteixo.com

 

GRAZAS POR PARTICIPAR!

FELICITACIÓN DE NADAL DO CEIP DE GALÁN

AVISO DE ARTEIXO CENTRO COMERCIAL ABERTO. ADORNOS SOLIDARIOS

Transmitimos a mensaxe íntegra recibida no centro:

" Queremos lembrarvos que, como vos indicamos no momento de entregarvos os materiais, a data final de recollida dos adornos será o 18 de decembro, luns. Varios centros, en especial os de primaria, nos solicitaran este cambio, polo que vos demos unha semana máis de prazo.

A data de exposición nos comercios, polo tanto, tamén cambia. Esperamos poder telos postos o día 20 de decembro nos comercios, para que poidades facer a recollida nesa semana.

Tamén nos preguntáchedes se hai que pintar os adornos por un lado ou polos dous, e se levan nome. E, a verdade, para nós é totalmente indiferente. O único importante é que estean feitas do xeito que os rapaces e rapazas queiran: con volume, planas, por unha cara ou dúas, co nome ou sen él, con cinta para pendurar... a única regra é dar renda solta súa imaxinación e seguir a vosa guía."
 

PUBLICACIÓN NO DIARIO DE ARTEIXO

DÍA NON LECTIVO

O venres 13 de outubro é día non lectivo.

NOVAS CONCELLERÍA DE DEPORTES DE ARTEIXO ( Natación )

Con motivo da apertura da nova Piscina Municipal de Meicende o pasado mes de xaneiro e debido á proximidade do centro escolar, o Concello de Arteixo a partires deste curso 23/24, ofertará o Programa de Natación Escolar na nova instalación, respectando os mesmos horarios e prazas que os cursos pasados.

En vindeiros días  teredes información sobre a inscrición e organización do programa.

Distribuir contido


by Dr. Radut