Skip to Content

Taboleiro

PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO 2022/2023

O luns 25 publicase no taboleiro interior do centro a listaxe provisional de alumnado

admitido para o curso 2022/2023.

Pode consultarse no propio centro sen cita. Tamén se pode facer a través da Chave 365 ou

certificado dixital na aplicación admisionalumnado.

Todas as solicitudes están admitidas, agás en 6º de educación infantil, solicitudes

admitidas, 1; non admitidas, 1.

Novas: prazo de reclamacións ata o día 2 de maio, incluído

Publicación das listaxes definitivas: luns 9 de maio

DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS

Estimadas familias,

Está publicado no portal educativo unha nova: Directrices sobre o uso das máscaras, a

que podedes acceder picando aquí

O equipo directivo

ESTUDO DE VALORACIÓN DA LINGUAXE ORAL EN COLABORACIÓN COA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

O centro colabora nun estudo da valoración da linguaxe oral en nenos e nenas oíntes.

É un estudo comparativo de alumnado con dificultades auditivas frente a nenos e nenas sen dificultades.

O estudo comezou a semana do 21 de marzo e continuará ao longo de dúas semanas aproximadamente.

É un  estudo de investigación da Universidade da Coruña, da Facultade das Ciencias da

Educación, aprobado polo Comité de Ética da Investigación do CHUAC. Para este estudo,

completamente voluntario, solicitouse a autorización das familias.

 

 

CONTACONTOS 2C

Os alumnos de 2º C recibiron a visia dos pais dos nenos para seguir contando contos e historias.

A nai de Ariadna Pereira, Sonia Lema; a nai de Dani Candame, Isa Facal, a nai de Martina Bermúdez, Silvia Naveira e a nai e o avó de Manuel Merelas, Paloma Rabuñal e Fernando. Todos eles disfrutaron e fixeron disfrutar aos rapaces e rapazas cos contos que trouxeron. Sonia leu O gato con botas; Isa, O monstruo de cores; Silvia leu "Cuentos para quererte mejor"; Paloma, Contos breves e Fernando falou do seu traballo con barcos.

 

FAMILIA-ESCOLA

Marcos, o pai de Martina Bermúdez da clase de Cris (2º C) quixo falar, na súa visita á clase, da Garda Civil e a súas funcións ó servizo dos cidadáns, prestando protección especial a mulleres, nenos e nenas, anciáns, etc, axundando sempre que o precisemos. Ademáis, como instructor que é, deu unha clase moi interesante de defensa persoal. Tamén trouxo os diferentes tipos de grillóns que pon a policía e a garda civil ás persoas detidas por cometer delitos, e tódolos rapaces e rapazas puideron probalos xa que lles facía ilusión poñer os grillóns nos pulsos.

 

FAMILIA-ESCOLA

A clase de 2º C tamén recibiu a visita de Pablo, o pai de Rebeca, que falou do seu traballo como óptico e deu unha clase maxistral sobre anatomía do ollo, o proceso de visión e ademáis trouxo lentes de contacto para que os nenos e nenas as puideran tocar. Tamén explicou cómo funciona a visión 3D e para iso fixo pequenas comprobacións cun libriño e lentes especiáis.

CONTACONTOS

A semana pasada a clase de Cris (2º C), recibiu a visita de varios pais que quixeron contar contos e falar das súas actividades profesionáis.

Os pais de Martiño leron un conto sobre os deuses de Mitoloxía grega e falaron dos concertos de rock ós que asistiron con Martiño.

CONTACONTOS 2C

Está semana, a clase de Cris (2C) contou coa asistencia de varios pais e nais que contaron contos e faltaron dos seus traballos.

 Verónica, a nai de Brais, compartiu con nos, algún dos moitos contos que teñen na casa. Leu: La casa de la mosca Fosca, la cebra Camila y Las llaves de los sueños.

 

       

 

 

 

CONTACONTOS 2º A

Estes días viñeron dúas nais á clase de Mari en 2ºA para contar contos.

Pilar, a nai de Valeria leu varios libros da cole da colección de Toribio de Carlos Casares    Como inventan máquinas curiosas e deron o tema das máquinas, fixeron unha catapulta chulísima.

 

     

 
 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut