Animación á lectura

Iniciamos a "Hora de Ler"

A partir de hoxe, 1 de outubro, e durante todos os venres do curso poñemos en marcha esta iniciativa do Equipo de Biblioteca na que  o alumnado de primaria adicará vinte minutos (entre as 12 e as 12,20) á lectura silenciosa dos libros e revistas que eles elixan. Esta iniciativa ven a sumarse a outras moitas que dende a Biblioteca do Colexio e outros departamentos realizamos para fomentar o gusto e o hábito pola lectura entre os nenos, A organización da actividade obríganos a adiantar o recreo dos venres 15 minutos e a axustar todas as sesións a 50 minutos de duración.

Semana do Día do íbro

Dende o equipo de Biblioteca do Colexio "Os soños na Gaiola" organizamos para a semana do 19 ao 23 de abril diversas actividades para conmemorar o Día do Libro  VER  FOTOS

. Para empezar trasladamos a biblioteca ao patio durante esta semana para achegar todavía máis o pracer da lectura ao alumnado.

Tamén os alumnos de 5º e 6º fixeron  contacontos aos máis pequenos, e unha pequena obra de teatro. Por último o venres 23, Día do Libro, montamos o "troco mercadillo" de libros entre todo o alumnado, que repetimos logo do éxito do pasado curso. Grazas pola vosa participación.

TIC - TAC

    O coruñés Pablo Díaz Carro dedícase desde ben cedo á recuperación e posta en valor da música tradicional. Compoñente de Ruote desde 1996, forma parte tamén da A.C. Donaire e de diversos proxectos encamiñados ao mantemento e dignificación da nosa música.
    As 16 cancións do disco abordan temas próximos aos máis novos, como a natureza, o mar, os animais ou o fogar, proporcionándolles vocabulario e fórmulas de expresión a través da música. Un libro-disco para ver, escoitar e cantar, tanto en familia como na escola,

O venres 26 de marzo, o alumndo de Infantil, recibiu a visita de Pablo Díaz que nós presentou o seu CD Tic- Tac. Gustounos moito e pasámolo moi ben.

   
   
   
   

VISITA DE ANXO FARIÑA

 O día 25 de marzo,o alumndo do 2º Ciclo recibiu a visita de Anxo Fariña, autor do libro " A monstroescola".  
   

VISITA DE JACOBO FERNÁNDEZ

 

 O luns día 8, o alumnado de 6º de Primaria, terá un encontro co escritor Jacobo Fernández, autor de "Mil cousas poden pasar",  gañadora do premio Merlín deste ano.

Se queres coñecer mellor o autor e a súa obra, pincha aquí.

CONCURSO DÍA DA PAZ

 GAÑADORES:

Educación Infantil: Joel Pérez

1º Ciclo: Daniel Naveira

2º Ciclo: Javier Vilariño

3º Ciclo: Sara López

 

COMEZARON OS "CONTAVENRES"

O pasado venres 4 de outubro comezamos os "Contavenres" deste curso. O último día da semana escolar, á hora do recreo, na Biblioteca contarase, representarase, proxectarase, etc algunha historia para que o alumnado que o desexe vaia a disfrutar dela.

Comezaron un grupo de alumnas de 5º de EP co libro "O segredo do rei Curro". A asistencia foi moi numerosa e pasámolo moi ben.

Velaquí unha pequena mostra dese momento.

SOMOS POETAS

Powered by Drupal - Design by artinet