Animación á lectura

CONTAVENRES "MONCHO E A MANCHA"

Hoxe, Antía García, Lucía Sestayo, Lucía Parga e Ana Mª Polanco, de 4º B, fixéronnos pasar un tempo moi divertido coa historia de "Moncho e a mancha", un libro de Kiko Dasilva", que nos demostra que todos e todas podemos ser verdadeiros artistas.

E por se iso fora pouco, ao rematar, cantamos o rap da historia.

Moitísimas grazas, mozas!

CONTAVENRES "DANI Y LOS DINOSAURIOS JUEGAN AL ESCONDITE"

Hoxe Antía García e Lucía Sestayo, de 4º A, axudados por Alexandra Sestayo, de 1º B, encheron a Biblioteca con dinosauros.

Contáronnos a historia de "Dani y los dinosaurios juegan al escondite", de Ian Whybrown e deixáronnos unhas fermosas láminas nas que fomos descubrindo onde estaban agochados eses animais.

Traballaron moito e fixérono moi ben, así que...

MOITÍSIMAS GRAZAS!

CONTAVENRES "UN CHOCOLATE MOI ESPECIAL"

O grupo de nenos e nenas de 2º A de Valores, axudados pola súa titora, prepararon o conto "Un chocolate moi especial", de Eva María Riber Herráez, un libro que fala das diferencias, neste caso, pola cor da pel.

Fixérono moi ben e todos os asistentes estiveron moi, moi atentos/as. 

Grazas, rapaces, rapazas e titora!

CONTAVENRES "AUGUSTA E OS SEUS MEDOS"

Este venres, Daniela e Ainhoa, de 3º, proxectáronnos e léronnos o libro de "Augusta e os seus medos", de Sabela Fernández Trelles.

Con el ensináronnos como superar algúns dos medos que temos en moitas ocasións.

Fixérono moi, moi ben. Así que,

Grazas! e A seguir así!

CONTAVENRES "O SORRISO DE DANIELA"

No segundo trimestre seguimos cos nosos contavenres. Hoxe, Carmela, Marta, Paula, Sabela, Mencía, Ainara, Andrea e Xiana, de 3º A, contáronnos de marabilla "O sorriso de Daniela", un texto de Carmen Gil.

O certo é que traballaron moito na súa preparación, e o resultado foi excelente.

Moitas grazas e noraboa, rapazas! 

CONTAVENRES "COMO ANTES"

Hoxe Lucía, Martina, Silvia, Adriana , Karla e Ainhoa, de 2º A, léronnos o conto "Como antes", de Ana Tortosa.

Nel, un neno vai lembrando, a través de fotografías como vivían algúns familiares noutro tempo, "antes".

Grazas por compartir connosco este momento!

 

CONTAVENRES "EN ALGÚN LUGAR DE CHINA"

Hoxe, Alba, Alejandra e Anxela, compartiron connosco o libro "En algún lugar de China", de Ana Folgueira. Elas prepararon monicreques e todo e fixéronnos pasar un tempo moi ameno.

Grazas, mozas!

CONTAVENRES "COLLER AS RENDAS"

Hoxe Lucía, Paula e Martina, de 2º de Primaria, recitáronnos uns poemas moi fermosos sobre animais como o galo, a cascuda, o can, unha vaca cachena, etc. do libro de Yolanda  Castaño, " Coller as rendas".

Fixérono moi ben e dende aquí dámoslles as grazas polo seu traballo e interese.

Moitas grazas, rapazas!

CONTAVENRES DA IGUALDADE: "RICITOS DE OSO"

Hoxe, 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, na Biblioteca escoitamos e vemos a proxección do libro "Ricitos de Oso", de Stéphane Servant (Editorial Juventud).

Un pequeno osiño fíxonos reflexionar sobre os estereotipos e caer na conta de que non hai "cousas de nenos nin cousas de nenas".

CONTAVENRES: "OS BOLECHAS VAN Á MARIÑA LUCENSE"

Hoxe, Noa, Aíta e Ainhoa, unas rapazas de 3º de Primaria, léronnos "Os Bolechas van á Mariña Lucense", de Pepe Carreiro. Noraboa polo seu traballo e moitas grazas!

 

Powered by Drupal - Design by artinet