AS NOSAS CIDADES

Boas familias, 

Aproveitando o tema pasado de ciencias sociais onde traballamos os distintos tipos de localidades (vilas ou cidades), en educación plástica e visual elaboramos as nosas cidades. Para iso, deseñamos os nosos edificios a través dunha plantilla que colocamos sobre unha cartolina escura. Despois, trazamos liñas paralelas rectas, curvas e inclinadas en cada un dos edificios co cal conseguimos dar unha sensación de volume. Déixovos un vídeo para ver con máis detalle cada un dos debuxos. 

AS NOSAS CIDADES de Raquel Martínez

Powered by Drupal - Design by artinet