2 ABRIL: DIA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Onte 2 de abril, celebrouse o Día mundial de concienciación sobre o autismo. Para visibilizar e comprender mellor as necesidades das persoas TEA fixemos varias actividades. 

En primeiro lugar, fixemos unha posta en común e analizamos algunhas das características do autismo. O 1% da poboación é autista, polo que algúns de nós xa coñecíamos algún caso cercano. Despois visualizamos un video "La academia de los especialistas" onde descubrimos algunhas habilidades especiais que teñen estes nenos/as e que non sempre se comprenden cando se ven dende fóra. 

Por último, como xesto da campaña, deseñamos os nosos propios infinitos. Quedaron así de chulos! 

2 DE ABRIL: DIA AUTISMO de Raquel Martínez

Powered by Drupal - Design by artinet