Escolares

Día Escolar Mundial pola Paz

Tagged:  

Hoxe realizamos o noso acto pola Paz, centrado na reivindicación da igualdade no acceso á educación para homes e mulleres.

O acto consistiu en pendurar do noso valado uns grous de papel, seguindo o exemplo de Sadako, e tamén enviamos amarrados a uns globos de helio outros grous, neste caso un por aula do centro, con mensaxes pedindo a igualdade no acceso á educación das nenas e nenos.

Deixámovos aquí un vídeo do intre en que soltamos os globos para espallar os nosos desexos de igualdade polo mundo adiante.

 

Sadako e as mil grúas de papel

Tagged:  

Festival de Nadal: O Condesa vos felicita

Tagged:  

Un ano máis foi imposíbel realizar o festival de Nadal como adoitabamos facer nos anos anteriores á pandemia.

Cando faciamos o Festival tod@s nos queixabamos da falta de espazo, da calor, de se alguén se levantaba a facer unha foto ou gravar un vídeo... Que tempos aqueles! Como os botamos de menos!

Pero aquí están @s  nen@s coa mesma ilusión, cantándonos as panxoliñas, bailando ou contándonos un conto... e grazas a eles a maxia do Nadal continúa.

Desfrutade destes vídeos nos que nos regalan o seu traballo, o seu esforzo e a súa ilusión.

Que pasedes tod@s un bo Nadal e que o ano que vén sexa o que nos permita sair desta pandemia.

Mentres tanto, desfrutade das Festas CON SENTIDIÑO!

 

Ciencia en Galego e para todas as idades

Como todos os anos, polo mes de novembro, @s nos@s mellores científic@s póñense a bata branca e preparan os seus experimentos para contarnos que é iso da ciencia, e as cousas tan fantásticas que podemos facer traballando con elementos tan cotiáns coma auga, colorantes, aceite, bicarbonato....

E por suposto, no noso idioma, porque a máis de termos verbas "fermosas", temos, coma todos os idiomas do mundo, a capacidade de entender e explicar con el todo o que sabemos da natureza.

Por isto, o alumnado do noso centro e as súas familias, un ano máis enchen esta páxina de ciencia da boa, de ciencia en galego!

 

Inf 3aA
Inf 3aB
Inf 4
Inf 5
Prim 1ºA
Prim 1ºB
Prim 2ºA
Prim 2ºB
Prim 4º
Prim 5º
Prim 6º

 

 

O Magosto da Desescalada

Tagged:  

Este ano o Magosto puido ser algo máis parecido a un magosto normal, aínda que seguimos gardando as medidas de prevención do protocolo anti-Covid.

Neste vídeo que gravou Juan, o noso cineasta da plantilla, podedes ver como o celebramos.

O Samaín no Condesa

Tagged:  

Coma todos os anos quixemos celebrar a festa do Samaín. Como as restricións non nos permiten facer nin o túnel do terror, nin outras actividades que viñamos facendo, este venres tivemos sesións de cine terrorífico, unha escape room para @╔s chic@s de terceiro ciclo, un photo call terrorífico no patio cuberto, e participamos tod@s nunha dobraxe de beizos (lipdub) que, gardando as medidas de seguridade con separacións entre grupos burbulla, nos lembraron aquelas actividades nas que participabamos todo o colexio, e que ben seguro máis cedo que tarde voltaremos facer.

Se a isto lle sumamos o programa de radio que fixemos nesta semana sobre o Samaín, estamos seguros de que o temos moi ben celebrado.

Grazas ao noso benquerido Michel pola cabeceira que nos fixo para este vídeo.

 

Como se nos vé dende o ceo?

Tagged:  

Pois si, agora podemos saber como se nos vé dende o ceo, grazas á gravación que fixemos co gallo do Día da Paz 2018... e o resultado, un tanto movido pero moi divertido,  é este:

 

Novos Ordenadores para o proxecto Abalar

Tagged:  

Chegan xa os novos equipamentos para as clases Abalar. Para que todas as familias se vaian familiarizando con estas novas ferramentas, e co modelo de xestión dos mesmos, poñémovos neste enlace o folleto que nos fixeron chegar dende a Consellería de Educación.

Unha das razóns polas que o noso centro recibe os novos equipamentos é pola boa xestión que se fixo dos primeiros netbooks, e do coidado exquisito dos mesmos por parte do alumnado e das familias. Daquela non temos dúbida de que a pesares dos cambios de xestión e da implicación que van ter as familias no mesmo, imos seguir demostrando un comportamento e coidado exemplar.

O Condesa en Telemiño

Tagged:  

Os nosos recursos, as nosas actividades, a nosa oferta!

Tagged:  

- Servizo de Orientación psicopedagóxica a tempo completo os 5 días da semana. Servizo de Orientación

 

- Programas de apoio, integración, reforzo e recuperación para todos os nen@s con dificultades de aprendizaxe (PROA). Así como Profesorado especialista de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe.

 

- II Premio Nacional de Bibliotecas Escolares. A nosa biblioteca escolar

 - Centro Plurilingüe dende o vindeiro curso 2016-17. Con tres mestres de Inglés e un profesor nativo.

 

- INFORMÁTICA: Plan TIC, EDIXGAL e ALFIN. Ademais de contar con aula de Informática e Pizarra Dixital Interactiva en todas as aulas. E 4 aulas Abalar con ordenadores portátiles para todos os alumnos. Unha das nosas aulas Abalar en plena actividade

 - Servizo de Comedor con Cociña propia onde se elaboran menús saudables e equilibrados supervisados pola Consellería de Sanidade. O noso comedor dos maiores

 - Pavillón Polideportivo climatizado con vestiarios e duchas.

 - Horario continuado de atención ao alumnado de 10 a 17h.

 - Servizo de Transporte Escolar con Coidadoras, dende calquera punto do Concello.

 - 6 aulas de Infantil con 2 mestras de Apoio.

aulñas de infantil

 

infantil2

- Período de adaptación ao comezo do curso para unha boa incorporación á escola. Entrevistas coas nais/pais e seguimento individualizado do proceso en cada nen@.

Período de adaptación a infantil

- Clases de Informática, Música e Inglés dende Ensino Infantil.

 - Escola Medioambiental: con Axenda21, Comité Ambiental, horto ecolóxico e horto aromático.

Patrulleiros verdes controlando o bon uso dos colectores 

 - Escola Aberta á nosa contorna: Programa anual de visitas escolares para coñecer o máis relevante da nosa bisbarra.

Distintas saídas á contorna do centro

- Centro de referencia en Normalización Lingüística.

 - Curso gratuíto de natación en 3° de Primaria.

Clases de natación gratuíta

- Plans de Animación/fomento da lectura: con clubs de lectura, escritura e lectura dixital. Contacontos e lectura silenciosa colectiva integrada no horario escolar.

Club de lectura electrónico

 - Programa Madrugadores: para unha mellor conciliación da vida laboral e familiar.

 - Respectuosos/Sensibles coas nosas tradicións culturais e lingüísticas: magosto, festival de nadal, día da paz, día da árbore. Entroido, día do libro, día das Letras Galegas, día da muller, día contra a violencia de xénero...

día da paz

 

 día da paz

 

día do peón

Día do Entroido

ESCOLA PÚBLICA, DE CALIDADE, INTEGRADORA E SOLIDARIA. CUN ENSINO INDIVIDUALIZADO AO SERVIZO DA COMUNIDADE.

PODEDES VISITAR AS NOSAS INSTALACIÓNS, SEN NINGÚN COMPROMISO, DE LUNS A VENRES EN HORARIO DE 10 A 17 HORAS.

AGARDÁMOVOS!!

 

 

 

 

Distribuir contido