Pon de moda o galego

Tal como é habitual, establecemos unha colaboración moi directa cos E.D.L.G. dos centros públicos da nosa localidade, nun intento por realizar actividades conxuntas que revertan na mellora do emprego da lingua galega no contexto social que compartimos.

Para este curso, deseñamos esta Campaña conxunta dos Equipos de dinamización da Lingua Galega (EDLG) dos centros de ensino públicos da localidade, e o Centro Comercial Aberto (CCA)): “PON DE MODA O GALEGO!!!”.

Se desenvolveu na segunda quincena do mes de maio de 2015 (Do 11 ao 24 de maio) coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas. Trátase dunha actividade global que abarcou as seguintes fases:

  • ROLDA DE PRENSA: Se realizou o día 6 de maio ás 18:00h, na oficina do CCA, no edificio anexo ao concello vello. Foi convidada a prensa da zona, para a súa difusión. Neste acto, os coordinadores dos diferentes E.D.L.G. dos centros educativos públicos da localidade, levamos as camisetas elaboradas para as tendas e relatamos os obxectivos desta campaña, respondendo ás preguntas feitas pola prensa ao respecto.

  • OBRADOIRO DE ESTAMPADO DE CAMISETAS: Cada centro educativo deseñou e elaborou camisetas (ou calquera outro formato téxtil, con técnicas diversas), cuxo motivo central foi unha palabra en galego, frase, versos, dándoselle prioridade a aquel léxico propio da comarca de Valdeorras. Existen dous modelos de camisetas.

  • CAMISETAS PARA OS ESCAPARATES: Son aquelas realizadas en cada centro, para cada un dos establecementos colaboradores, adaptada ao servizo prestado polo mesmo ou o produto en venta. Estas camisetas “visten” os escaparates da localidade de O Barco, polo que nos permitimos denominar a esta actividade: “Vestindo os escaparates do Barco”.

  • CAMISETAS PARA O TENDAL: Son aquelas realizadas por niveis ou etapas, nas que individualmente ou en grupo se rotulan ou deseñan palabras, frases ou versos en galego, de xeito libre ou guiado polo profesorado. Unha vez elaboradas serán colgadas nun tendal xigante, polo que denominamos a esta actividade : “Tendal”.

  • TENDAL NO MALECÓN: Construción dun tendal xigante no Paseo do Malecón (día 18 de Maio pola tarde) onde se estenderán as prendas deseñadas polos nenos, para que toda a localidade poda observar o traballo feito polos nenos e nenas.

  • CONCURSO DE CAMISETAS: Entregouse un CHEQUE-AGASALLO, valorado en 25 euros, para gastar en material escolar, nalgún dos establecementos asociados ao C.C.A. (Centro Comercial Aberto). A entrega, foi realizada en acto formal con rolda de prensa incluída, foi o mércores 10 de xuño ás 11:00 horas, na oficina do C.C.A.

Dispoñedes de toda a información, así como dunha completa galería de imaxes, no seguinte documento adxunto en formato SCRIBD, que acompaña estas letras.

Pon de Moda o Galego

Powered by Drupal - Design by artinet