Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Blog de dinamización da lingua galega

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

 

O luns, 30 de xaneiro celebramos o día da PAZ.

Xuntámonos todos e todas na aula de usos múltiples e alí os nenos e nenas de 6º coa axuda da mestra de inglés contáronnos unha historia sobre unha nena xaponesa.  A historia titulábase:"Historia de Sadako Sasaki"

 

Uns lían a historia en inglés mentras outros e outras a traducían ó galego.Fixérono moi ben. Logo miramos a historia de Sadako Sasaki nunha película.

 

 

Para finalizar o acto e quedar cun bo sabor de boca, tódolos nenos e nenas do centro cantamos unha canción titulada:"Celebra la vida",cantada por Axel e Bustamante.

 Foi un momento moi emotivo, cantamos a canción todos e todas xuntos entendendo cal é o significado da PAZ ou uns dos moitos significados que pode ter.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FESTIVAL DE NADAL 2011

 

Este ano no Nadal a verdade é que nos lucimos todos e todas, viñemos súper elegantes, a ocasión merecíao pois comemos os"gusanitos" de Fin de Ano, iso non sa fai tódolos fines de ano.

Tivemos ambiente festivo toda a mañá do 21 de decembro, os nervios do festival, os nervios das Campanadas de Fin de Ano, a elegancia,as notas..., houbo de todo.

 

Comecemos.

Os nenos e nenas de 3º foron os anfitrións e presentaron o programa do festival.Fixérono de marabilla, así foi que lles cantaron o de B, R, A, V, O : BRAVO!!!!!!!! pois estiveron de película.

Os nenos e nenas de infantil do cole, botáronnos uns bailes que nos fixeron cantar e bailar a nós tamén. Mirade que estilo!!!!! daquí sae algún artista, seguro.

Son os máis guapos do cole, con perdón para os outros e outras guapos e guapas...!

Como tódolos anos, os nenos e nenas do cole de Cerdeiras tamén nos traen algo para que vexamos a súas dotas artísticas .Este ano contáronnos un conto cunha mensaxe moi fermosa.

 

Os nenos e nenas de 1º cantaron e bailaron, deixáronnos coa boa aberta.!

 

 Os de 2º bailaron e cantaron e tamén nos recitaron unha poesía entre toda a clase.Quedoulles moi bonita.

 

 Os nenos deste cole saben facer de todo:Mirade que atentos estaban.

A clase de terceiro, ademais de facer a presentación tamén, cantaron e bailaron.

Vaia meneo se deron.!

Os de 4º bailaron e cantaron unha panxoliña que acompañaron con pandeiretas, foi moi emocionante.Mirádeos!

Os da clase de 5º tiveron moito traballo: cantaron en galego e en inglés e ademais, tamén bailaron.Son uns profesionais.

  

 

 Os da clase de 6º cantaron unha canción moi simpática que prepararon con moito traballo.Dáselles ben facer calquera cousa.

As representantes do concello viñeron a entregar os premios ás postais de nadal que foron seleccionadas para facer a postal de felicitación de nadal do concello.

Xa vistes que había moito ambiente.Tódalas nenas e nenos estaban moi atentos para ver o que facían as outras clases.A verdade é que pasamos moi ben.

FELIZ ANO 2012!!!!!!!!!!

O MAGOSTO

 

 

Aquí tendes actividades LIM para traballar o outono e relacionalo co MAGOSTO.

http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/12/Arcimboldo_Oto%C3%B1o.jpg/220px-Arcimboldo_Oto%C3%B1o.jpg

 Póñemosvos esta obra  totulada OUTONO,  pintada por: Giuseppe Arcimboldo (1527-1593) .Era un pintor italiano.Se vos fixades ben veredes que a obra está composta por froitos do outono.

Pasádeo ben.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


SAMAÍN

OLA NENOS E NENAS DO COLEXIO PEDRO ANTONIO CERVIÑO.

Entereime sen querer que este ano ides celebrar o SAMAÍN

Como a min me gusta a festa, tamén quero participar...

pero non sei qué teño que facer......

Mentras o penso vouvos contar un pouco a historia do SAMAÍN:

Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.

Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros 

Preguntarédesvos e quen son eu?

Pois teredes que agardar ó dia do Samaín que ó mellor aparezo ou ó mellor non!!!!!! Coma os pementos de Padrón que: "Uns pican e outros non".

Ola nenos e nenas.Polo que me enterei pasástelo moi ben no Samaín e de min nin vos lembrastes.Non vos preocupedes,a verdade é que non puiden ir, tiña outra cita noutro sitio pero o ano que ven vou seguro.

Como non fun á vosa festa, mandáronme unhas fotos as cales vos vou a comentar, porque eso seino facer moi ben.

O cole estaba TERRORÍFICOOOOO!!!!!!!!!!

 

Menos mal que non fun!!!!!

Houbo sustos para tódolos gustos...

 

aquí tendes unha mostra...

e aquí outra, a verdade é que metían medo

 Na exposición de calacús houbo de todo.Aquí tendes unha escolma.Vese que as fixestes con moito asco, con moita gana de meter medo,todas estaban HORROROSAS


Como vedes houbo de todo.A verdade é difícil escoller cal é a máis fea de todas, todas o son...!

Tódolos cursos participastes e a verdade,desde onde eu estaba,víasevos moi ben,pois puxéronme diante de todo.

O comezo foi espectacular con esta bruxiña que nos meteu medo xa de entrada...

E logo tódalas bruxas, bruxos, esqueletes, e todo o que apareceu por alí que fixo o que puido.

  Infantil que ían moi acorde coa celebración.

2º ciclo que ían de esqueletes....!!!!!

MIMÁ!!! aquí está opúblico de pé , que estaría pasando....a verdade, nin me lembro.

1º ciclo que cantaron unha canción .....de medo, claro!

 

 2º ciclo cantaron e tocaron unha canción con bruxa e demo...

3º ciclo ía a cocer a uns cantos nenos e nenas pero non lles deu tempo, queda para o ano que vén...

Houbo agasallos para as cabazas que máis vos gustaron.Aquí está os gañadores e gañadoras.

Tamén houbo diplomas para a cabaza máis:

-elaborada

-"mellor pelaso"

-pavera

-orixinal

-traballadora

-"fashion"

- elaborada

- completa

E aquí rematou o Samaín por este ano.Agardo que o ano que ven o pasemos tan ben.

EU ESTABA ALÍ, ESTIVEN TODO O TEMPO.....E NIN VOS ENTERASTES. o ANO QUE VÉN POÑEREIME NOUTRO SITIO E A VER SE SABEDES ONDE....

 

Védesme, detrás das nenas que leron os contos de MEEDOOOOOO....!

HASTA O PRÓXIMO SAMAÍNNNN!!!!


 


Dispoñibles tódolos números da revista escolar "O Cervo", para visualización online do seu contido íntegro

Despois de varios meses de traballo, xa podes ler tódolos números publicados da revista escolar "O Cervo", en formato dixital cunha curiosa animación feita en flash.

Podes acceder á hemeroteca do "Cervo", no menú lateral dereito, ou ben premendo na seguinte ligazón.

 http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=category/8/76

 

(2010-2011) Editamos o número 15 da revista escolar "O Cervo". Queres leela?

Un curso máis, o equipo para a dinamización da lingua galega editou, coa colaboración de tódolos alumnos e alumnas do centro, que aportaron os seus traballos; o número 15 da revista escolar "O Cervo".

Cada familia levou para a súas casas unha revista con DVD, que incluía diferentes celebracións levadas a cabo ó longo do curso .

Agora tamén podes ver o seu contido íntegro, así como o de números anteriores na versión "online" da nosa revista escolar.

Accede á versión online da revista escolar "O Cervo" premendo no seguinte botón.

 

 

 

Celebración da festa dos maios no colexio.

 

Este ano con motivo da celebración das Letras Galegas, fixéronse moitos traballos,uns referidos ó autor ó cal ían adicadas as Letras Galegas este ano:Lois Pereiro

uns traballos foros expostos e outros foron realizados na aula empregando diferentes materiais.

Desde fai uns anos, vense celebrando no colexio a festa dos MAIOS.O traballo facíano os nenos e nenas dos cursos máis altos;eles e elas preparaban o maio e tamén as coplas.Este ano como novidade, participou todo o cole:desde os máis pequenos ó máis grandes.

Primeiro reparteuse o traballo por ciclos, cada un trouxo o material que lle correspondía.

e logo por aulas, foise montando.

 

 

os pequenos fixeron cadeas de pampullos,

Os de terceiro fixeron as cadeas de laranxas:

e como vedes cada un foi facendo para engalanar o mellor posible o maio deste ano.

Todos e todas traballaron ben e con alegría

poñendo moita concentración

 

e finalmente aquí tendes o resultado da participación de todos e de todas

bueno,aquí os pequenos están a darlle os últimos retoques e agora siiiiii! agora ,aquí está o traballo rematado

bonito,non?. Aquí, en Campo Lameiro somos uns artistas.

Para o festival que fixemos as coplas do maio tamén por todo o colexio.Quedaron moi divertidas e as cantantes e os cantantes fixérono moi ben.

Ademais dos maios, no festival tivemos música:cantamos todos e todas a canción:Debaixo da figueira

e logo tivemos teatro representado polos nenos e nenas de 5º

e tocamos o Himno Galego.

 

Cantando os maios

 Estructura métrica das coplas dos maios:

As coplas dos maios teñen a seguinte estructura métrica:

8A - 8B - 8A  - 8B

Ou ben

8  -  8A - 8  - 8 A

En calquera caso o importante en que se trate de estrofas de catro versos octosílabos e que se axusten á melodía.

 

 

 Exemplo de interpretación das coplas dos maios.

 

Para saber máis:

http://gl.wikipedia.org/wiki/Festa_dos_maios

 

 

Celebramos o entroido en Campo Lameiro

 

Como pasa o tempo...! xa fai case dúas semanas que celebramos o Entroido no colexio.

Este ano tivemos unha novedade que xa todos sabedes cal foi:Tivemos o "Noso Meco" que en realidade é o noso esqueleto que se apunta a tódalas festas que temos,a verdade non lle queda máis remedio:

aquí o vedes no Samaín.

e aquí o vedes no entroido.No cartel que tiña colgado,  puxéronse as ordes que ían correspondendo a cada día fóronas propoñendo cada ciclo.

Bueno,agora imos ver cómo foron os nenos e nenas de cada aula.Este ano iamos de:pirámide alimentaria

Imos ver unha pequena reportaxe de cómo ían as distintas aulas do centro.Tamén estiveron con nós este día de festa os nenos e nenas da escola de Cerdeiras e os da Galiña Azul.

E.E.I de Cerdeiras e os De E.E.I. de Pedro Antonio Cerviño.De que ían.....?

Os nenos e nenas de 1º ciclo, que ía moi acorde coa excursión que tiveron onte a Apípolis.

Os de 3º ían de froitas: mazás.

Os de 4º de Piratas con peixe.

 

aquí os de 5º cun estilo animalístico bestialllll.

 

e os de 6º de campestres,froitas,vexetais...

aquí estamos desfilando polo patio do colexio.

tamén desfilamos polo pavillón, ademais de botar unhas "piecitas" bailando ó ritmo da música.

 

e como xa vos dixemos,os nenos e nenas da galiña azul tamén estiveron con nós,xunto coas súas mamás.


e aquí tendes o momento máis importante, a hora de repoñer forzas que foi moita festa.

bueno, está claro que a festa estivo moi animada.E nada máis hasta o ano que vén. 

 

 

 

 

 

 

O MECO MANDA

 

Esta semana estamos de celebración en Campo Lameiro.Tódolos días temos que traer o que Meco nos mande.Esta é a lista das ordes:

LUNS: traer mandil.

MARTES: traer un sombreiro .

 

MÉRCORES: Un zapato de cada cor 

XOVES: traer pixama;tamén se poden traer complementos.

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.