Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

Blog de dinamización da lingua galega

Menú



   


Entradas no blog de Dinamización da lingua galega.
31/03/19: (2018-2019) Xa dispoñible o material do Seminario Galán sobre Antonio Fraguas (Letras galegas 2019)
27/03/19: (2018-2019) Participamos nas actividades do Salón do libro 2019
16/03/19: (2018-2019) ECO-REVOLUCIÓN: Creamos o noso traballo para o Salón do Libro 2019. Con vídeos e realidade aumentada
07/03/19: (2018-2019) Desfile e festa do Entroido 2019: “Animais en perigo de extinción"
27/02/19: (2018-2019) O porcoespín Serafín manda que traiamos posto....
23/12/18: (2018-2019) Celebramos o Nadal actuando no Festival e coa visita do Apalpador xunto da Apalpadora
01/12/18: (2018-201) Dispoñible a bibliografía sobre a “Revolución”: o tema do Salón do Libro 2019
03/11/18: (2018-2019) Celebramos o Samaín cuns obradoiros e un concurso-exposición de cabazas
03/11/18: (2018-201) FOTOMATÓN DO SAMAÍN: Podes atopar a túa foto terrorífica?
01/11/18: (2018-2019) Horario dos obradoiros e curtametraxes do Samaín 2018
31/10/18: (2018-2019) Celebramos o Magosto!!!
23/06/18: (2017-2018) Xa podes ver a nosa película: "3,2,1...Rodando libros", presentada esta tarde para as familias
06/06/18: (2017-2018) Descubrindo a María Victoria Moreno para celebrar as Letras galegas
18/04/18: (2017-2018) Participamos nas actividades do Salón do Libro 2018
29/03/18: (2017-2018) Información e material sobre María Victoria Moreno Márquez (Letras galegas 2018)
24/03/18: (2017-2018) "3,2,1... Rodando mulleres de conto". O noso traballo para o Salón do libro xa está listo
11/03/18: (2017-2018) A NOSA ROSALIA
11/03/18: (2017-2018) UN ENTROIDO DE CINE
07/02/18: (2017-2018) “Dora manda que o XOVES traiamos posto..."
16/01/18: (2017-2018) Celebración e Festival de Nadal no colexio.
09/12/17: (2017-2018) Descubrimos a Petra nunha sesión de contacontos “Polo Camiño do vento"
18/11/17: (2017-2018) Celebrámo-lo Magosto cunha camiñada ata "San Antoniño de Penalva"
04/11/17: (2017-2018) Celebramos o Samaín participando nuns obradoiros “de medo" e cunha exposición de cabazas
29/10/17: (2017-2018) OBRADOIROS DO SAMAÍN: horario e curtamentraxes
23/03/17: Salón do Libro de Pontevedra 2017
31/08/15: (2014-2015) Actividades realizadas polo E.D.L.G. durante o curso 2014-2015
28/04/15: (2014-2015) Información para a elaboración das coplas dos Maios
01/07/14: Xa dispoñible "on-line" o número 18 da revista escolar "O Cervo"
02/06/14: Celebración das Letras Galegas 2014
29/04/14: Día das Letras Galegas 2014
07/03/14: (2013-2014) ENTROIDO NO COLEXIO
05/03/14: (2013-2014) DÍA DE SAN VALENTÍN
08/02/14: (2013-2014) Vídeo das apertas
08/02/14: (2013-2014) Celebración do Día da Paz no colexio.
25/01/14: (2013-2014) Día da Paz
23/01/14: (2013-2014) Despedimos o 2013 cun gran Festival de Nadal
04/11/13: MAGOSTOSAMAÍN
21/05/13: LETRAS GALEGAS 2013
14/05/13: ROBERTO VIDAL BOLAÑO. Material da Xunta
18/04/13: Xa podes descargar a plantilla para revista escolar "O Cervo"
07/05/13: Roberto Vidal Bolaño
18/02/13: SAN VALENTÍN
15/02/13: CELEBRACIÓN DO ENTROIDO
07/02/13: O MECO MANDA...
01/02/13: ACTIVIDADES PARA TRABALLAR O ENTROIDO
15/02/13: CANCIÓN -KARAOKE:"EU NON PEGO"
22/01/13: CELEBRACIÓN DO NADAL
15/11/12: SAMAÍN 2012
23/06/12: Dispoñible para ver online na súa integridade o número 16 da revista O Cervo
22/05/12: CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
04/05/12: Así se cantan os maios
10/04/12: Material para traballar a Valentín Paz Andrade nas aulas
13/03/12: VISITA Ó SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA
28/02/12: O ENTROIDO NO COLEXIO
14/02/12: SAN VALENTÍN
28/03/12: Valentín Paz Andrade
06/02/12: CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ
17/01/12: FESTIVAL DE NADAL 2011
14/11/11: O MAGOSTO
10/11/11: SAMAÍN
09/10/11: Dispoñibles tódolos números da revista escolar "O Cervo", para visualización online do seu contido íntegro
03/07/11: (2010-2011) Editamos o número 15 da revista escolar "O Cervo". Queres leela?
23/05/11: Celebración da festa dos maios no colexio.
04/05/12: Cantando os maios
16/03/11: Celebramos o entroido en Campo Lameiro
02/03/11: O MECO MANDA
18/02/11: Visita ó 12º Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra
04/02/11: O día 28 de xaneiro celebramos o día da paz no colexio.
25/04/11: Lois Pereiro Autor homenaxeado nas Letras Galegas 2011
22/01/11: FESTIVAL DE NADAL 2010
17/01/11: (2010-2011) O magosto 2010
22/10/10: Actividades LIM para traballar o magosto e o samaín
18/05/10: Festa das Letras Galegas 2010
04/05/10: Vídeo dun poema de Uxío Novoneyra
17/04/10: Uxio Novoneyra
15/04/10: O día das letras galegas 2010 está adicado a Uxío Novoneyra
29/10/09: Vídeos para a festa do Samaín
16/10/09: Celebra o teu aniversario... en galego
20/05/09: Conmemoración do Día das Letras Galegas 2009
06/05/09: Enlaces información e unidades didácticas sobre Ramón Piñeiro
03/06/09: plantilla da revista "O cervo"
22/04/09: Vídeo sobre Ramón Piñeiro: Letras galegas 2009
14/04/09: LETRAS GALEGAS 2009 "RAMÓN PIÑEIRO"
31/03/09: (2008/2009) O entroido en Campo Lameiro
24/07/18: Menú

(2018-2019) Xa dispoñible o material do Seminario Galán sobre Antonio Fraguas (Letras galegas 2019)

Podes acceder o material do Seminario Galán,  sobre o homenaxeado nas Letras galegas 2019, Antonio Fraguas, na seguinte ligazón:

http://www.seminariogalan.org

(2018-2019) Participamos nas actividades do Salón do libro 2019

Despois de ter elaborado o noso traballo sobre a "Eco-revolución", para participar no Salón do Libro, chegou o momento de participar nas actividades organizadas no mesmo.

Podes ver o traballo na entrada que publicamos fai unhas semanas:

16/03/19: (2018-2019) ECO-REVOLUCIÓN: Creamos o noso traballo para o Salón do Libro 2019. Con vídeos e realidade aumentada

 

Tódolos nenos e nenas do centro estiveron presentes nas actividades propostas para cada grupo, e visitaron a exposición onde se atopaba o noso traballo xunto co dos restantes colexios participantes.

Recibiunos o lobo ORBIL a todos e todas despois dun ano sen vernos.

 

Os de infantil asistiron a unha sesión de contacontos con Queliña e visitaron a exposición acompañados pola guía "Cris".

 

 

Os de primeiro e segundo asistiron a unha sesión de contacontos seguida dunha visita pola exposición, onde puideron ver o noso traballo alí exposto.

 

Os de terceiro e cuarto participaron un obradoiro de creación literaria.

 

Pola súa banda os compañeiros e compañeiras de quinto e sexto, descubriron a evolución da tecnoloxía asociada á escritura ó longo do tempo e, por suposto, tamén visitaron a exposición.

 

Cando rematamos chegou o momento de recuperar forzas coa merenda.

 

Unha visita a un parque preto do Pazo da cultura, serviu para rematar esta fantástica xornada, antes de voltar ó centro.

 

Lembra que atoparás máis información nas diferentes entradas que se publiquen nos blogues dos recantos de cada nivel.

Podes ver moitas máis fotografías na galería de imaxes á que podes acceder de seguido.


IMG_4365.jpeg

GALERÍA FOTOGRÁFICA:

(2018-2019) Participamos nas actividades do Salón do libro 2019

 

 

Máis información sobre o Salón do libro e horarios para as visitas de balde en www.salondolibro.gal  

(2018-2019) ECO-REVOLUCIÓN: Creamos o noso traballo para o Salón do Libro 2019. Con vídeos e realidade aumentada

Este curso o tema do Salón do libro é "A revolución". Como no centro estabamos xa metidos noutra serie de tarefas relacionadas co medio ambiente e o coidado da natureza, decimos que os libros que crearían en cada unha das aulas terían que ver coa acción do home contra a natureza. Plantexaríamos tamén solucións como mostra da nosa revolución, a "eco-revolución".

Ademais do libro que cada grupo faría, tamén creamos  entre todos e todas un globo terraqueo no que poder incluir os diferentes traballos e no que, ademais, poderíamos sinalar onde tiñan lugar eses fenómenos medioambientais.

 

Xunto a cada un dos libros creados polos diferentes grupos, estes elaboraron tamén un vídeo no que explicaban o fenómeno dando alternativas e solucións ós mesmos.

Para que os visitantes do Salón do libro puidesen velos, incluímolos no traballo con Realidade Aumentada (na portada de cada libro), e como con códigos QR (enlazados ós vídeos en youtube) nos diferentes lugares do globo terráqueo.

 

Asi quedou o noso traballo, unha vez rematado, cos libros e vídeos creados polos compañeiros e compañeiras dos diferentes niveis. 

 

Antes de levalo para o Pazo da Cultura en Pontevedra, o traballo pasou por tódalas aulas para velo unha vez rematado, e comprobar se funcionaban correctamente os códigos QR e a realidade aumentada ademais de, por suposto, mirar o ben que quedaron os libros creados por cada curso. 

 

Podes ver, de seguido, os vídeos que insertamos no traballo, con QR e RA:

Podedes atopar máis información sobre a creación deste traballo, nos blogues dos diferentes recantos correspondentes a cada curso, nesta mesma web.

Agora tan só nos falta asistir as actividades organizadas polo Salón do libro, e poder ir a ver o noso traballo, xunto cos dos restantes centros participantes. Desto daremos cumprida conta nunha futura entrada neste blogue.

Máis información sobre o Salón do libro e horarios para as visitas de balde en www.salondolibro.gal  

 

(2018-2019) Desfile e festa do Entroido 2019: “Animais en perigo de extinción"

Despois de seguir as instrucións do Porcoespín Serafín, que podedes ver en diferentres entradas dos blogues de cada curso, chegou o día da celebración da festa do Entroido. Amosamos así todo o traballo de elaboración dos mesmos.

Este curso o tema era "animais en perigo de extinción", o mesmo no que estamos a traballar para elaborar o noso traballo para o Salón do libro 2019.

 

Os pingüíns de Educación Infantil 1:

 

Os elefantes de Educación Infantil 2:

 

 

Os osos polares de 1º e 2º

 

Os Osos pardos de 3º e 4º

 

Os monos do Amazonas de 5º

 

Os linces ibéricos de 6º

Cando todos e todas estabamos listos, comezamos o desfile polas rúas preto do colexio, onde nos estaban a agardar as nosas familias.

 

Despois do desfile polas rúas do concello, chegou o momento de desgustar os postres do Entroido, que xuntamos coa colaboración das familias.

 

Nas aulas de Infantil tamén houbo degustación e festa.

 

 

Lembra que podes ver moitas máis fotografías desta celebración do Entroido na Galería Fotográfica. Accede a ela desde aquí.

No DVD que se entregará a cada familia a final de curso incluiremos tamén este desfile do Entroido.

 

(2018-2019) O porcoespín Serafín manda que traiamos posto....

Para o XOVES os de 5º e 6º escolleron que viñéramos co disfraz que quixéramos.

 

 

Para o MÉRCORES os de 3º e 4º escolleron vir cun zapato diferente en cada pe.

 

Para o MARTES os de 1º e 2º elexiron que todos viñéramos coa cara pintada...

 

Para o LUNS os de INFANTIL decidiron que traiamos posto ó colexio...

 

 

(2018-2019) Celebramos o Nadal actuando no Festival e coa visita do Apalpador xunto da Apalpadora

Coa chegada do mes de decembro comezamos a decorar os nosos corredores con motivos de Nadal, para celebrar a chegada desta sinalada data.

Así decoraron o corredor os nenos e nenas de infantil.

 

 

No andar superior  optaron por esta decoración.

 

O resto do corredor do andar inferior quedou así decorado.

 

 

Ata a nova mascota da Biblioteca "O porco-espín Serafín" puxo as súas mellores galas.

 

Os días 20 e 21 de decembro celebramos o noso tradicional Festival de Nadal. O primeiro día só para os compañeiros e compañeiras e o seguinte día para as familias.

 

Velaquí o programa de actuacións:

Os presentadores de 6º foron dando paso ós diferentes números:

 

Os de infantil de 5 anos representaron a obra "A min non me comas na noite de Nadal"

 

Infantil de 3-4 anos bailaron "Buscando Papa Noel a árbore de Nadal"

 

En 1º e 2º axudaron a Santa Claus e os seus renos coa obra de teatro "Rudolph"

 

Seguido dunhas cancións en inglés

 

A "Danza das horas" correou a cargo dos compañeiros e compañeiras de 3º.

 

 

Pola súa banda os de 4º interpertaron "Estreliña onde estás"

 

 

O teatro "Conto de Nadal" chegou da man dos compañeiros e compañeiras de 5º.

 

Quenes tamén nos agasallaron cun baile. 

 

 

Seguido dunha canción creada por unha das compañeiras. 

 

 

Os compañeiros e compañeiras de 6º interpretaron a peza instrumental "First Noel"

 

 

Seguido dun baile moi "navideño"

 

 

E como remate de festa, "e por sorpresa", os profes bailaron o "burrito Sabanero", na que rematamos todos no escenario.

 

Ó finalizar o curso, como cada ano, no DVD que vos entregaremos poderedes atopar todas estas actuacións.

 

Tamén recibimos a visita do Apalpador e da Apalpadora, o día 21, xusto antes de que chegasen as vacacións de Nadal.

 

Como despedida regaláronnos unhas landras para que plantemos carballos, xa que eles viven nos bosques.

 

Velaquí o agasallo que nos entregaron.

 

 

Todo o claustro de mestras e mestres deséxanvos unhas felices festas a todos e todas.

(2018-2019) Celebramos o Samaín cuns obradoiros e un concurso-exposición de cabazas

Coa chegada do Samaín o centro encheuse de pantasmas, morcegos, cabazas... ata convertirse nun lugar "terrorífico".

 

Todos e todas participamos na exposición-concurso de cabazas votando polas favoritas de cada un. Despois dun exhaustivo reconto xa tiñamos ós gañadores deste curso... o día da celebración do samaín daríanse a coñecer.

 

Podes ver o fantástica que quedou a exposición-concurso de cabazas no seguinte vídeo.

 

 

O día da celebración Samaín participamos nuns obradoiros terroríficos onde o pasamos de medo:

COCIÑA TERRORÍFICA:

 

FOTOMATÓN DE MEDO:

 

 

Podes ver tódalas fotografías que tomástedes no fotomatón nos seguintes álbumes, fai click e escolle o da túa aula:

ÁLBUM DE INFANTIL

ÁLBUM DE 1º-2º

 

ÁLBUM DE 3º-4º

 

ÁLBUM DE 5º-6º

 

 

MANUALIDADES ARREPIANTES:

 

 

MAQUILLAXE CURTAMETRAXES DE MEDO:

 


Rematados os obradoiros chegou o momento de coñecer ós elexidos por votación "como as cabazas preferidas", unha por cada nivel:

 

Para cada un deles houbo un pequeno agasallo

 

 

Tamén se repartiron os diplomas "ás cabazas máis..."

 

E para todos e todas un diploma por participar nesta fantástica festa do Samaín.

 

Podes atopar moitas máis fotografías da celebración do Samaín, de cada un dos obradorios e de todo o que sucedeu, na seguinte galería fotográfica:

(2018-2019) Celebramos o Samaín e pasámolo de medo [GALERÍA FOTOGRÁFICA]

 

 

 

(2018-201) FOTOMATÓN DO SAMAÍN: Podes atopar a túa foto terrorífica?

Entre os obradoiros cos que celebramos a festa do Samaín, estivo o do fotomatón terrorífico.

Fai click sobre a foto do teu grupo para escoller o álbum do teu curso de seguido, para ver tódalas fotografías que tomástedes.

Podes atopar a túa foto?

ÁLBUM DE INFANTIL

ÁLBUM DE 1º-2º

 

 

ÁLBUM DE 3º-4º

 

 

ÁLBUM DE 5º-6º

Descobre como nos foi nos restantes obradoiros, e durante celebración do Samaín na entrada correspondente deste mesmo blogue.

 

Distribuir contido