E.F.
(2011-2012) Rematamos a participación en Deporte escolar co colexio de Cerdedo
O pasado venres saímos a Cerdedo a participar nun novo encontro de Deporte escolar.
Mentras os de 3º e 4º xogaban, os maiores encargáronse de anotar os resultados .
Algúns de nós tamén desputamos as partidas de xadrez na biblioteca do centro de Cerdedo.
Para os nenos e nenas de sexto esta foi a súa última participación.
(2011-2012) Facendo pelotas cometa en 1º e 2º curso
Estivemos a crear un material novo para usar nas clases de Educación Física.
Desta vez, os nenos e nenas de 1º e 2º, trouxeron algúns deles bolsas de prástico de distintas cores que cortamos en tiras longas.
Cando xa tiñamos varias tiras cada un, xuntámolas e fixémoslle un nudo.
Coas bolas de tenis vellas que tiñamos, a mestra fíxolle un burato e con axuda dun coitelo de punta redonda meteunos o nudo dentro da pelota.
Así de chulas quedaron.
Agora nas próximas clases imos a facer actividades con elas. Xa contaremos.
(2011-2012) Terceiro trimestre en E.F.: acércanse as Olimpiadas (Londres 2012)
Falta pouco para que den comezo as Olimpiadas.
Este ano celébranse en Londres.
O logo oficial é o seguinte (Se pinchas sobre él atoparás toda a información referente a ela)
. E as mascotas que nos acompañarán serán estas dúas. Chámanse Wenlock e Mandeville. Se pinchades na súa imaxe poderedes ver un pequeno video sobre eles.
Ao mesmo tempo tamén se celebran as Paraolimpiadas. (Se pinchas neste logo atoparás tamén toda a información sobre elas)
No noso centro non iamos ser menos. Así que ídevos preparando para traballar e aprender con actividades referidas a todo o que rodea a unha OLIMPIADA!
Imos ser todos deportistas olímpicos!
(2011-2012) Participación de Deporte Escolar: Soutelo
Este venres 13 saimos todos os nenos e nenas do 2º e 3º ciclo en autobús a Soutelo para participar con eles nun novo encontro de Deporte Escolar.
Desta vez fixemos partidos de balonmán, baloncesto e fútbol de 20 minutos cada un. Estivemos moito máis en campo que nos encontros anteriores co que aínda tivemos máis tempo para aprender e disfrutar.
Por "problemas técnicos" (quedamos sen batería) non temos imaxes, pero podédelas imaxinar (todos saltando de alegría despois de xogar moi ben en todos os partidos e acadar moi bos resultados)
Agora só nos queda xogar co alumnado do colexio de Cerdedo que será o próximo venres 20. Con eles rematamos a nosa participación neste curso escolar.
(2011-2012) Encontro de Deporte Escolar: Forcarei (2º e 3º ciclo)
Este venres 23/03 participamos no segundo encontro de Deporte Escolar cos nenos e nenas de 2º e 3º ciclo do colexio de Forcarei.
Desputáronse partidos de balonmán, baloncesto e fútbol en cada un dos ciclos no pavillón do centro. Por falta de tempo desta vez non se fixeron as partidas de xadrez nin bádminton.
Aquí vos mostramos algunhas imaxes destes momentos:
(2011-2012) Participación en Deporte escolar: Tenorio.
Comezamos un ano máis a participar nos encontros de Deporte Escolar cos colexios que este curso están no noso grupo: Tenorio, Forcarei, Soutelo e Cerdedo.
Onte, xoves 15 de marzo, saimos todos os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º curso ata o pavillón do colexio de Tenorio.
Os primeiros en entrar ao campo foron os nenos do 3º ciclo. Desputaron partidos de balonmán, fútbol e baloncesto, tendo moi bos resultados en todos eles.
Despois dun pequeno descanso, e mentras os participantes en xadrez foron a xogar as partidas na biblioteca do centro, deron comezo os partidos dos mesmos deportes os nenos e nenas de 3º e 4º.
Excepto en baloncesto, onde nos costou bastante traballo encestar, todo foi moi ben.
Ao final xogamos os catro partidos de bádminton un neno e unha nena de cada ciclo.
Agora tocaranos recibir no noso centro ao alumnado de Forcaei. Esperamos desfrutar tanto coma hoxe!
(Recórdovos que estas fotos e moitas máis están dentro da Galería fotográfica, neste caso no apartado de Educación Física. Alí poderedes miralas con maior tamaño)
(2011-2012) Informádevos aquí sobre: Balonmán, Baloncesto, Fútbol, Bádminton e Xadrez
¿Queredes saber máis sobre os deportes que estamos a traballar para os encontros de Deporte Escolar?
Pois se entrades no seguinte enlace sobre os deportes olímpicos, no apartado que pon á dereita "outros deportes", atoparedes un pequeno listado no que daravos información sobre normativas, materiais, o campo de xogo, historia,... sobre: BÁDMINTON , BALONMÁN , FÚTBOL , BALONCESTO E XADREZ (entre outros).
Botádelle unha boa ollada!
Nas próximas sesións falaremos sobre algúns deles.
(2011-2012) E.F. : Coñecendo o Acrosport.
Traballadas xa o curso pasado na unidade de Ximnasia volteretas, pinos, puntais, cravos,..., pasamos a traballar unha unidade na que tivemos que superar un pouco máis de dificultade.
Entre outros, os obxectivos a traballar co Acrosport foron: adquirir e respetar as normas de seguridade, aprender a valorar o risco e a tomar precaucións, cooperar cos compañeiros de equipo, desenrolar a confianza e seguridade en si mesmos,...
A través de fichas con imaxes das distintas formacións e agrupacións e de información e vídeos atopados en internet, comezamos a traballar en equipos combinando as diferentes habilidades para poder acadar posturas cada vez un pouco máis complicadas.
(Se fas clic en VÍDEOS poderás ver algún exemplo máis de coreografías, campionatos,...)
Polo perigo que conleva algunha destas formacións traballamos ben previamente as distintas posicións, roles (áxil, portor, e axuda), apoios, axudas, normas de seguridade,... e ao longo da unidade non tivemos ningún problema
Algúns dos momentos de traballo deste tema foron:
Estudando e decidindo cal e como sería a posición de cada un de nós dentro da formación elexida, onde se facían os apoios, as axudas, quen faría de portor e quen sería o áxil,...
Facendo en parellas letras do abecedario
Tamén con elas algunha palabra (sexto)
E facendo figuras con diferentes agrupacións: de 2, 3, 4, 5, 6 compoñentes
En parellas
En tríos
En grupos de 4
En grupos de cinco:
En grupos de seis:
Como remate da unidade ao ritmo da música titulada Manbo nº5, tal como miramos no vídeo da web do cole, tentamos empregando estas figuras facer un baile. Algo saiu mais necesitariamos máis tempo.
Tema rematado!
Agora toca respostar as preguntas da ficha de fin de tema para valorar todo o que aprendemos nel.
(2011-2012) Xa temos os resultados do Cross
Xa nos enviaron a clasificación do Cross.
A ver se vos atopades (se faltades algún de vós avisade, porque hai erros):
Benxamín femenino (70 participantes)
-17º: Laura Mier
-20º : Lucía Senra
-31º: Nerea
-32º : Noa
-39º: Nuria.
Benxamín Masculino ( 80 participantes)
-1º Anxo
-49º Diego
Alevín Femenino : ( 103 participantes)
10º- Maica
11º- Virginia
15º- Fátima
26º- Tamara
29º- Tania
37º- Uxía
38º- Andrea
41º- María
47º- Carla
54º- Laura Zas
64º- Noelia
Alevín Masculino : ( 82 participantes)
4º- Alex
8º- Jose Graña
9º- Ismael Escariz
19º- Ismael Serrapio
20º- Xermán
23º- José Vázquez
25º- Borja
39º- Pablo Abal
42º- Daniel Camiña
58º- Daniel Campos
Infantil Femenino ( 59 participantes)
2º- Arantxa
9º- Ana
22º- Andrea
Infantil Masculino ( 64 participantes)
15º- Roberto
18º- Iván
19º- Pablo
25º- Daniel
32º- Óscar
35º- David
40º- Martín
42º- Santiago
47º- Jesús
62º- Maikel
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- seguinte ›
- última »