Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2011-2012) Participación en Deporte escolar: Tenorio.

Comezamos un ano máis a participar nos encontros de Deporte Escolar cos colexios que este curso están no noso grupo: Tenorio, Forcarei, Soutelo e Cerdedo.

Onte, xoves 15 de marzo, saimos todos os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º curso ata o pavillón do colexio de Tenorio.

Os primeiros en entrar ao campo foron os nenos do 3º ciclo. Desputaron partidos de balonmán, fútbol e baloncesto, tendo moi bos resultados en todos eles.

Despois dun pequeno descanso, e mentras os participantes en xadrez foron a xogar as partidas na biblioteca do centro, deron comezo os partidos dos mesmos deportes os nenos e nenas de 3º e 4º.

Excepto en baloncesto, onde nos costou bastante traballo encestar, todo foi moi ben.

Ao final xogamos os catro partidos de bádminton un neno e unha nena de cada ciclo.

Agora tocaranos recibir no noso centro ao alumnado de Forcaei. Esperamos desfrutar tanto coma hoxe!

(Recórdovos que estas fotos e moitas máis están dentro da Galería fotográfica, neste caso no apartado de Educación Física. Alí poderedes miralas con maior tamaño)

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.