Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

E.F.

(2018-2019) Xornada de Atletismo en pista en Pontevedra

Calquera tipo de deporte sempre é ben acollido nas nosas claes de educación física, e cando se trata do atletismo aínda mellor!

Ao longo desta semana viñeron visitarnos os compañeiros do Clube de Atletismo Rías Baixas para acercarnos un pouquiño máis a ese interesante mundo do atletismo e as súas modalidades, tocando aspectos como técnica, as regras, o funcionamento das probas e como debemos organizarnos na xornada de atletismo en pista á que asistiremos posteriormente. 

Despois dunha breve explicación teórica, chegou o momento de practicar!

Agora é o momento de que poñan en práctica todo o aprendido nunhas instalación oficiais, para que se sintan como auténticos atletas. Tocou ir ao Centro de Alto Rendemento galego, en Pontevedra, onde se reuniron colexios de toda a contorna para desfrutar dunha xornada de sol e deporte.

Turno para os de lanzamento de peso!

Os atletas de salto de lonxitude xa están preparados!

Turno de Guillermo. Este rapaz ten madeira!

É o momento de correr! Chegan os 60 e 500 metros lisos

Mentres tanto, no outro lado da pista comezaban os lanzamentos de xavelina ou vórtex. Menudos lanzamentos!

...e para rematar, todo o colexio participou nunha carreira de relevos do máis divertida. Velaí unhas instantáneas no momento xusto de entragar o testigo!

 

Yaiza está moi concentrada para a saída!

 

Boa mañá para vivir novas experiencias, compartir e desfrutar; sempre da man do deporte! 

Deporte escolar co colexio de Forcarei

O pasado mércores recibimos no noso centro aos compañeiros/as do CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei, para participar nunha intensa xornada de deporte escolar. Gran participación por parte de todo o alumnado dos dous centros que nos ofreceron partidos moi disputados ata o último minuto. Como sempre felicitalos polo xogo limpo, o compañeirismo e o respeto polas regras e os compañeiros do equipo contrario.
Con esta xornada damos por rematado o deporte escolar ata o ano que vén, no cal trataremos de introducir algunhas novidades nos deportes practicados.
 
Todo preparado para a loita de cerebros!
 
No pavillón interior disputáronse os partidos de benxamín e alevín nas modalidades de balonmán e fútbol-sala
 
Dada a magnífica mañá, aproveitamos as canastas exteriores para os enfrontamentos en baloncesto
 
Como vedes, tivemos un público de altura que nos estivo animando un bo cacho. Así da gusto!
Para o ano máis!!! 

Coñecendo e practicando o Baloncesto!

Este último trimestre ímolo dedicar a coñecer e a practicar deportes coñecidos e outros que nin saben que existen. Un deles e o Baloncesto, un deporte que nos permite traballar multitude de aspectos importantes nas nosas clases, ademais de ser unha toma de contacto para darlle continuidade fóra do horario escolar. 

Nesta ocasión démoslle un enfoque teórico-práctico, tendo que recopilar información para crear unha presentación e expoñerlla aos seus compañeiros

Na práctica, e cos máis pequenos, dedicámonos a facer xogos predeportivos relacionados co baloncesto.

 

Cos máis maiores, aprendemos a botar correctamente, a executar os diferentes tipos de pases, as regras básicas...e todo isto por medio de xogos, retos e competicións.

O partido é o momento máis esperado polo rapaces, pero tamén é o momento no que teñen que poñer en práctica todo o aprendido anteriormente.

Para finalizar esta unidade didáctica de baloncesto tivemos unha visita moi especial, Fabián e Ismael, os primos suízos dunha alumna de 5º cos que fixemos unha sesión divertida de entradas a canasta, concurso de mates e partido final.

Como vedes o deporte une e traspasa fronteiras! 

E máis E.F no segundo trimestre

Xa case rematou este segundo trimestre...Pasou ben rápido pero as clases de educación física foron moi produtivas. Antes de afrontar no último trimestre temas máis divertidos para os nenos/as coma os deportes alternativos, xogos populares e actividades de orientación no medio natural, estivemos a traballar habilidades, capacidades físicas, bailes e xogos predeportivos que nos van a preparar para sacarlle moito partido ao último tramo do curso.

A continuación podedes ver algunhas fotos do realizado nas clases:

Velaí a Joaquín intentando darlle a "volta á tortilla" 

Tamén temos tempo para relaxarnos, escoitar a nosa respiración e pensar en lugares paradisíacos...ZzzZzz 

Neste xogo de forza os nosos alumnos/as tiñan que intentar desplazar as mans do compañeiro para derribalo

Traballo conxunto de forza e equilibrio tratando de desplazar ao contrincante lateralmente. Quen gañaría?

Nesta ocasión déusenos por representar números e letras cos nosos corpos.

Xogo ben divertido no que a galiña tiña que evitar que o "raposo" lle comera os "pitiños"

Aos nenos/as gústanlle moito os retos e as competicións pero para iso deben aprender a traballar en equipo

Este trimestre tamén fixemos moitos xogos para traballar o equilibrio con obxectos e a coordinación, pero non debemos esquecer concentrarnos moito! 

Noutras sesións aprendemos a reptar coma as serpes!! 

Como vedes, eles mesmos montan os seus propios circuitos de habilidades nos que logo practican. Imaxinámonos que cruzamos ríos sobre pedras, reptamos sixilosamente, pasamos areas movedizas, trepamos por lianas...

 

Agora un pequeno descanso para volver con máis forzas! 

Xornada de deporte escolar en Tenorio

O nosos rapaces e rapazas levaban moito tempo esperando, pero por fin comezou o deporte escolar!! 

Bonita mañá de disfrute a do pasado venres 23 de Febreiro en Tenorio, na que os nosos alumnos participaron nunha xornada de deporte escolar en colaboración cos nenos/as dese colexio. Moita participación por parte de todo o alumnado, levando sempre por diante valores como o compañeirismo, o traballo en equipo, o xogo limpo..., e como non, aprender a gañar e a perder.

Próxima parada: Forcarei!

Acrosport con 5º e 6º

Durante os meses de xaneiro e febreiro estivemos coñecendo e practicando iso do "acrosport". Era un terreo moi descoñecido para os nenos e nenas de 5º e 6º pero divertíronse, retáronse e motiváronse a medida que se lles ían propoñendo figuras cada vez máis complexas. Ao final fixeron un gran traballo.

De aquí saen auténticos ximnastas!!!

 

 

 

 

 

Recordade que podedes ves todas as foto no álbum de Acrosport. 

Traballando en E.F no primeiro trimestre

Quen dixo que en educación física non se traballa moito? Que volo conten os nenos/as de primaria!. Durante estos primeiros meses de curso estivemos a traballar unha gran variedade cousas; dende dinámicas de clase, xogos para coñecer o noso propio corpo e aprender a coidalo, xogos de equilibrio, coordinación e multitude de aspectos divertidos que lles axudaron a sentirse máis sanos, fortes e activos/as.

A continuación deixamos algunhas fotos das sesións que tivemos ao longo deste trimestre.

 

Bo Nadal a tod@s!!!

 

(2017-2018) Cross escolar 2017!

Un ano máis os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º participaron no cross escolar cos compañeiros/as doutros colexios da zona de terra de montes. Darlles a miña noraboa a todos os nenos/as por participar a pesar do mal tempo, e por acabar en moi boas posicións nas diferentes categorías. Con todo; o importante non é gañar, é participar!

Deixamos algunha que outra foto da xornada, pero recordade que as podedes ver todas no álbum do cross escolar 2017 na sección de E.F.  

(2017-2018) Xornada de xogos durante o magosto

 

O pasado venres celebramos o magosto dun xeito moi saudable e en contacto coa natureza. Fixemos unha pequena ruta de sendeirismo polo monte ata o alto de San Antonio de Penalba, xunto cunha xornada de xogos populares organizada polo alumnos/as de sexto. Aproveitar para felicitalos por tan bo traballo.

Para o ano máis!

 

 

Traballando a Expresión Corporal en 1º e 2º

Fai unhas semanas estivemos traballando a expresión corporal cos nenos/as de 1º e 2º. Ao longo das clases fomos dramatizando, representando, imitando e botando unhas cantas gargalladas cas diferentes formas expresión dos nenos e nenas.

Sen dúbida resulta un contido moi interesante e gratificante para os nosos cativos, pois axúdalles a expresar e desenrolar a súa creatividade.

Que ben o pasamos! 

Velaquí algunhas fotos das nosas sesións...

 

 

 

 

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 4 invitados conectados.