Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

Coñecendo e practicando o Baloncesto!

Este último trimestre ímolo dedicar a coñecer e a practicar deportes coñecidos e outros que nin saben que existen. Un deles e o Baloncesto, un deporte que nos permite traballar multitude de aspectos importantes nas nosas clases, ademais de ser unha toma de contacto para darlle continuidade fóra do horario escolar. 

Nesta ocasión démoslle un enfoque teórico-práctico, tendo que recopilar información para crear unha presentación e expoñerlla aos seus compañeiros

Na práctica, e cos máis pequenos, dedicámonos a facer xogos predeportivos relacionados co baloncesto.

 

Cos máis maiores, aprendemos a botar correctamente, a executar os diferentes tipos de pases, as regras básicas...e todo isto por medio de xogos, retos e competicións.

O partido é o momento máis esperado polo rapaces, pero tamén é o momento no que teñen que poñer en práctica todo o aprendido anteriormente.

Para finalizar esta unidade didáctica de baloncesto tivemos unha visita moi especial, Fabián e Ismael, os primos suízos dunha alumna de 5º cos que fixemos unha sesión divertida de entradas a canasta, concurso de mates e partido final.

Como vedes o deporte une e traspasa fronteiras!