Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil 1

(2007-2008) Así é a nosa aula ¿queres coñecela?

Este ano temos un aula moi grande na que podemos facer moitas cousas, se queres coñecela a continuación contámosche algunhas cousas sobre o día a día nela.

 

Na porta da clase temos unha foto na que estamos todos, rodeada dos nosos nomes para que todos saibades quenes somos.



 

Tódolos días un de nos é o encargado, para sabelo seguimos a lista cos nosos nomes. O que ten a flecha é o encargado ese día, o día seguinte será o que esté "debaixo" na lista.


 

Tamén temos una "casa" e un "colexio" que fixemos á comezo de curso, onde poñemos o noso nome para saber cantos estamos e cantos faltamos ese día.


 

 

O encargado ten que repartir os nomes ós demáis compañeiros, para que o poñan onde corresponda (casa ou colexio), logo todos xuntos contamos cantos estamos ese día na aula e cantos quedaron na casa.




 

 

O Encargado ten que poñer tamén o seu nome coas letras "soltas", para que todos saiban a quen lle toca ese día. Outra das súas funcións e buscar a tarxeta do día que corresponda onde veñen indicados os mestres que virán ese día á aula.



 

Tamén escribe o seu nome no encerado:




 
E marca no calendario o día que é, contando canto falta para as datas "sinaladas" e marcadas días atrás (aniversarios, festas, saídas...)

 


Á hora da merenda o encargado reparte as bandexas (cada unha ten o nome do dono) e cada un collemos a nosa merenda para tomala todos xuntos.

 

Algúns dos traballos que non levamos para casa ou que non están pendurados pola aula ou en murais gardámolos aquí.

Ó chegar penduramos os nosos abrigos nos colgadoiros, menos mal que ten cada un o seu nome senón  ¡Vaía lío se ía montar!. As mochilas gardámolas todas xuntas nunha cesta vermella.


 

 

(2007-2008) Facemos o noso disfraz para o entroido

Facemos  o noso disfraz de PEIXES.
 
Como estivemos a investigar sobre o mar,para o noso traballo do Salón do Libr, decidimos disfrazarnos de peixes.
 
Así fixemos os nosos difraces colaborando os nenos/as dunha aula cos da outra.
 
O primeiro que tivemos que facer foi elexir a cor que queríamos empregar no noso disfraz, cada quen anotou o seu nome "descubrindo" onde tiña que poñelo.
Logo con axuda dun compañeiro medimos por onde debiamos cortar a nosa bolsa.
Non era doado cortar as bolsas de plástico, tiñamos que ir con moito coidado. Algúns necesitamos que un compañeiro nos suxeitase o plástico para poder cortalo sen problemas.

Calquera sitio servía sempre que se puidesen cortar.
Cando xa estaban cortadas as bolas, outro día tocáballe o turno ás cabezas de peixe.
Para facer a cabeza tivemos que recortar escamas e pegalas, non era moi doado de despegar a "pegatina", pero con axuda fomos capaces ata os máis pequenos.

Para os ollos pensamos en picalos e pegarlle un pedazo de celofán, do cor da nosa bolsa.
Tan só nos faltaba pegarlle as escamas, tivemos que darlle moitas voltas ata descubrir como podiamos pegar esas pegatinas "tan grandes", cada quen empregou a súa "estratexia", pero todos logramos rematar o disfraz.
Unha vez rematado tocaba o turno de probar se nos quedaba ben, descubrimos que para poñelo e quitalo iamos necesitar a axuda dun compañeiro/a.

 

Estabamos guapos o día do desfile... ¿non si?

 

(2007-2008) Así somos os de tres anos

Este ano na clase de 3 anos de Educación Infantil sómos 11 nenos e nenas, ¿queres saber quenes somos?

 

ÓSCAR (O  PROFE)
HUGO ANA JAVIER SARA
AINHOA INÉS ANTONIO IAGO RAÚL JAVIER DIEGO

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.