Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2007-2008) Facemos o noso disfraz para o entroido

Facemos  o noso disfraz de PEIXES.
 
Como estivemos a investigar sobre o mar,para o noso traballo do Salón do Libr, decidimos disfrazarnos de peixes.
 
Así fixemos os nosos difraces colaborando os nenos/as dunha aula cos da outra.
 
O primeiro que tivemos que facer foi elexir a cor que queríamos
empregar no noso disfraz, cada quen anotou o seu nome "descubrindo"
onde tiña que poñelo.
Logo con axuda dun compañeiro medimos por onde debiamos cortar a nosa bolsa.
Non era doado cortar as bolsas de plástico, tiñamos que ir con moito
coidado. Algúns necesitamos que un compañeiro nos suxeitase o plástico
para poder cortalo sen problemas.
Calquera sitio servía sempre que se puidesen cortar.
Cando xa estaban cortadas as bolas, outro día tocáballe o turno ás cabezas de peixe.
Para facer a cabeza tivemos que recortar escamas e pegalas, non era moi
doado de despegar a "pegatina", pero con axuda fomos capaces ata os
máis pequenos.
Para os ollos pensamos en picalos e pegarlle un pedazo de celofán, do cor da nosa bolsa.
Tan só nos faltaba pegarlle as escamas, tivemos que darlle moitas
voltas ata descubrir como podiamos pegar esas pegatinas "tan grandes",
cada quen empregou a súa "estratexia", pero todos logramos rematar o
disfraz.
Unha vez rematado tocaba o turno de probar se nos quedaba ben,
descubrimos que para poñelo e quitalo iamos necesitar a axuda dun
compañeiro/a.

 

Estabamos guapos o día do desfile... ¿non si?