Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil, infantil 1, infantil 2 , Infantil xuntos

(2022-2023) Rematamos a busca de respostas na nosa investigación... xa estamos listos e listas para comezar co produto final.

Podes ver os pasos previos desta investigación nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blog:

10/03/23: (2022-2023) Continuamos co noso proxecto de investigación sobre os "coches e camións". Atopamos respostas ás primeiras preguntas. 

27/04/23: (2022-2023) Atopamos novas respostas na nosa investigación sobre os coches e os camións. 

   

Quedaban só dúas preguntas por respostar, sobre os coches e camións, para dar por rematada a investigación e a primeira parte do noso proxecto.

    

En gran grupo descubrimos quen inventou os coches, visionando un vídeo que tiñamos no recanto online da información.

 

 

Plasmámolo no mural facendo unha "liña do tempo", onde fomos pegando cada un dos fitos máis importantes, na invención do coche ata a actualidade. 

   

Con esta resposta xa atopada, abordamos a última que tiñamos escrita no mural: Onde se arranxan os cochea avariados?


A partir do diálogo entre todos e todas, usando imaxes de internet, chegamos a unha serie de conclusións que daban resposta a esta pregunta.

   

Contámolo no mural, para dar así por rematada a investigación

      

Así quedou reflexado no mural:

  

Tan só nos quedaba, voltar á lista do que xa sabíamos ao comezo da investigación, para descubrir como cambiaron as  nosas ideas iniciais (reorganizamos-reconstruímos os nosos esquemas cognitivos), e poder "correxir" os erros.

       

O noso mural da investigación por fin estaba rematado e completo, coas respostas de tódalas preguntas que nos plantexáramos.

   

     

Podes ver, máis polo miudo, como contamos a resposta a cada pregunta no mural, no seguinte vídeo.

   

Coa investigación xa rematada, chega o momento de crear os produtos finais que nos plantexaramos ao comezo: Facer un lap-book e grabar un pequeno documental.

Sen esquecernos de crear o dosier individual, traballos estas que nos levará ata final de curso.

Contarémosvolo, como sempre, en futuras publicacións deste blog.

 

   

  

(2022-2023) E ademais... no mes de abril sucedeu todo isto en infantil 2

Durante o mes de abril, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

   

Pero ademais, tamén tivo lugar todo isto, que vos contamos de seguido:

Os encargados e encargadas, continuaron a desenvolver as súas funcións, entre outras sinalar as datas mas significativas no calendario online, e facer as rutinas e rexistros.

Durante a semana do libro participamos en diferentes actividades como: sesións de contacontos...

  

... ou intercambios lectores.

     

Continuamos a escoller as nosas palabras favoritas completando o "dicionario xigante" e os nosos dicionarios individuais.

   

   

A cabana de bimbios xa ten follas... e está case lista para poder entrar nela. 

      

Continuamos a participar nos obradoiros, sobre educación emocional, organizados pola psicóloga Gloria.

      

Continuamos a coidar as cenorias  que plantaramos no invernadoiro. Fomos regándoas ao longo dos días, xunto cos compañeiros e compañeiras de Infantil 1, e ... xa comezaron a aparecer e medrar.

    

Seguimos a empregar a aplicación de préstamo de libros, para anotar os que cada venres levamos para casa da biblioteca de aula.

   

Continuamos a levar por quendas, xunto co resto de compañeiros e compañeiras do colexio, a "mochila de lecer", que estará nas nosas casas durante unha semana completa.

     

Coa chegada do bo tempo, comezamos a merendar fora de cando en vez.

      

Exploramos a nosa creatividade usando diferentes técnias para pintar con témpera.

   

Ao longo do vindeiro mes, en maio, xa vos iremos contando neste mesmo blog todo o que vaia sucedendo nosa aula.

     

 

(2022-2023) Celebramos os aniversarios do mes de abril

No mes de marzo estivero de aniversario a nosa compañeira NOA xunto cos profes PABLO e ÓSCAR, así aparecía no calendario online, onde sinalamos tamén o día en que os celebraríamos ao rematar o mes. Nesa data axuda de todos e todas preparían unha tarta para convidar aos seus compañeiros e compañeiras/as e celebrar unha pequena festa.

Os compañeiros e compañeiras da súa aula, preparáronlle unha camiseta de agasalo, co seus nome e o debuxo que escollera Tamén decorou, como quixo, a súa coroa de aniversario.

Os homenaxeados escolleron do libro de receitas a súa tarta favorita, despois de poñerse dacordo.

Cos ingredientes que trouxeron, o día anterior da celebración, prepararon a tarta seguindo os pasos da receita elixida, coa axuda dos compañeiros e compañeiras de ámbalas dúas aulas. 

    

Despois dun día no frigorífico, na data da celebración, só faltaban uns últimos retoques de decoración na tarta.

     

Pero antes de probala había que soprar as candeas, e escoitar como lles cantábamos o "cumpleanos feliz", "parabens para ti" e "happy birthday", usando os tres idiomas que coñecemos.

 

 

   

E por fin chegou o momento de que a homenaxeada repartira a tarta entre os seu convidados e convidadas.  

   

Encantounos a todos e todas. Estaba boísima!!!

   

E como remate festa patacas fritidas, gusanitos e zume... e por suposto, aqueles que o preferiron, a súa merenda.

O vindeiro mes celebraremos os aniversarios do mes de xuño, como sempre, poderedes estar ao tanto neste mesmo blog.

(2022-2023) Experimentamos para crear unha explosión de cores no leite

Este mes experimentamos con leite, colorante alimentario e xabón... que poderíamos facer con todo este material?.

Como sempre fomos plantexando hipóteses de que poderíamos facer, e que sucedería. 

     

Todos e todas xuntos e xuntas descubrimos que o xabón, cando entraba en contacto co colorante sobre o leite... "facía unha explosión", e espallábanse por todo o prato.

      

Cada un dos equipos, tras dialogar para organizarse e poñerse dacordo, repetiu os pasos do experimento para verificar que sucedía o mesmo sempre. 

 

     

E así foi, todos os equipos deron reproducido o exprerimento sen problema.

 

   

Rematado o experimento, e unha vez organizado o seu lugar de traballo; cada un dos equipos levou a cabo a auto-avaliación figuro-analóxica do seu funcionamento como equipo. 

    

Anotamos este experimento no noso caderno de campo invidual.... xa levamos 5 experimentos feitos neste curso.

      

Nesta ocasión, os compañeiros e compañeiras de Infantil 1 foron os encargardos de crear o vídeo do experimento, podes velo, así como os anteriores deste curso, na seguinte ligazón.

Experimentos do curso 2022-2023

      

No vindeiro experimento será un dos equipos da nosa clase,  Infantil 2, quen se encargue de grabalo.

   

(2022-2023) Atopamos novas respostas na nosa investigación sobre os coches e os camións.

Podes ver os pasos previos desta investigación nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blog:

10/03/23: (2022-2023) Continuamos co noso proxecto de investigación sobre os "coches e camións". Atopamos respostas ás primeiras preguntas. 

   

Durante as últimas semanas continuamos a investigar, no noso proxecto de investigación sobre os coches e camións, para atopar as respostas a algunhas das preguntas que tiñamos pendentes.

Nesta ocasión comezamos investigando en equipos.

Os e as integrantes do equipo OVELLA foron os encargados e atopar a resposta á pregunta "QUE PASAN CANDO COCHAN?", para o que empregaron un dos vídeos que tiñamos no noso recanto online da investigación.

     

Acordaron como plasmalo no mural, pegaron as imaxes que escolleran e escribiron os textos dos descubrimentos.

 

    

Así quedou reflexada a resposta a esta pregunta no mural da investigación. 

   

Pola súa banda, o equipo "PERROS SALCHICHA", encargáronse buscar a resposta á pregunta "QUE PASA CO FUME DOS COCHES", usando outro dos vídeos do recanto online da información.

 

   

Novamente acodaron como plasmar as respostas no mural, e organizaron o traballo para participar todos e todas.

      

Así contaron a reposta que atoparon no mural da investigación.

 

     

Por último o equipo "CABALO", empregou as fotocopias e documento impresos que recibíramos por e-mail, para atopar diferentes TIPOS DE COCHES QUE EXISTEN.

Foron recortándoos e pegándoos no mural, escribindo debaixo de cada un o sue nome.

 

    

Deron atopado todos estes tipos de coches.

         

Para investigar "QUE SE PODE CONDUCIR CO CARNET", todos xuntos visualizamos varios vídeos e consultamos, coa axuda do profe, diferentes páxinas web.

Descubrimos que no carnet de conducir, ten marcado que tipo de vehículos podes conducir, pero antes tes que facer dous exames para poder conseguilo. 

 

     

Así o contamos no mural da investigación.

 

   

Fomos anotando, no lugar correspondente, quen se foi encargando de investigar cada unha das preguntas.

    

Con todas estas novas respostas, tan só nos quedan dúas preguntas para rematar a investigación. O noso mural está cada vez máis cheo de respostas e descubrimentos.

      

Irémosvos contando neste mesmo blog, como rematamos a nosa investigación nos vindeiros días, buscando a resposta ás últimas preguntas que nos quedan.

Tamén vos contaremos como comezamos a elaborar os dosieres indiviudais, es os "productos finais" que nos plantexaramos ao comezo do mesmo.

      

(2022-2023) Participamos nas actividades do Salón do Libro 2023

Despois de elaborar o noso traballo, tal como xa vos contamos nunha entrada anterior e que podedes ver de seguido; chegou o día de participar nas actividades organizadas polo "Salón do Libro Infantil e xuvenil de Pontevedra".

(2022-2023) Creamos o noso "xogo-libro" para o Salón do Libro 2023. Queres velo? 

    

Para poder participar, quedaba por diante unha viaxe en autobús ata Pontevedra.

       

Fomos seguindo o mapa que fixeramos na clase, para chegar ata o salón do libro.

        

Finalmente demos chegado ao Pazo da Cultura de Pontevedra, onde nos estaba agardando unha estatua do lobo ORBIL, que sinalaba a entrada ao Salón do Libro. 

    

Alí reencontrámonos co lobo ORBIL... estabamos desexando darlle unha aperta enorme.

         

Queliña contounos unha chea de contos fantásticos, sobre animais e uns ovos misteriosos.

 

      

Antes de marchar despédimonos do mono Sabio. 

    

Unha vez rematada a sesión de conta-contos, Uxía acompañounos na visita, para ver todo o que había nas diferentes salas do Salón adicado ao "xogo" e aos "libros".

 

        

Cando rematamos a visita pola exposición, chegamos ao lugar onde estaba expostos os traballos, feitos polos compañeiros e compañeiras de tódolos colexios participantes.

        

E alí estaba, xunto aos dos demais colexios, o noso libro-xogo. Seguro que lles encantou a todos e todas.

         

Percorrimos tamén un divertido labirinto, menos mal que demos atopado a saída todos xuntos e xuntas.

       

Antes de voltar ao colexio adicamos un momento para tomar a merenda. Tiñamos tamén planeado xogar nun parque, pero por mor do mal tempo non quedou máis remedio que voltar ao Centro unha vez rematada a visita ao Salón.

   

Lembra que podes ver moitas máis fotos da nosa visita, no seguinte álbum da galería fotográfica:

Álbum (Galería fotográfica): (2022-2023) Participamos nas actividades do Salón do Libro 2023

    

Lembrade que podedes ir a visitar a exposición, ver o noso traballo e participar nas actividaes do "Salón do libro 2023", no "Pazo da Cultura de Pontevedra" desde o 21 de abril ao 7 de maio de 2023.

Tes toda a información sobre datas e horarios na web oficial: www.salondolibro.gal.

     

  

(2022-2023) En pleno abril, e casi en maio, por fin publicamos as actividades de marzo

Está visto que a puntualidade non é o forte de EI1. Pero, aínda que sexa un pouco a destempo, temos unha publicación chea de novidades e información sobre todo o que fixemos durante o mes de marzo. Listos! Imos alá!

Nas clases de inglés conxuntas seguimos a traballar a través do xogo cada vez máis vocabulario relacionado con aspectos tan variados como os productos do mercado, a familia, os animais... Pero tamén nos divertimos un montón con actividades como as que implican mancharnos ata as orellas de colorante alimentario.

Outra tarefa que nos tivo moi ocupados, foi a preparación do noso conto para o salón do libro. O plan foi elaborar un super taboleiro de oca, acompañado do seu dado e as fichas para xogar. A nosa clase quedou encargada de facer as fichas, e en relación co noso proxecto sobre o arco da vella, decidimos facer unha ficha azul, outra vermella, outra amarela... e unha ficha de todas as cores do arco da vella! E xusto dentro desa ficha, vai o noso conto, que podedes ver aquí.

No referente as actividades artísticas, este mes demoslle un descanso as lavadoras da casa e deixamos a tempera gardada. Nesta ocasión nos centramos nos olores, pois estivemos facendo os nosos propios cadros de flores con petalos perfumados, e traballando diferentes técnicas artísticas como o puntillismo.

En marzo, tamén recibimos unha invitación moi especial. Os alumnos e alumnas de primeiro e segundo invitáronnos á sua clase para un contacontos. Os compañeiros e compañeiras non só o fixeron xenial, senón que ademais, ensinaronnos a súa aula e foron introducindo aos alumnos a e alumnas de 6º de Educación infantil a que será a súa aula o curso que ben. Incluso comezaron a elixir que sitio queren!

Despois de un par de meses sen cumpreanos na nosa aula, retomamos as celebracións. Nesta ocasión preparamos todo para celebrar o aniversario da nosa compañeira Ana, que cumpre xa 5 anos. A homenaxeada pediu unha camiseta da "Patrulla canina" e con todo o noso agarimo fixémoslle unha, xunto a súa coroa de agasallo.

E como, remitindonos ao primer parágrafo, en EI1 a puntualidade non é o noso forte, fixemos dous experimentos este mes. No caso do que podedes ver a continuación; Noa, Matías e Mario foron os encargados de grabar a posta en práctica do experimento do papel que non se molla. Aínda non o víchedes! Podedes atopalo no seguinte enlace.

En marzo tamén celebramos unha data moi importante, o 8M; ou en outras palabras, o Día da Muller. Na sesión conxunta de inglés ocelebramos debuxando a muller máis importante da nosa vida; e xunto a o resto do colexio o fixemos visibilizando a grandes mulleres ecoloxistas que fixeron do noso planeta un lugar máis verde no que vivir. No noso caso investigamos e elaboramos un mural informativo sobre a vida de Rachel Carson que podedes ver un pouco máis abaixo.

Como xa é tradición, tamén continuamos enchendo o noso calendario de datas importantes, persoaxes ilustres, xogos e aprendizaxes coas que abrimos todas e cad aunha das mañas de clase. Dende unha revisión a táboa periódica, a xogar ao "London Bridge" ou unha visita ao fondo do mar; xa non sabemos que sorpresas agardar co noso divertido calendario de aula.

Outra constante deste curso son as emocións, que están presentes todos os días e en moitas das nosas actividades. Por exemplo... Recordades os nosos disfraces de emoticonas? Pois ben, para aproveitar todo o cartón invertido nos disfraces, fixemos un "Memory" xigante para emparellas emocións. Imaxinade como de grande é, que precisamos de toda a aula de usos múltiples para montar o xogo. E por suposto, tamén estivemos a traballar na nosa táboa periódica de emocións, que podedes revisar nesta publicación.

Entre traballo non nos olvidamos das familias, pois sacamos un ratiño para facer un regalo para os pais do noso alumnado. Este ano nos decantamos por unha foto decorada cun marco feito polos nenos e nenas, e envolto en papel de regalo feito por eles mismos tamén.

Tamén introducimos novos xogos de lóxica matemática e motricidade fina, é como podedes ver foi un verdadeiro éxito. O certo é que esta hora termina pasando voando, pois entre xogo e xogo, ademais de divertirnos moito, afianzamos conceptos como a clasificación, seriación, tira numérica, concepto de número...

E por último, coa axuda das familias, celebramos o Día da Poesía no colexio cun recital de poesía no que regalamos a cada alumno ou alumna un verso adicado. Permitindo así fortalecer as relacións e crear un mellor clima de convivencia no centro. 

(2022-2023) Creamos o noso "xogo-libro" para o Salón do Libro 2023. Queres velo?

Este ano voltaremos a participar nas actividades do "Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra". Nesta ocasión o tema é o Xogo.

Para poder visitar o Salón, e reencontrarnos co noso amigo ORBIL, creamos un xogo de mesa xigante cuns libros moi divertidos para levalos ao Pazo da cultura, onde se celebrarán as actividades do Salón.

         

Anotamos no calendario online a data na que visitaremos o Salón para participar nas súas actividades, e poder ver o noso traballo xunto co dos restantes colexios participantes.

     

Lembramos, visitando a web do colexio, como eran as visitas ao Salón dos compañeiros e compañeiras de cursos anteriores.

   

Para elaborar o "xogo-libro" trabalamos a reo os nenos e nenas de Infantil, xunto aos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º.

  

     

En INFANTIL 1 encargáronse de facer as fichas do xogo. Unha delas ten o libro que inventaron "A receita do arco da vella".

    

Así crearon o seu libro-ficha, coa historia "A receita do arco da vella", cunha páxina dunha cor diferente.

  

   

No caso de INFANTIL 2 crearon un dado-libro xigante para o xogo de mesa. Co libro titulado "O dado que perdeu os puntos".

A través de sucesivos borradores acabaron inventando a historia do dado e todo o que lle pasaba.

     

Unha vez acordada a historia, chegou o momento de convertila no libro-dado. Para elo por quendas fomos elexindo e creando as ilustracións, e escribindo o texto entre todos e todas.  

   

Tan só quedaba enumerar a páxinas para deixar o libro-dado rematado.

   

   

Os compañeiros e compañeiras de 1º e 2º DE PRIMARIA encargáronse de facer o tabloeiro do xogo e de escribir as instrucións do mesmo.

    

        

Así quedou o traballo, unha vez rematado, coas partes feitas por cada un.

  

   

   

De seguido, podes ver como quedaron os 3 libros unha vez rematados:

EI1: A receita do arco da vella (fichas do xogo)

   

EI2: O dado que perdeu os puntos (dado do xogo)

    

1º e 2º: tabloeiro e instrucións do xogo.

    

Tan só nos quedaba levalo ao Pazo da Cultura, para que ORBIL poida poñelo la exposición xunto cos restantes trataballos dos outros colexios que participan.

    

Xa vos contaremos como nos foi na visita ao Salón, que terá lugar o día 24 de abril, nunha próxima entrada.

Ata entón lembrade que podedes ir a visitar a exposición, ver o noso traballo e participar nas actividaes do "Salón do libro 2023", no "Pazo da Cultura de Pontevedra" desde o 21 de abril ao 7 de maio de 2023.

Tes toda a información sobre datas e horarios na web oficial: www.salondolibro.gal.

   

    

(2022-2023) Sabíades que hoxe é o Día Mundial do Arco da Vella?

Ola a todos e todas! Sabíades que hoxe é o Día Mundial do Arco da Vella? Sí, oíchedes ben, hoxe é o día do ano que lle dedicamos a un dos fenómenos naturais máis recoñecidos, máis bonito é con máis significado a nivel cultural de todos: O Arco da Vella.

Como xa sabedes os habituais que ledes estas entradas, na nosa clase estamos a investigar esta temática. De feito, descubrimos que este día se celebra grazas ao noso compañeiro Matías, que xunto a súa familia achegounos moita información que nos foi de gran utilidade, entre ela, a data da celebración deste acontecemento.

Pois ben, quixo a sorte que este día coincida coas vacacións de Semana Santa, e que non poidamos celebralo no cole. Pero iso non impide que, aproveitando a data, amosemos qué e o que levamos feito en relación ao noso proxecto. O primeiro é máis importante, e que falamos un montón para compartir os nosos coñecementos previos, que sentan a base da investigación.

Pero non fixemos o traballo solos e solas, as familias de compañeiros e compañeiras como Mario, Noa e Manuel, compartiron información, experimentos, manualidades e moito máis material para continuar ampliando os nosos coñecementos sobre o arco da vella. De feito, como podedes ver aos fotos, os nenos e nenas disfrutaron un montón de convertirse en profes e compartir o seu traballo!

Pero ademais de buscar información para responder as preguntas plantexadas, tamén aproveitamos para convertir a nosa clase nun espazo cheo de cor e información sobre o noso proxecto de investigación. Dende nubes de cores, ata un arcoiris xigante feito coa técnica do collage ou estrelas; cada día aparece un material novo para continuar coa transformación da nosa aula.

Pero non pensedes que fora da clase non pasa nada, todo o contrario. Coa colaboración das familias unha vez máis, estamos a organizar un concurso de fotografía, onde os nenos e nenas da clase amosan fotografías do arco da vella en diferentes paisaxes e zonas da nosa contorna. E por se iso fora pouco... Tamén tivemos un arco da vella dentro do colexio! E no lugar onde nace, un conto moi chulo que nos axudou a resolver moitas dúbidas.

E así chegamos a actualidade. Xa temos a base para empezar a traballar, así que este tercer trimestre, toca resolver as preguntas que plantexamos ao comezo da investigación. Así que, nenos e nenas, aproveitade para cargar as pilas, pois nos espera un terceiro trimestre moi movido e cheo de sorpresas!

E por suposto... FELIZ DÍA DO ARCO DA VELLA A TODOS/AS!

(2022-2023) Durante os meses de febreiro e marzo tamén sucedeu todo isto en Infantil 2

Ao longo das semanas dos meses de febreiro e marzo, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

Pero ademais, tamén tivo lugar todo isto, que vos contamos de seguido:

Os encargados e encargadas, continuaron a desenvolver as súas funcións, entre outras sinalar as datas mas significativas no calendario online, e facer as rutinas e rexistros.

    

Particiamos, xunto aos compañeiros e compañeiras de todo o colexio, na construción da nosa cabana de bimbios.

       

Reciclamos e usamos o composteiro do colexio, para depositar os restos orgánicos, que non ían ao resto dos contenedores de cores. 

      

Continuamos a escoller as nosas palabras favoritas completando o "dicionario xigante" e os nosos dicionarios individuais.

    

Participamos na primeira sesión do obradoiro sobre as emocións, con Gloria.

   

Para conmemorar o 8M (Día da muller), xunto co resto de compañeiros e compañeiras do colexio, investigamos e creamos un panel informativo sobre unha muller relevante na defensa da natureza. No noso caso descubrimos todo o que fixo Jane Goodall

      

E tamén descubrimos a quen investigaron o resto de compañeiros e compañeiras.

   

Seguimos a empregar a aplicación de préstamo de libros, para anotar os que cada venres levamos para casa da biblioteca de aula.

   

Continuamos a levar por quendas, xunto co resto de compañeiros e compañeiras do colexio, a "mochila de lecer", que estará nas nosas casas durante unha semana completa.

 

Polo día da Poesía, intercambiamos poemas, escritos coa axuda das nosas familias, cos compañeiros e compañeiras de 5º e 6º de primaria.

   

     

Creamos un agasallo para as nosas familias polo Día do Pai.

     

Regalámonos "cocholitanas" da amizade polo día de San Valentín, comentando algo "positivo" do compañeiro ou compañeira que nos tocou por sorteo.

     

Exploramos a nosa creatividade usando diferentes técnias para pintar con témpera.

     

Sementamos cenorias no invernadoiro, irémolas coidando ao longo das semanas para que vaian medrando.

  

Completamos cadanseu boletín de auto-avaliación, onde lles contamos ás nosas familias todo o que fixemos neste trimestre.

 

Para completar unha das partes, creamos uns vídeos onde cada que comentaba aspectos positivos dos restantes compañeiros e compañeiros. Engadimos un código QR no boletín de autovaliación, para puidese abrirse desde casa e puideran ver o vídeo de cada un de nos.

   

De seguido podes ver tódolos vídeos xuntos, onde contamos o que pensamos dos nosos compañeiros e compañeiras

   

Estrenamos, cun xogo de memoria, o novo panel interactivo que instalaron na nosa aula xunto antes de rematar este trimestre.   

   

Á volta desta semana de vacacións continuaremos a contarvos todo o que sucede na nosa aula. Aínda nos quedan moitas sorpresas e aventuras por vivir ata que remate o curso.

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.