(2022-2023) Escollemos democráticamente o tema da nosa próxima investigacion... queres saber cal é?
Como cada curso, imos investigar en INFANTIL 2 sobre un tema que nos interesa, por fin chegou o momento que todos e todas estabamos agardando... saber sobre que tema iamos a organizar a nosa investigación.
Cunha choiva de ideas fomos propoñendo, e argumentando, diferentes temas, cos que levamos a cabo sucesivas votacións ata quedarnos coas cinco propostas máis votadas.
Decidiríamos o tema eleixido cunha votación democrática, eso si con tódalas garantías "legais". Para o cal creamos unha papeleta coas cinco propostas finalistas.
Cada quen, en segredo, escolleu o seu tema favorito marcándoo na súa papeleta.
Todo o proceso estivo controlado por GERMÁN, presidente da mesa electoral, posto que era o encargado ese día.
Cada quen foi depositando o seu voto, non sen antes ensinar o seu carnet para ser anotado na lista, de xeito que ninguén puidera facer trampas trampas.
Ata o profe tivo que agardar a súa quenda, e votar presentando o seu carnet.
Rematada a votación chegou o momento do "escrutinio", había que contar os votos recibidos por cada unha das propostas. Fómolos anotando debaixo debaixo da imaxe de cada unha das propostas.
O reconto estaba a punto de rematar... que ía gañando? que tema sería o tema gañador ao final?
Despois de recontar os votos, e verificar que houbese "igual cantidade de votos que papeletas", o tema de "CAMIÓNS E COCHES" resultou ser o elixido.
Preparamos o material preciso para crear o noso mural da investigación, onde iremos plasmando todo o proceso nas vindeiras semanas.
Tan só quedaba poñer o título a investigación, para deixarlo todo listo para comezar.
Nas vindeiras semanas comezaremos a completar este mural cos nosos coñecementos previos, as nosas preguntas, fontes de investigación, producto final.... e sobre todo con tódalas repostas que vaiamos atopando.
Poderedes seguir a evolución desta investigación en entradas sucesivas deste mesmo blog. Permanecede atentos!
Ata entón, podes lembrar algunhas das nosas investigacións de cursos anteriores, nas seguintes ligazóns:
- 03/06/22: (2021-2022) Rematada a investigación... xa podes ver o noso documental sobre os cans salchicha
- 23/06/21: (2020-2021) Rematamos o dosier da investigación sobre os ponis. Queres velo e lembrar todo o que investigamos?
- 06/03/20: (2019-2020) Xa temos a nosa película dos Pokemons rematada. Queres vela?