Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

infantil, infantil 1, infantil 2 , Infantil xuntos

(2018-2019) Visitamos ó lobo Orbil e participamos nas actividades do Salón do Libro 2019

Podes atopar máis información dos pasos previos desta tarefa nas seguintes entradas:

18/03/19: [Infantil xuntos] (2018-201): “Animais contra cazadores” e “Neil o pingüín espacial”, así creamos os nosos libros e vídeos para o traballo do Salón do Libro

Por fin chegou o gran momento, tal como tiñamos anotado no noso calendario online, iríamos visitar ó Lobo Orbil para participar nas actividades do Salón do libro 2019, onde se atopaba o noso traballo exposto.

Un día antes percorrimos virtualmente o camiño que teríamos que facer para chegar ó Pazo da Cultura de Pontevedra.

 

 

Así puidemos elaborar o noso mapa do percorrido, sinalando os lugares máis significativos polos que pasaríamos para chegar ata alí.

 

O gran día chegou e todos xuntos, cos compañeiros e compañeiras de todo o colexio marchamos en autobús cara a Pontevedra.

 

Alí estaba agardándonos Orbil quen nos saludou a todos, 

 

 

Tamén coñecemos a Cristina, quen nos acompañaria durante a nosa estancia no Pazo da Cultura de Pontevedra.

 

 

O primeiro foi asistir a uns contos "revolucionario" a cargao de Queliña, quen coa súa ruleta, foi contándonos moitas historias de igualdade entre homes e mulleres.

Tamen tivemos que participar dramatizando a historia que nos contaba. 

 

 

Rematada a sesión de contacontos acompañamos a Cristina por todo o Salón, participando nas actividades que nos ía propoñendo.

 

 

Alí estaba o noso traballo, xunto o dos compañeiros e compañeiras doutros colexio.

 

Tomamos a merenda para repoñer forzas antes de...

 

 

... encamiñarnos cara a un parque onde o pasamos de medo antes de voltar ó colexio.

 

 

Podes atopar máis detalles sobre o traballo levado a cabo no centro nas seguintes entradas:

27/03/19: (2018-2019) Participamos nas actividades do Salón do libro 2019 

16/03/19: (2018-2019) ECO-REVOLUCIÓN: Creamos o noso traballo para o Salón do Libro 2019. Con vídeos e realidade aumentada

 


IMG_4365.jpeg

GALERÍA FOTOGRÁFICA:

(2018-2019) Participamos nas actividades do Salón do libro 2019

 

 

Máis información sobre o Salón do libro e horarios para as visitas de balde en www.salondolibro.gal  

 

(2018-2019) Celebramos os aniversarios do mes de marzo

No mes de marzo cumprían anos CÉSAR e ANTÓN, para celebralo entre todos e todas creámoslle unhas camisetas fantásticas.

 

E por suposto os homenaxeados prepararon a tarta, coa que convidar os seus compañeiros e compañeiras na festa de celebración. Para facela seguiron os pasos da receita escollida, no noso libro de receitas.

 

 

Así de fantástica quedou unha vez rematada e decorada, despois de pasar unha noite no frigorífico.

 

Como sempre, sopraron as respectivas candeas, tras cantarlles as cancións correspondentes.

 

 

Para poder logo degustar a fantástica tarta, acompañada de gusanitos, patacas fritidas e zume de piña.

 

Agora temos que agardar ata o mes de abril para voltar a celebrar os anivesarios.

(2018-201): “Animais contra cazadores” e “Neil o pingüín espacial”, así creamos os nosos libros e vídeos para o traballo do Salón do Libro

Este curso voltaríamos a participar nas actividades do Salón do libro, e poderíamos visitar ó noso amigo o lobo ORBIL. A temática nesta ocasión é a "REVOLUCIÓN" e desde o cenro acordouse que traballaríamos a "revolución ecolóxica".

O primeiro foi lembrar como nos fora na nosa visita ó salón do libro do curso pasado, e ver que libro e traballo fixeramos, todo elo na web do colexio. Por suposto tamén anotamos a data na que visitaríamos ó lobo ORBIL nos respectivos calendarios online

 

 

Pareceunos boa idea que cada un dos dous grupos de Educación Infantil fixeramos o noso libro sobre dous animais en perigo de extinción, os elefantes e os pingüíns debido á acción do ser humano, que xa coñecíamos do noso traballo do día da Paz cando os adoptamos e do Entroido, que podes ver entradas anteriores deste blogue.

Cada grupo inventou a súa historia, que foi correxindo mediante a creación de diferentes borradores. Coa historia xa rematada puxémonos mans á obra para elaborar o libro.

 

Podes ver como quedaron os nosos libros, unha vez remados de seguido, facendo click nas súas portadas para poder lelo.

 

 

No traballo do Salón do Libro, ademais da historia que xa tiñamos rematada, había que facer un libro contando o que sabíamos dos "problemas ecolóxicos" que lle correspondeu a cada grupo.

Acordamos que contar e fomos grabándonos no chroma verde...

 

Para logo decidir que poñer no fondo en cada caso, segundo o que iamos dicindo.

 

 

Así de fantásticos quedaron os nosos vídeos unha vez rematados.

 

 

Cos libros e os vídeos rematados, e cando o resto dos cursos do colexio xa fixeran a súa parte do "globo terráqueo no que irían incluídos", correspondeunos facer que os vídeos que todos crearon puidesen verse. Despois dun diálogo chegamos ó acordo de que o mellor sería usar códigos QR. Posto que cada portada xa contaba con Realidade Aumentada onde podía verse o vídeo cun móbil ou táblet.

 

Fomos creando os códigos de cada un dos vídeos, comprobando que efectivamente se trataba do de cada curso...

 

...  para, posteriormente localizar no planeta terra onde tiña lugar ese problema medioambiental.

 

Escribimos tamén as instrucións de como ver os vídeos usando os códigos QR, e pegamos tamén as instrucións para o uso da Realidade Aumentada con "hp reveal".

 

 

Como título decidimos que podería ser "Revolución ecolóxica", pero como non cabían tanta letras deixámolo en "ECO-REVOLUCIÓN".

 

 

E así quedou o noso traballo xa rematado, listo para levalo ó Pazo da Cultura de Pontevedra. Gustaralle ó lobo ORBIL?

 

Podes ver como creamos este traballo entre tódolos cursos do colexio na seguinte entrada:

 (2018-2019) ECO-REVOLUCIÓN: Creamos o noso traballo para o Salón do Libro 2019. Con vídeos e realidade aumentada

 

Agora tan só nos falta agardar ó día da nosa visita ó salón do libro para visitar ó lobo ORBIL, ver o noso traballo xunto co dos dos restantes colexios e participar nas actividades que nos propoñan. Como sempre contarémolo nunha entrada deste blogue.

Lembra que podes atopar máis información sobre o salóndo libro en www.salondolibro.gal. Poderás visitala de balde nos horarios que alí se indiquen.

 

(2018-2019) Deseñamos, preparamos e confeccionamos o noso disfraz do Entroido nun obradoiro coas familias, para participar no desfile

Como xa vos contamos, adoptamos un elefante e un pingüín pola semana da paz, e investigamos sobre o perigo no que se atopan para crear o noso traballo para participar no Salón do Libro, do que vos daremos conta nunhas semanas.

Coa chegada do Entroido, ademais de participar nas actividades de "Serafín manda",  todo o centro acordou disfrazarse de animais en perigo de extinción, así que os de Infantil decidimos crear o noso disfraz de pingüíns e de elefantes en EI1 e EI2. Un curso máis organizaríamos un obradoiro nas aulas para facelos coas nosas familias.

O primeiro foi deseñar o noso disfraz, decidindo as partes, cores, materiais e tomando fotografías dos diferntes pasos para crealo, de xeito que puidesemos logo empregalas para escribir as instrucións para a súa elaboración.

 

Co nosos deseños xa creados, e cun primeiro disfraz elaborado nas aulas, chegou o momento de ir redactando as instrucións acompañadas de fotografías de cada un dos pasos. Os compañeiros de EI1 fixérono deste xeito.

 

 

Así quedaron redactadas as instrucións dos compañeiros de EI1, para o seu disfraz de pingüín.

 

Pola súa banda os de EI2, tamén crearon as súas instrucións, ata deixalas listas para o día do obradoiro coas familias.

 

 

Así quedaron unha vez rematadas.

 

 

Os compañeiros e compañeiras de EI2, tamén as redactaron "no ordenador" usando as mesmas fotografías, para que as familias puideran telas "á man". 

 

 

E por fin chegouo gran día, que xa tiñamos anotado no noso calendario online

 

Tan só quedaba preparar todo o material e pezas que precisaríamos, e comprobar en cal das quendas lle correspondería a cada quen.

 

Na aula de Infantil 1, foron elaborando os traxes de pingüín coa axuda das familias e compañeiros/as doutros cursos... pasámolo xenial.

 

Pola súa banda, na aula de Infantil 2, os traxes de elefante foron tomando forma, tan só había que seguir as instrucións que nos mesmos creáramos.

 

Ata o profe Paulo nos pediu axuda para crear o seu disfraz de Elefante.

 

Se queres ver como quedaron os disfraces de PINGÜÍNS e de ELEFANTES unha vez rematados, podes facelo de seguido facendo click no seguinte libro de fotografías.

 

 

Cos disfraces xa rematados, tan só quedaba por preparar a pancarta que nos acompañaría durante o desfile. 

 

Incluímos tamén un código QR xunto ó logotipo de WWF e a palabra "ADOPTA", por se alguén quería saber como adoptar un animal con WWF, como fixemos nos.

 

E por fin chegou o día do desfile, ese día pola mañá revisamos o precorrido que faría en "google maps" (no apartado maps do recanto de infantil desta mesma web), e ata fomos percorrendo os lugares polos que pasaríamos.

 

 

Cando estabamos no recreo recibimos a visita dos nenos e nenas da "Galiña Azul", que viñan disfrazados do Polo Pepe, e xogaron connosco no patio un anaco. Algúns deles estarán no noso cole o curso que ven.

 

 

Antes de comezar o desfile, e xa preparados cos nosos fantásticos disfraces, unhas fotos de grupo como recordatorio.

 

E comezamos o desfile...

 

Facendo o noso percorrido polas rúas do Concello, chegamos ata a Galiña Azul, onde lles devolvemos a visita ós nosos compañeiros e compañeiras. 

 

Continúamos o noso percorrido, saúdando á xente que se paraba a vernos ata que estivemos de volta no colexio.

 

 

Xa no centro, para recuperar forzas, degustamos postres do Entroido, que trouxeran as nosas familias, quenes tamén estiveron convidadas, por suposto.

 

Poderedes atopar máis imaxes do desfile (cos compañeiros e compañeiras de primaria), así como das súa festa de celebración, na galería fotográfica.

 

(2018-2019) E ademais... no mes de febreiro

Neste mes de febreiro, ademais de preparar a nosa participación no Entroido, de crear o noso traballo para o Salón do libro (do que vos daremos cumprida conta nunha próxima entrada), de facer algún experimento científico, de traballar cos nosos robots e de rematar o noso Museo de Dinosaurios... tamén tivemos tempo para facer todo isto:

Comezamos a participar nos "apadriñamentos lectores", organizados desde a Biblioteca do centro. Os luns na hora de ler, xuntámonos con compañeiros e compañeiras de primaria para ler libros xuntos.

 

 

Participamos en actividades de compostaxe, aprendendo o que era con Rocío e con "eco-col".

 

Axudamos a poñer en funcionamento o composteiro do colexio...

 

... e xa podemos xuntar os restos das nosas merendas para botalo no composteiro.

 

Tamén participamos nunha sesión de "búsqueda" dos "bichos" que traballan no composteiro.

 

 

Continuamos a encher o noso "diccionario xigante", coas palabras favoritas xunto a fotografías das mesmas, usando a aplicación online, que podes atopar no recanto de infantil.

 

 

O "Plátano viaxeiro" continúa a súa viaxe polas nosas casas.

 

 

Participamos nas actividades organizadas desde a Biblioteca do Centro, polo día de "Rosalía de Castro".

 

 

Recibimos a vista de dúas compañeiras de primeiro e segundo, para contarnos os beneficios e usos dos plátanos.

 

 

E ata participamos nunha enquisa dos compañeiros e compañeiras de sexto.

 

Non te esquezas de ver tódalas entradas anteriores deste blogue, para estar ó tanto de todo o que sucede en Infantil, e en especial na aula de Infantil 2.

 

 

(2018-2019) Serafín o porcoespín mandounos vir disfrazados de...

Este foi o primeiro curso no que a nova mascota de biblioteca, "Serafín o porcoespín", se encargou de darnos ordes durante a semana do Entroido.

Os primeiros en decidir o que "mandaría Serafín" fomos os de infantil, quenes despois dun "acalorado debate" e de "sucesivas votacións", acordamos mandar que todos e todas os do colexio...

 

 

... trouxeran posto un BAÑADOR ou un BIKINI, e así o escribimos no cartel que puxemos ó lado de Serafín.

 

Así quedou, listo para que todos os mirasen cando baixasen ó recreo.

 

 

Anotamos nunha nota, cada un dos días, o que Serafín mandaba traer, para poder contalo nas nosas casas.

 

 

Cada día, despois de sacarnos a foto de grupo, completamos con ela un panel individual, onde ademais tamén escribíamos de que nos tocou vir disfrazados.

 

 

O martes os de 1º e 2º escolleron vir coa cara pintada.

 

 

O mércores tocounos traer un zapato de cada cor. Así o decidiron os compañeiros e compañeiras de 3º e 4º.

 

 

O xoves, un día antes do desfile de entroido, os maiores do colexio, de 5º e 6º, decidiron que viñesemos difrazados como cada quen quixera.

 

E así demos por rematado o panel de fotografías... tan so faltaba a do noso disfraz para o desfile.

 

Se queres saber todo o que fixemos, e ben que o pasamos, no último día da semana do Entroido, co desfile, podes facelo na seguinte entrada deste mesmo blogue.

(2018-2019) Deseñamos, preparamos e confeccionamos o noso disfraz do entroido nun obradoiro coas familias, para participar no desfile

(2018-2019) Celebramos os aniversarios do mes de febreiro

No mes de febreiro só XOAN estaba de aniversario, así que tivo que pedir axuda a algúns compañeiros e compañeiras para facer a tarta para a festa.

 

Segundo os pasos da receita, do libro de recitas, demos rematado a tarta a tempo. Tan só quedaba metela no frigorífico e agardar a que chegase o día da celebración para que estivera lista.

 

Cando chegou o día da celebración rematou a tarta decorándoa.

 

Coa tarta rematada, soprou a candea co número de anos que cumplía, despois de que lle cantaramos a canción "parabéns para ti".

 

Como sempre, convidou ós compañeiros e compañeiras a degustar a súa tarta, e rematamos a festa con patacas fitidas, gusanitos e zume de piña. 

 

Agora tan so queda agardar un mes ata a seguinte celebración de aniversarios. 

(2018-2019) Así se constrúe unha “ponte de cores”... así o descubrimos con este experimento

Como cada mes, levamos a cabo un experimento científico na aula, para observar diferentes fenómenos físicos e químicos.

Nesta ocasión os materiais a empregar eran: témpera de cores, servilletas de papel, vasos transparentes e auga. Que poderíamos facer con todo esto?

Comezamos a plantexar diferentes hipóteses de que se podía "crear" con todo este material, e que consecuencias tería.

 

Con axuda do profe verificamos se as nosas "hipóteses" eran as acertadas, e paso a paso fomos construíndo unhas "pontes de servilletas de papel".

 

 

Despois duns segundos as "cores comezaban a subir polas pontes"... chegarían a atoparse?. Tan só quedaba agardar.

 

Mentras seguían "subindo as cores", cada un dos equipos cooperativos repetiu os pasos de forma autónoma, para levar a cabo o mesmo experimento. 

 

Dentro de cada equipo, que nesta ocasión estaban "mermados por baixas por enfermidade ;)",  había que chegar a acordos de forma dialogada, asignar roles e decidir que faría cada quen para que todos participasen.

 

Para facer os "churros" de servilletas de papel "das pontes", nada mellor que traballar en equipo para poder deixalas ben "fortes".

 

 

Cada un dos equipo deu creado a "a súa ponte de cores".

 

O experimento que creamos entre todos acadou o seu obxectivo, as cores chegaron a "atoparse".

 

Deixamos os nosos experimentos, feitos en equipo, durante varias horas ata que todos "chegaron a completar as pontes de cores". Bo traballo!!

 

Tan só quedaba completar o noso caderno de campo cos datos observados durante o experimento: que cantidades de cada material empregamos e que sucedeu no experimento, xunto a unha foto do equipo levándoo a cabo.

 

Nesta ocasión os compañeiros e compañeiras de Infantil, 1 serán os encargados de crear o vídeo explicativo do experimento. Estará dispoñible en breve.

Poderás ver este vídeo e os vídeos doutros experimentos, tanto desde curso como do curso pasado, no apartado de "VÍDEOS" do recanto de infantil, oudirectamente desde AQUÍ.

(2018-2019) PROXECTO A LÚA DE CAMPO LAMEIRO

 Pouco a  pouco ímoslle dando forma ao noso lapbook sobre a lúa de Campo Lameiro.

Botádelle un ollo a tódalas cousas cantas fixemos.. 

 

Con todo iste traballamos desenvolvemos a lóxico matemática ( contando os planetas que conforman o sistema solar), traballamos aspectos tan importante como a motricidade fina ( con actividades de picado, coloreando, recortando...), aspectos da iniciación a lecto-escritura ( escribindo os nosos nomes, os nomes dos planetas, as fases da lúa...) e a través do xogo que é como máis nos gusta aprender!!!!!

(2018-201) Así creamos o noso museo dos dinosaurios, despois de rematar a investigación. Queres ver en vídeo como quedou?

Lembra que podes ver os pasos anteriores deste proxecto de investigación, nas seguintes entradas publicadas anteriormente:

04/11/18: (2018-2019) Comezamos a investigar sobre os Dinosauros para crear o noso propio museo: planificamos a investigación

 12/11/18: (2018-2019) Continuamos a investigar os Dinosauros: atopamos as primeiras respostas e excavamos fósiles

23/12/18: (2018-2019) Atopamos a resposta a tódalas preguntas da nosa investigación sobre os dinosaurios, facemos un disfraz e estamos listos para comezar a crear o noso museo.

 

Con tódoalas preguntas xa respostadas, xa podíamos comezar a crear o noso Museo de Dinosaurios, tal como nos plantexáramos ó comezo deste proxecto de traballo e investigación (podes ver os pasos previos nas ligazóns anteriores)

No noso museo terían que estar presentes os diferentes tipos e nomes de dinosaurios que fomos descubrindo, pero como xa sabíamos eran centos deles; polo que despois de escoitar varias propostas decidimos que o mellor sería crear un libro de dinosarios, onde incluílos, e que estaría presente no noso museo.

 

Nel, en cada unha das páxinas, saimos nos xunto a un dinosuario, para o que usamos o chroma verde, e indicamos o seu nome, canto mide, pesa e se era herbívoro ou carnívoro. 

 

 

Co libro xa rematado, chegou o momento de organizar todo o traballo para crear o noso museo. Como sempre o mellor foi escribir unha lista de todo o que queríamos amosar no noso museo, para poder ir tachándoo a medida que o iamos tendo listo.

 

UN OVO EN TAMAÑO REAL:

Entre os elementos a crear para o noso museo anotáramos crear un ovo como os dos Dinosaurios, pero de tamaño real, como xa tiñamos o dato de canto medían da nosa investigación, non foi complicado crealo a partir dunha bolsa sea chea de papeis que cubrimos con diferentes capas de cola e papel de revista.

 

PEGADAS DE 3 DINOSAURIOS EN TAMAÑO REAL:

Outros dos obxectos a incluír no noso museo eran pegadas de dinosaurios. Eleximos tres dos nosos favoritos "VELOCIRRAPTOR", "ESPINOSAURIO" e "DIPLODOCUS" e comezamos a calcular canto medían as súas pegadas, a partir do que xa sabíamos dos restos fósiles atopados e que estaban nas respostas da nosa investigación. Con masa blanca fixemos "pegadas fósiles" de dous dos dinosaurios.

 

A do DIPLODOCUS era tan grande, máis longa que nós, polo que pensamos que o mellor sería pegala no chan do museo como "unha pegatina xigante". Con axuda do metro puidemos creala a tamaño real

 

 

A medida que iamos rematando os diferentes elementos da exposición fómolos tachando da nosa lista.

 

 

COPROLITOS DE DINOSAURIO:

Con plastilina fixemos coprolitos, restos fósiles de "cacas" e dinosaurio, que como tiñamos anotado na nosa lista do museo, era outro dos elementos a incluír na exposición.

Plasmamos todo o que descubrimos durante a investigación para crear uns fósiles similiares.

 

UN DENTE DE DINOSAURIO, DE TAMAÑO REAL:

Con axuda dun metro e "facendo churros" dese tamaño logramos recrear un dente de dinosaurio, coas medidas dun dente real que tiñamos anotado entre as respostas da nosa investigación.

 

 

UN DIPLODOCUS EN TAMAÑO REAL... bueno unha cría.

Desde o comezo pensamos que o noso museo contaría cun dinosaruio de tamaño "real", como o que vimos na nosa visita é exposición de Pontevedra. Pareceunos boa idea que o museo estivese "debaixo dun diplodocus", polo que recopilamos datos de canto medía e acordamos facer unha "cria" que si cabería no noso corredor.

Calculando canto medían e con axuda do metro fomos creando as patas do diplodocus, enchéndoas con follas de revistas enrugadas.

 

Para ir construíndo o resto do corpo, como había que facelo contra o teito e subido a unha escaleira, o profe foi construíndo as diferentes partes seguindo as nosas indicacións e, por suposto, a nosa axuda senpre que era posible, como para pendurar o pescozo do diplodocus.

 

 

Pasámolo xenial probándonos a "cabeza"  antes de poñerlla ó noso Diplodocus.

 

MONTANDO A EXPOSICIÓN NO MUSEO:

Cando a estrutura do Diplodocus estivo rematada, chegou o momento de decidir entre todos e todas onde colocar cada un dos elementos da nosa exposición, tanto os creados na aula como os que fomos creando ó longo da investigación e os que trouxemos da nosas casas. 

  

Como medida de seguridade escribimos carteis avisando de que non se podían tocar, como en todo gran museo.

 

 

Tamémn levamos para a exposición o noso mural da investigación con tódalas respostas. 

 

CREANDO OS CARTEIS INFORMATIVOS:

Outro dos elementos que tiñamos anotados na nosa lista, eran os carteis informativos de cada elemento, que tiñan que incluír fotos. Traballando todos xuntos fomos creando algún deles, decidindo que poñer e onde facelo.

 

Outros creámolos traballando nos equipos cooperativos, acordando dentro do mesmo o texto, imaxes e datos e incluír no cartel informativo que lle correspondera a cada un.

 

E por suposto, como cada vez que traballamos en equipos cooperativos, ó rematar facemos unha auto-avaliación do noso traballo dentro do equipo.

 

 

Deste xeito fomos completando pouco a pouco os diferentes elementos da nosa exposición, incluídos os códigos QR que acompañerían a algún dos carteis informativos. 

 

 

Para rematar o traballo pintamos o noso "diplodocus" de cor verde, como podedes imaxinar había moito traballo que facer.

 

 

Pero con axuda dos profes demos pintado todo o Diplodocus, ata as partes que estaban máis altas.

 

 

Así de fantástica quedou a nosa exposición "debaixo do Diplodocus".

 

 

Onde por suposto estaba o dinosauro, que xa vos presentamos nunha entrada anterior, dando á benvida na entrada, xunto ó "cartel do MUSEO DE DINOSAURIOS DE INFANTIL 2" 

 

Quedas convidado a ver o noso museo no corredor de INFANTIL.

 

Pero por si non podes vir en persoa velaquí tes un vídeo onde cho  amosamos.

 

Continuaremos agora completando o noso dossier individual da investigación, para poder levalo para as nosas casas antes das vacacións, e así dar por rematada esta fantastica investigación.

 

Así quedou o dosier unha vez rematado, podes velo de seguido premendo na portada do mesmo:

Distribuir contido