Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2023-2024) Educación, o noso dereito e o noso deber

Convivencia está de volta! Arrancamos o segundo trimestre cunha actividade que require moita puntería, concentración e reflexión; nada máis e nada menos que para celebrar un día tan importante como o Día da Educación. Como xa sabedes, a educación é un dereito, pero tamén é un deber da infancia. Polo que a premisa coa que traballamos foi... Cales son os deberes dos nenos e nenas?

Anteriormente, traballamos os dereitos da infancia, creando uns globos nos que manifestamos cales son os dereitos de todos os nenos e nenas. Por suposto, facendo especial fincapé no tema da igualdade e o respeto a diversidade. Pois ben, nesta ocasión, a aprendizaxe a realizar foi que os dereitos levan consigo certos deberes, e que estes están estreitamente relacionados. Así que... Que fixemos? "Reventar" os globos dos dereitos para ver que deberes van asociados aos mesmos.

Enchemos o corredor de globos, preparamos cestas de dardos e cada clase foi recollendo e reflexionando sobre os distintos deberes da infancia. Foi unha actividade que levou consigo un amplio proceso de reflexión sobre dereitos e deberes, pero no que ademáis traballamos as habilidades motrices, a puntería, o traballo en grupo... E o máis importante, o pasamos xenial participando nela.

Agora si, temos claro cales son os nosos dereitos e deberes e comprendemos o importante que é telos presentes. Seguinte paso? Loitar por unha sociedade na que se respeten e todos os nenos e nenas teñan acceso aos mesmos.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.