Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Blog das TIC

(2022-2023) Resultados da enquisa TIC para as familias (Plan Dixital)

Resultados da enquisa TIC para as familias XUÑO 2023:

A partir dos mesmos planificaremos os obradoiros para as familias, segundo o establecido no Plan Dixital do Centro, para os vindeiros cursos.

https://docs.google.com/document/d/1-ryCuYQkwvrVNC6EkfgqGNypqFsbdt6PE8HUatCN7bU/edit

(2019-2020) Explorando todo o que poden facer os nosos robots, nos obradoiros libres dos recreos dos luns.

Ademais de todo o que traballamos cos robots, nas áreas e obradoidos que teñen lugar nos diferentes cursos, dos que podes atopar diferentes entradas publicadas nos respectivos recantos; tamén podemos explorar e traballar libremente cos robots educativos nos recreos dos luns.

 

Xuntos, compañeiros e compañeiras de diferentes idades, compartimos e intercambiamos experiencias e coñecementos traballando cos diferentes robots, coa axuda do profe Óscar, sempre que a precisamos.

Tamén aproveitamos estes recreos para rematar o mural que comezaran, os compañeiros e compañeiras de 6º do curso pasado, na aula de robótica.

 

Visitade os diferentes recantos desta mesma web para atopar máis información de todo o que facemos na área de robótica.

(2017-2018) Xornada STEM no colexio: participamos en obradoiros con drones, robótica e impresión 3D

Este curso, dentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP), que desde fai varios anos estamos a desenvolver no centro; introducimos a róbotica nas aulas  tal como xa vos contamos nesta entrada anterior.

08/06/18: (2017-2018) Estrenamos a nova aula-obradoiro de robótica e traballamos con robots nas aulas.

Continuando con este traballo, e grazas a inestimable colaboración dos compañeiros do SALNÉS CAMPUS (www.salnescampus.eu), puidemos organizar o pasado 12 de xuño unha xornada *STEM no colexio na que puidemos participar todos e todas

 

Obradoiro de programación e robótica:

No que programamos e traballamos co m-bot, que xa estamos a empregar, xunto con outros robots nas nosas aulas.

 

 

Impresión 3D:

Descubrimos como scanear obxectos, e ata o noso corpo, para poder logo imprimilo en 3 Dimensións.

 

 

Drones:

Coñecemos e manexamos diferentes tipos de drones no pavillón do colexio.

 

Máis información sobre o Salnescampus, e as actividades que organizan para rapaces e rapazas en http://www.salnescampus.eu

Tamén podes atopalos en Facebook en: https://www.facebook.com/SalnesCampus-918097101577516/

En twitter: @salnescampus

 

*STEM son as siglas en inglés de ciencia (science), tecnoloxía (technology), enxeñaría (engineering), e matemáticas (math), que dentro do traballo levado a cabo nos centros educativos, contribúen ó desenvolvemento da Competencia metemática en ciencia e tecnoloxía.

(2017-2018) Estrenamos a nova aula-obradoiro de robótica e traballamos con robots nas aulas.

Poder ver tamén como foi a xornada STEM que organizamos no colexio nesta entrada:

13/06/18: (2017-2018) Xornadas STEM no colexio: participamos en obradoiros con drones, robótica e impresión 3D 

 

Así quedou o noso, de momento, pequeno recanto da aula-obradoiro de robótica.



De momento contamos nela con:
  • 1 m-bot
  • 1 beebot
  • 1 pro-bot
  • 1 wedo 1.0
  • 1 pirámide holográfica
  • 1 ordenador
  • varios ordenadores portátiles (que pedimos prestados da biblioteca cando fan falta ;)

Agardamos ir incrementando esta dotación en vindeiros cursos.
A esta aula-obradoiro poden asistir os alumnos/as acompañados dos seus mestres/as segundo un horario de quendas establecido.
Sesións de traballo e programación do "m-bot" usando "m-block"  nas aulas de 5º e 6º. E de paso deseñando o noso propio xogo de tenis ;)




Introducindo a robótica nas aulas

 


Explorando libremente e descubrindo os robots nos recreos dos xoves, para todos aqueles ós que lles apeteza experimentar con eles.


Traballando co Beebot.





.. e tamén co pro-bot





Ata os maiores tamén se apuntaron a "seguir" investigando como facer funcionar os m-bot ;)





E por suposto descubrindo o "código de programación necesario"


(2017-2018) Podes atoparte nas fotografías do "fotomatón terrorífico"

Lembras as fotografías que fóstedes tomando durante a celebración do Samaín, no obradoiro do fotomáton? Queres ve como quedaron as fotografías.

 

Velaquí tes algúns exemplos do gran traballo que fixéstedes.

Non saes nestas fotos?... non te preocupes hai motísimas máis...  búscate na galería fotográfica do teu curso:

 

Lembra que podes atopar máis información sobre todoo que fixemos na celebración do Samaín nesta entrada:

Celebramos o Samaín participando nuns obradoiros “de medo" e cunha exposición de cabazas 

 

 

 

A mascota das TIC xa ten nome... chámase @rrobito.


Os resultados da votación online, na que puido participar todo o alumnado do centro deu os seguintes resultados.

Dispoñible horario de uso da aula de informática para o curso 2016/2017

Podes descargalo no pdf adxunto a esta entrada de seguido:

Decálogo para unha busca eficaz en internet

Podes descargar o noso decálogo como arquivo pdf adxunto, de seguido
Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.