Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

3º e 4º xuntos

Menú do recanto

CAMBIAR IMAXE DE GRUPO


Entradas no blog do recanto de 3º e 4º xuntos
[3º e 4º xuntos] 30/11/23: (2023-2024) CIBERSEGURIDADE
[3º e 4º xuntos] 22/11/23: (2023-2024) Traballamos as habilidades sociais.
[3º e 4º xuntos] 25/10/23: (2023-2024) Taller de prevención das condutas adictivas
[3º e 4º xuntos] 11/10/23: (2023-2024) DÍA DA ARTE RUPESTRE
[cuarto] 21/06/23: (2022-2023) Así traballamos con robots educativos ao longo do curso
[3º e 4º xuntos] 15/07/22: 2021-2022 QUE TRABALLIÑOS!!!!
[3º e 4º xuntos] 03/05/22: ( 2021-2022) Visitamos a Estación Meteorolóxica de David
[3º e 4º xuntos] 23/02/22: 2021-2022 Viva o entroido!!!!!
[3º e 4º xuntos] 20/12/19: (2019-2020) Superamos diferentes retos e comezamos a traballar co wedo, na área de libre elección de robótica, neste primeiro trimestre.
[3º e 4º xuntos] 21/06/19: (2018-2019) Así preparamos a nosa participación no reto de robótica
[3º e 4º xuntos] 29/03/19: (2018-2019) Así nos foi nas sesións de robótica neste trimestre
[3º e 4º xuntos] 01/12/18: (2018-2019) Descubrimos e programamos robots nos obradoiros de robótica neste primeiro trimestre en 3º e 4º
[3º e 4º xuntos] 29/01/20: Menú do recanto
[terceiro] 27/04/16: (2015-2016) Retroalimentándonos na biblioteca
[cuarto] 18/06/15: PECHANDO O PROXECTO KANDINSKY (2014-2015)
[cuarto] 18/05/15: GALERIA KANDINSKYANA, PROBLEMAS KANDINSKYANOS (19/5/15)
[cuarto] 08/04/15: KANDINSKY E A XEOMETRIA
[cuarto] 27/03/15: TAREFA " OS ECOSISTEMAS"
[cuarto] 27/04/16: (2013/2014) Aprendemos a facer unha solicitude
[cuarto] 27/04/16: (2013/2014) Coñecemos a Edvard Munch: "O grito"
[cuarto] 27/04/16: (2013/2014) APRENDEMOS A COOPERAR / COOPERAMOS APRENDENDO
[terceiro] 08/10/13: Aula PT e 3º curso: Seguimos abrindo maletas, cohesionando o grupo...e avanzando....
[cuarto] 04/05/13: (2012-2013) IINICIAMOS MAIO...".POEMANDO" ( 3/5/2103)
[cuarto] 23/09/09: Imos facer unha webquest!!
[cuarto] 29/01/20: Menú do recanto
[terceiro] 29/01/20: Menu do recanto
[cuarto] 03/12/11: Xogos do recanto de cuarto

(2023-2024) CIBERSEGURIDADE

As redes sociais atrapan cada vez máis a atención e a participación dos rapaces/as.

Cando comeza a relación dos rapaces/as e as redes sociais, sen que os pais/nais/titores estableceran unhas normas básicas para o seu uso e a súa protección, expóñense a serios perigos...

Sendo conscientes desto,e en colaboración coa Garda Civil, organizamos unhas charlas para concienciar ao alumnado dos posibles perigos das redes e como evitarlos.

(2023-2024) Traballamos as habilidades sociais.

Recibimos a visita de Julia, técnica de prevención, esta vez para que traballemos un pouquiño as nosas habilidades sociais...

Como nos vemos???????

Como vemos aos demais ????

Estes foron os resultados...

(2023-2024) Taller de prevención das condutas adictivas

Comezamos este curso cunhas actividades de prevención das condutas adictivas...

Falamos de autoestima, de habilidades sociais, de resolución de conflitos...

Tamén dos pasos que hai que seguir cando nos enfrontamos a un problema...

Moitas grazas a Julia, a técnica de prevención, por ensinarnos a ser un pouco máis autónomos/as, e a xestionar mellor as nosas emocións.

(2023-2024) DÍA DA ARTE RUPESTRE

 O día 9 de outubro celébrase o DÍA da ARTE RUPESTRE.

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º recibiu a visita de dúas técnicas do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro que traían un montón de ganas, e de material, para celebrar con nós este día...

Aquí están, atentos ás explicacións que lles daban sobre tumbas, petróglifos, menhires...

Tamén nos ensinaron un corno, sabedes de quen pode ser???

No explicaron como enterraban aos mortos!!!!

Trasladámonos á Prehistoria, a o seu modo de vida...

Descubrimos os materiais que utilizaban no seu día a día...

Tamén nos tiñan preparada unha sorpresiña::: elaboramos uns colares súper chulos!!!! e moi prehistóricos!!!!

MOITAS GRAZAS AO PAAR por esta actividade tan chula!!

2021-2022 QUE TRABALLIÑOS!!!!

E, para rematar ben este curso, imos a presumir un pouco das nosas habilidades, das exposicións tan fantásticas, e do traballo ben feito...

2021-2022 Viva o entroido!!!!!

E, aquí estamos...

Non pensedes que foi doado buscar e cousas raras, pero ao final, conseguímolo e o resultado está á vista...

ESPECTACULAR!!!!!!!

(2019-2020) Superamos diferentes retos e comezamos a traballar co wedo, na área de libre elección de robótica, neste primeiro trimestre.

Neste primeiro trimestre os compañeiros e compañeiras de 4º curso teñen como área de libre elección "robótica", xunto a eles os nenos e nenas de 3º tamén participaron nas mesmas.

 

Superaron diferentes retos empregando o beebot e probot, así como outros robots dispoñibles na aula de robótica.

 

Tivemos que facer cálculos matemáticos, razonamentos lóxicos, plantexar hipóteses e contrastar os resultados e... sobre todo traballar de forma cooperativa e coordinada entre todos e todas para superar os diferentes retos. 

 

 

Traballando en equipos cooperativos comezamos a explorar as posibilidades do Lego wedo... usando os motores e sensores programándoos co ordenador. 

 

 

Cada equipo deseñou, construiu e programou os diferentes robots plantexados, presentándoos ós seus compañeiros e compañeiras, tras ter planificado o que querían contar.

 

 

Tras cada reto levamos a cabo, en equipo, unha auto-avaliación de como traballamos en equipo.

 

 

 

Nas últimas semanas, antes de rematar o trimestre, organizámonos en tres grandes equipos para deseñar, construír e programar un coche que participase nunha carreira.

 

Os diferentes deseños, creados por cada equipo, estiveron expostos na aula de robótica durante todo proceso.

 

 

Levamos a cabo grandes negociacións e diálogos para acodar como craar un coche que fose rápido pero "molón" ;)

 

 

E despois de moitas probas, ensaios, erros e rectificacións, tanto de código como de construción, chegou o día da gran e emocionante carreira.

 

 

No segundo trimestre aínda nos queda moito por traballar tanto co wedo, como cos outros robots que temos na aula de robótica. 

Podes ler de seguido todo que facemos nos obradoiros de robótica libres, nos recreos dos luns.

(2019-2020) Explorando todo o que poden facer os nosos robots, nos obradoiros libres dos recreos dos luns.

 

 

(2018-2019) Así preparamos a nosa participación no reto de robótica

Nas sesións deste terceiro trimestre, da área de Libre Elección de Centro de "Robótica", o alumnado de 3º e 4º  adicouse a preparar a súa participación no "gran reto robótico", que tería lugar no final do curso. 

 

 

Cada un dos equipos tivo que deseñar, construír e programar un robot co Lego Wedo, que logo terían que presentar e facer funcionar o día do "Gran reto robótico".

 

 

Despois de varios intentos, probas e moito "ensaio-erro", aprendimos dos erros e logramos que os nosos robots fixeran o que queríamos.

 

Tan só quedaba acordar dentro dos equipos, quen sería o encargado de falar o día do "gran reto robótico", para presentar o seu robot, e que é o que dirían durante a presentación. 

 

Xa estaba todo listo para participar no reto.

Se queres ver como nos foi na competición de robótica podes facelo nesta entrada:

(2018-2019) Así nos foi na gran competición robótica deste curso

Distribuir contido

Acceso rápido

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.