(2018-2019) Así preparamos a nosa participación no reto de robótica
Nas sesións deste terceiro trimestre, da área de Libre Elección de Centro de "Robótica", o alumnado de 3º e 4º adicouse a preparar a súa participación no "gran reto robótico", que tería lugar no final do curso.
Cada un dos equipos tivo que deseñar, construír e programar un robot co Lego Wedo, que logo terían que presentar e facer funcionar o día do "Gran reto robótico".
Despois de varios intentos, probas e moito "ensaio-erro", aprendimos dos erros e logramos que os nosos robots fixeran o que queríamos.
Tan só quedaba acordar dentro dos equipos, quen sería o encargado de falar o día do "gran reto robótico", para presentar o seu robot, e que é o que dirían durante a presentación.
Xa estaba todo listo para participar no reto.
Se queres ver como nos foi na competición de robótica podes facelo nesta entrada:
(2018-2019) Así nos foi na gran competición robótica deste curso