Formación docente, PFPP - Seminario 2, PFPP - Seminario 1, U.D.I. (Unidades didácticas integradas), P.F.P.P. Información común
U.D.I. elaboradas no centro


Crea as túas UDIs online, empregando as plantillas simplificadas en PROGRÁMAME da web recursoseducativos.net (precisa rexistro gratuito).


24/02/22: Programación e UDIS de Educación Infantil
30/09/15: Planificación de tarefas (UDIs) para o curso 2015-2016 en EDUCACIÓN INFANTIL
29/05/15: UDI - PROXECTO ARTE: Pinturas a Granell (5º e 6º)
29/05/15: UDI - SEMINARIO TAREFAS: Unha achega á pintura galega (5º e 6º de primaria)
26/05/15: UDI - PROXECTO ARTE: "O comic" (3º de primaria)
29/05/15: UDI - PROXECTO ARTE ( 2º, 4º, PT, AL)- GALERÍA KANDINSKYANA
21/05/15: UDI SEMINARIO TAREFAS: RELIXIÓNS POLITEÍSTAS ( 21/5/15)
21/05/15: UDI SEMINARIO TAREFAS: OS ECOSISTEMAS 4º CURSO ( 20/5/15)
07/05/15: UDI SEMINARIO TAREFAS: "Facemos unha película como as de Chaplin" (infantil)
07/05/15: UDI PROXECTO ARTE: "A simboloxía das grandes relixións" (relixión católica)
01/05/15: UDI - PROXECTO ARTE: Os pintores de primeiro (primeiro)
28/04/15: UDI - PROXECTO ARTE: "A música na pintura" (música)
01/05/15: UDI - PROXECTO ARTE - Descubrindo a Keith Harin (Infantil)
05/04/15: Planificación por UDIs do curso 2014-2015 en Educación Infantil
03/06/14: UDI PREHISTORIA 1º CURSO
02/06/14: U.D.I. PREHISTORIA: "Stonehenge" - Inglés
30/05/14: U.D.I. Prehistoria "A nosa prehistoria" (6º de primaria) - 3 U.D.I.s
26/05/14: UNIDADE DIDÁCTICA INTEGRADA 5º CURSO E RELIXIÓN
24/05/14: UDI Prehistoria de Educación Infantil: Os petroglifos
23/05/14: UDIS prehistóricas: "Edicións prehistóricas"- aula P.T. e "Galería de arte rupestre" - segundo ciclo
16/07/19: U.D.I. elaboradas no centro
(2022-2023) XORNADAS DE BENESTAR EMOCIONAL
Dentro do proxecto de biblioteca " LENDO EMOCIÓNS " e tendo en conta a necesidade de favorecer o benestar emocional na nosa comunidade educativa, estamos organizando unha serie de programas dirixidos ao profesorado, alumnado e familias.
Dada a importancia e relevancia que temos na educación do alumnado, consideramos necesario dotarnos de ferramentas e recursos para establecer unhas relacións interpersoais baseadas no respecto e nunha boa xestión das emocións.
Comezamos os profes cunha xornada de formación impartida por Gloria Fontán, do gabinete GAPEFA...
O obxectivo principal é potenciar o desenvolvemento das competencias da intelixencia emocional necesarias para mellorar oo benestar emocional.
Perseguimos tamén mellorar o autocoñecemento, favorecer a autoregulación emmocional, aumentar a autoestima, xerar empatía etc...
A metodoloxía está baseada en actividades de debate e reflexión, role plays, xogos etc...
EXITO rotundo na primeira sesión co profesorado!!!!
(2022-2023) Planificación do traballo no PFPP do curso 22-23
De seguido podes descargar o resumo das propostas de traballo, nos seminarios do Plan de Formación Permanente do Profesorado, para este curso.
(2021-2022) Materiais elaborados no seminarios sobre “experiencias inclusivas"
De seguido, como adxunto, podes descagar as dúas Unidades Didácticas Integradas, tituladas "Inclúeme: unidos na diversidade"; que foron elaboradas neste seminario sobre "prácticas inclusivas no centro". Unha delas para Educación Infatil e outra para Educación Primaria.
Estas UDIs poden atoparse tamén como compartidas en Prográmame-udis de recursoseducativos.net (co usuario ceippedroantoniocervino)
Tamén podes ver a posta en práctica na aula dalgunhas das propostas, alí indicadas, nas seguintes entradas publicadas nesta mesma web:
(2021-2022) Materiais elaborados nos seminarios de elaboración do Plan Dixital
De seguido podes descargar o borrador, como adxunto a esta entrada, do Plan Dixital elaborado ó longo deste curso.
Podes tamén acceder a todos os documentos previos elaborados, así como a folla de ruta de traballo seguida, na seguinte ligazón:
(2021-2022) Dispoñible, no apartado documentación, a presentación e material da poencia sobre patios dinámicos e inclusivos.
Podes descargar o material e a presentación deixado por Elvira Fernández, na súa ponencia sobre "Patios inclusivos e dinámicos", no botón "documentación" que podes atopar na parte superior.
Tamén podes facelo directamente nesta ligazón:
(2021-2022) Recibimos a visita de Sekía, o can guía, no obradoiro organizado pola ONCE
O pasado 31 marzo de 2022 participamos nun obradoiro organizado pola ONCE; dentro das actividades organizadas este curso no Centro, para traballar a inclusión e a valoración das diferencias.
Marian e María, membros da ONCE, viñeron acompañadas do seu can guía, Sekia, para contarnos como é o día a días das persoas con problemas de visión e invidentes.
Os compañeiros e compañeiras dos diferentes cursos foron coñecendo a Sekia, descubrindo como foi o proceso para educalo, e de que xeito axuda ós invidentes a poder moverse.
Tamén experimentamos a usar o bastón branco, que usan os invidentes para moverse. Deste xeito puidemos poñernos na súa pel.
Podes atopar tódalas fotografías deste interesante obradoiro, no seguinte álbum da galería fotográfica:
(2021-2022) Cronograma, información e documentos para a elaboración do Plan Dixital
Acceso a Educalidade, onde xa foi introducido este Plan Dixital:
https://www.edu.xunta.gal/educalidade/
Podes descargar o Plan Dixital do CEIP Plurilingüe Pedro Antonio Cerviño, na seguinte ligazón.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/3567
Proceso de elaboración do Plan Dixital do centro:
Cronograma para a elaboración do Plan Dixital de Centro (fai click sobre a imaxe para ampliala)
- Zona do noso centro: ADIX-PO-1
- Temporalización:
- Decembro 2021: Cubir o SELFIE (profesorado, alumnado e Direción)
- Xaneiro 2022 (do 8 ó 28 de xaneiro): Cubrir o Test de Competencias Dixiais Docentes - TCDD en FPROFE (apartado cuestionarios)
- Marzo 2022: Elaborar o Documento de Debilidades, Amenzas, Fortalezas e Oportunidades do Centro (DAFO)
- Analizar os resultados do SELFIE e os resultados do TCC (de centro)
- Facer a anlálise cuantitiva
- Facer análise cualitativa
- Elaborar o documento dos "por que".
- Elaborar o borrador do DAFO
- Elaborar o DAFO na aula virtual en BOARD
- Exportar o BOARD a CSV para envialo.
- Ligazón ós documentos previos elaborados, na aula virtual (permite acceso como convidado)
- Ligazón ó DAFO en BOARD na aula virtual da web do centro. (acceso con usuario e contrasinal da aula virtual)
- Abril 2022: Elaborar o plan de acción
- Ligazón ó Plan de Acción elaborado no centro e ós documentos de traballo e modelos na aula virtual (permite acceso como convidado)
- Maio 2022: Deseño do Plan Dixital de Centro
- Modelo e documentos de traballo na aula virtual (dispoñible acceso como convidado)
- Dispoñible o borrador do Plan Dixital para facer aportacións por parte dos participantes no seminario. Borrador do Plan Dixital, dispoñible na aula virtual do Centro.
- Xuño de 2022: Aprobación do Plan Dixital de Centro en Consello Escolar: Podes descargar o Plan Dixital aprobado aquí.
- Curso 2022-2023: Aplicación e posta en práctica do Plan Dixital de Centro.
Ligazóns á documentos de interese:
