Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Infantil xuntos

(2016-2017) Celebramos os aniversarios do mes de abril

Neste mes de abril cumpliron anos cinco compañeiros e compañeiras, ademais do profe ÓSCAR. Así pois, MARÍA, LUCAS, JORGE, ÓSCAR e DANI foron os encargados de "cociñar" unha tarta para convidar ós seus compañeiros e compañeiras.

Eso si antes de nada había que sinalar nos calendarios das dúas aulas que día teríamos a celebración, ó final de mes.

Cando chegou o gran día,  tras ter escollido no libro de receitas unha entre os homenaxeados, seguimos as instrucións para elaborar a nosa tarta de chocolate.

 

Deste xeito, paso a paso, fomos empregando tódolos ingredientes que xa trouxéramos das nosas casas nos días anteriores.

 

Entre todos demos rematado axiña.

 

Unha vez rematada metémola no frigorífico. Tan só nos quedaba agardar ata o día seguinte para que estivese lista para convidar a todos e todas.

 

O día da celebración démoslle os últimos retoques, colocando os lacasitos sobre a tarta xa rematada. Tiña unha pinta boísima.

 

Por suposto, antes de comela, sopramos tantas candeas como anos tivesemos.

 

Cantándolles a canción en tres idiomas: galego, castelán e inglés.

 

Os homenaxeados foron repartido anacos de tarta entre os seus "convidados".

 

Parece ser que a todos lles encantou o rica que nos quedou.

 

Rematamos a festa tomando unhas pouquiñas patacas fritidas, gusanitos e zume.

 

Agora termos queda agardar a que cheguen os aniversarios do mes de maio.

(2016-2017) Celebramos os cumpreanos de marzo

A finais do mes de marzo, celebramos os cumpreanos de:

Cecilia, Roi, Alicia, Lucía e Lara.

 Días antes, os nosos compañeiros escolleron do libro de receitas, que tarta querían elaborar.

Elixiron unha a base de galletas, galletas oreo, natillas, chocolate de fundir, leite e lacasitos.

E o día previo á festa, despois de xuntar todos os ingredientes que trouxeron entre eles cinco, puxéronse mans á obra.

 

Mentres unhas compañeiras desfacían as galletas oreo

os demáis iban colocando a primeira capa de galletas molladas en leite

e botando sobre ela as natillas.

 Unha vez que as galletas oreo estiveron desfeitas e mezcladas con leite,

con esa pasta  que se formou, cubriron a segunda capa da tarta.

A seguinte volveu a ser con natillas e finalmente a última capa de galletas se cubriu con chocolate fundido.

 

 

Os nosos compañeiros tamén prepararon as súas coroas para a celebración

 e o día da festa, despois de cantar o cumpreanos feliz por tandas, comezou a festa.

Primeiro soprou 4 candeas Lucía

 

Despois, 5 candeas Alicia,

e por último os nosos compañeiros máis grandes, que cumpliran 6 aniños!!

 

Entre os cinco, foron repartindo os pedazos de tarta a todos os compañeiros/as.

 

 

E rematamos coas patacas fritidas e os gusaniños e un rico vaso de zume!

(2016-2017) Visitamos ó lobo ORBIL no Salón do Libro e participamos nas súas actividades

Despois de moito traballar para facer o noso libo dos "4 dragóns", por fin chegou o día de ir a ver onde se atopaba a maleta de Dora que fixemos no centro, viaxando ó Salón do Libro e participar nas súas actividades e, por suposto, voltar a reencontrarnos con ORBIL.

 


 

Se queres lembrar os pasos previos, que nos levaron ata aquí podes facelo na seguinte ligazón:

02/03/17: [Infantil xuntos] (2016-2017) Acompañamos a Dora ata a muralla chinesa e coñecemos a 4 dragóns, para crear o noso traballo para o Salón do libro

 

Como en cada saída, a viaxe en autobús foi moi divertida. Acompañáronnos os compañeiros e compañeiras de 1º e 2º, mentras que noutro autobús ían os restantes compañeiros e compañeiras do centro.

 

Cando chegamos ó Pazo da Cultura de Pontevedra, xa nos estaban agardando para entrar...

 

Era o lobo ORBIL quen estaba na entrada dándonos a benvida a todos e todas.

 

Démoslle unha chea de agrarimosas apertas.

 

Ata os profes querían darlle unha aperta a ORBIL.

 

A primeira das actividades nas que participamos foi nun contacontos a cargo de María.

 

Contounos a historia dunha galiña que poñia unha chea de ovos "de cores", a de como Orbil quedou a vivir no Salón...

 

... e outra chea deles que acompañamos con xestos e cancións.

 

Unha vez rematado demos unha "rápida" visita polas exposicións, atopando as ilustracións do libro "Escaquis e Romeu" que xa léramos na clase.

 

Todo estaba decorado con figuras feitas con caixas de cartón recicladas, para 

 

Atopamos familias diferentes... como as dos zapatos.

 

E por suposto puidemos ver o noso libro dos "4 Dragóns" , dentro da maleta de Dora.

 

Alí estaba, xunto cos restantes traballos dos demais colexios.

 

Nunha das salas podíamos escribir nunha nota, como queríamos que fose a nosa cidade...

 

... mentras que noutra había un "crebacabezas da diversidade", onde había que ir creando caras de diferentes nenos ordeando correctamente as súas pezas.

 

Rematada a visita puidemos merendar nun sitio decorado como se fose un xardín, con bancos de ferro e todo, era moi bonito.

 

Tan só nos quedaba dar un pequeniño paseo ata o parque de xogos, camiñando ó lado do río.

 

... para pasalo de medo xogando, xunto os demais compañeiros e compañeiras do colexio, que se xuntaron connosco cando remataron os seus talleres.

 

Agora tan só nos queda agardar a que chegue o curso que ven, pero ata entón podemos ir a visitar o Salón do libro, e ó lobo ORBIL, cando queiramos coas nosas familias.

Tedes máis información, horarios de visitas e actividades dispoñibles no "Salón do libro 2017" na seguinte ligazón:

- http://www.pazodacultura.org/gl-ES/salon-do-libro/2017.aspx

 

(2016-2017) Entroido 2017- Confeccionamos o noso disfraz nun obradoiro coas familias e participamos na festa do Entroido.

 

A semana pasada celebramos o entroido no cole e  en Infantil, o disfraz que levaríamos todos non podía ser outro que de dragón chinés, xa que a nosa viaxe con Dora foi á muralla chinesa e o noso libro para o Salón do Libro Infantil, trataba da lenda dos catro dragóns, que os profes representaron en teatro de sombras.

Como os dragóns tiñan catro cores, tivemos que votar a sortes de qué cor sería o noso: amarelo, vermello, branco ou negro.

E para non facernos un lío, qué mellor que anotarnos nun enorme papel,  clasificado por cores, a medida que escollíamos un anaco de papel a cegas.

Os profes tamén elixiron a cegas a súa cor, como Nuria, na foto, que lle tocou a cor branca.

 

E así quedou o sorteo!

 

Unha vez feito o sorteo, había que poñerse mans á obra elaborando un de proba, para facer as instruccións para as nosas familias.

Como en Infantil 1 están investigando sobre os dragóns chineses, unha compañeira dasúa clase veu contarnos algo que averiguaran sobre o seu corpo.

Cecilia contoulle ós compañeiros de Infantil 2 que o corpo dun dragón chinés está composto por diferentes partes de nove animais: escamas  de peixe, cornos de cervo, bigotes de bagre, nariz de can, morro de camello, melena de león, garras de águia, cola de serpe e ollos de langosta.

 

Nas dúas aulas elaboramos entre todos o disfraz que levarían os profes, e así fomos fotografiando cada paso  

e dictando que queríamos escribir nas instruccións.

 

Os distintos pasos dictados, os profes os ían anotando nun documento, que todos veíamos na pizarra e co que se montarían as instruccións coas fotos.

 

Tamén elaboramos as nosas de aula, con frases máis curtas.

 

 

Así quedaron os disfraces de proba, que tamén servirían de modelo o día do obradoiro.

 

Nós, ademáis tamén tivemos que pintar con témpera marrón as nosas melenas para a máscara.

 

 

E chegou o día do obradoiro, no que fomos preparando o material que precisaríamos, por cores. 

 

Aquí vos deixamos algunhas fotos do obradoiro coas familias. Tamén tivemos a sorte de que viñeran axudar a algúns compañeiro/as, primos ou irmáns maiores.

 

 

 

 

E así quedaron tódolos nosos traxes unha vez rematados, fai click na imaxe para poder velos todos.

 


 

Ademáis, sempre elaboramos algunha pancarta para o desfile. Os compañeiros/as de Infantil 2 comezaron a mesma elaborando unha muralla chinesa

que quedou así de chula.

 

En Infantil 1 encargámonos de completala, pintando os catro dragóns, pintando con témpera negra letras chinesas

e  poñéndolle o título.

 

 

E chegou o día do desfile, xa tiñamos todo o que necesitábamos para desfilar, incluida a canción!

 

Polo noso percorrido polo pobo tamén fixemos unha parada diante da galiña azul para saúdar ós nosos antigos compañeiros e profesoras.

 

E xa de volta, despois de tan animado paseo, nos esperaban os ricos doces que entre todos aportamos para rematar a xornada con moitos sabores na boca!

Apertas e a seguir desfrutando!

(2016-2017) Entroido 2017- Dora manda....semana do Meco

Esta semana que pasou foi moi animada pois ademáis de preparar e participar na festa do Entroido, tamén seguimos as ordes de Dora, que cada día nos transmitía a decisión dos nenos do cole, para traer algo posto acorde con esta festa.

Os primeiros en decidir, fomos os nenos/as de Infantil, e despoís dun diálogo conxunto e de varias ideas, anotamos nunha cartolina o decidido: traer algo gracioso na cabeza.

Así, cada día leíamos todos xuntos a mensaxe de Dora

para anotala e avisar na casa.

Mirade que graciosos estamos nas fotos que nos fixemos cada día:

O luns

O martes, tiñamos que vir co pixama posto..

  O mércores, todos elegantes

O xoves, co disfraz que cada quen quixera

 E o venres, por fin, co noso disfraz feito por nós no obradoiro das familias.

 

(2016-2017) Acompañamos a Dora ata a muralla chinesa e coñecemos a 4 dragóns, para crear o noso traballo para o Salón do libro

Este ano o Salon do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra leva a to título de "O mundo que queremos" e, como cada ano o noso centro participará nas súas actividades enviando un traballo.

Nesta ocasión Dora, a mascota de biblioteca, fará un percorrido polas 7 maravillas do mundo moderno, descubrindo historias e lendas populares de cada un dos países, que traten sobre valores.

A nós, os de infantil, correspondeunos "Muralla chinesa", pero antes contámoslle ós novos compañeiros e compañeiras, como foi a nosa participación o curso pasado, e por suposto presentámoslle a ORBIL.

 

Despois de localizar China nun mapa,

marcamos nel o percorrido que faría "Dora" por terra e mar ata chegar á muralla Chinesa.

 

Cando baixamos da biblioteca atopámons na aula cunha "sorpresa" dos profes... íannos contar a "lenda dos catro dragóns", pero usando o teatro de sombras.

 

Por se queres velo de novo aquí o tes.

 

Despois dun diálogo, acordamos que poderíamos contar a lenda dos 4 dragóns, como o noso traballo para levarlle a ORBIL.

Dora levaría unha maleta na súa viaxe para, dentro dela, ir metendo os libros "coas lendas de valores" dos diferentes lugares polos que iría pasando, incluído o que fariamos contando a "lenda dos 4 dragóns"

 

Distribuímos a lenda dos 4 dragóns entre os 8 equipos cooperativos das dúas aulas, e cada un foi creando a ilustración da parte da historia que lle tocaba plasmar.

Así como o texto correspondente á ilustración feita.

 

Despois de pegar os diferentes elementos nas cartolinas, con forma de cabeza de dragón, que serían as páxinas do libro, xa só faltaba xuntalas todas para montar o libro.

 

Pero ata que puidesemos "montar o libro" tiñamos un traballo pendente aínda por facer.

 

Ademais do noso libro coa lenda dos "4 dragóns" tamén incluiríamos na maleta unhas postais "da nosa viaxe á muralla", para o que había que buscar unha imaxe para poñer de fondo.

 

E facernos unha fotografía, no croma verde.

 

Xuntando as dúas co ordenador, todo o mundo pensará que estivemos na muralla chinesa.

 

Non o  cres? velaquí tes as dúas postais que "enviamos" na nosa viaxe xunto a Dora por China.

 

Tan só quedaba escribir un texto pola parte traseira da postal.

 

E engadirlle un selo de China e o enderezo de destino, para que puidese "chegar correctamente".

 

Cando estiveron rematadas tódalas páxinas do libro, tan só quedaba por facer a portada na que, con axuda da profe Nuria, fomos pegando diferentes materiais que fomos elexindo.

 

E finalmente así quedou o libro unha vez rematado.

 

Agardamos que lle guste a ORBIL tanto como o a nós facelo.

 

Podes ver, facendo click na seguinte imaxe, o noso libro "Os 4 dragóns".

 

 

E así quedou dentro da maleta, xunto cos traballos dos nosos compañeiros e compañeiras de outros cursos, listo para enviarllo a ORBIL.

 

Agora tan só nos queda agardar a que visitemos o Salón do libro, para poder ver alí exposto o noso traballo, e descubrir se lle gustou a ORBIL.

 

Ata que chegue ese momento, convertímonos en dragóns polo Entroido, deseñando e creando os nosos disfraces xunto ás nosas familias nas aula, pero iso xa o podedes ver máis polo miudo noutra entrada deste blogue. 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/2528

 

 

Tamén participaremos na xornada de portas abertas para as familias, ó final de curso, onde contaremos todo o que descubramos na nova investigación na que nos embaracaremos sobre a "muralla chinesa"

 

 

 

(2016-2017) Participamos na celebración do día da Paz

 

O día 30  de xaneiro celebramos o día da Paz na escola.

Nas dúas aulas de infantil, aproveitando que dramatizaríamos o conto "O peixe arco da vella", que trata de valores como a amizade e  a xenerosidade, fundamentais entre otros moitos para acadar a Paz, nas aulas traballamos previamente en torno a este conto.

 Establecendo un diálogo "filosófico" sobre o que acontecía na historia e temas como o da amizade.

 Nos dous grupos de infantil chegamos á conclusión ó finalizar estes diálogos, das condicións básicas para ser amigos. Estas foron, os amigos:

-Xogan xuntos. 

-Solucionan os problemas falando.

-Se poden compartir con outros.

-Escoitan.

-Se tratan ben, son amables.

-Non se pegan.

-Nos fan rir, non chorar.

-Te respectan a pesar das diferencias.

 

Todos estes aspectos os quixemos plasmar nun mural representativo do conto do peixe arco da vella.

 

Así que unha vez creado o peixe arco da vella

nos organizamos por equipos para decoralo coas súas escamas de cores

e escribimos cada unha das condicións para ser amigos

 

debuxando tamén algúns amimais do fondo do mar.

 

Só quedaba que cada equipo fora pegando no mural a súa parte do traballo para obter o producto final.

 

Tamén houbo que darlle cor aos peixiños e demáis protagonistas da historia, que precisaríamos para dramatizala.

 

E...chegou o día...o pasamos xenial representando o noso conto!

Ademáis puidemos desfrutar dunha curtametraxe "O abrazo". 

 

E tamén dun baile de Mamá Cabra, que todos os alumnos de primaria levaron a cabo. Agora nos tocaba a nós asistir á súa actuación.

 

 

(2016-2017) Celebramos os cumpreanos do mes de xaneiro

Este mes de xaneiro tivemos a dous compañeiros de aniversario:

Brais, que cumpreu 5 anos

 

e Sabela, que cumpría 4 anos.

 

Como sempre facemos, os homenaxeados elixiron a receita que elaborarían, e cos ingredientes xa na aula, o día anterior á celebración, puxéronse a elo, elixindo algún que outro axudante.

Humedecidas as galletas, as colocaron todas ben xuntiñas, para logo botar na primeira capa a natilla de vainilla.

 

O mesmo coa segunda capa de galletas,  a última, de chocolate fundido.

 

Ó día seguinte, despois de cantar ós nosos compañeiros e soprar as candeas con moita ilusión, eles mesmos repartiron as racións de tarta para cada un, que estaban boísimas!

E xunto co zume e as patacas e gusaniños, foi unha estupenda celebración!!

Felicidades rapaces!!!

(2016-2017) Chega o Nadal a infantil e celebrámolo participando no Festival do colexio

Coa chegada do Nadal decoramos o corredor de infantil e preparamos as nosas actuacións para o Festival de Nadal, que tería lugar no colexio.

Construímos nosa árbore de Nadal con caixas de cartón que trouxemos das nosas casas.

 

Pintámolas entre as dúas aulas de cor verde e marrón, para que parecese unha árbore de verdade.

 

Facendo bolas de papel de xornal e con celofán construímos as bolas para adornar a árbore. Por suposto tamén fixemos a estrela para poder poñela arriba de todo.

 

Traballando en equipos cooperativos, as dúas aulas embarcámonos nun gran reto: "crear un Santa Claus, co seu trineo e os renos" para poder penduralo do teito do corredor de infantil.

 

Cada equipo encargouse de facer unha parte: o trineo,  o corpo de Santa Claus...

 

... e por suposto os renos que tirarían do trineo, e todo isto arcordando e tomando decisións organizativas dentro de cada un dos equipos.

 

Xa estaban secos pero aínda lle faltaban algúns detalles importantes para que parecesen de verdade.

 

Como pintarlle os ollos e boca a Santa Claus, ou os pezuños e cara ós renos.

 

Así de fantástico quedou todo pendurado do teito.

 

Escribimos un cartel anunciador para o que fomos escribindo cada unha das letras por separado.

 

Fomos pendurando as diferentes letras ordenadas ata formar a mensaxe que queríamos transmitir.

 

E así de fantástico quedou o noso corredor de infantil, con Santa Claus voando sempre por alí.

 

Para participar no Festival de Nadal do colexio preparamos tres actuacións, un por cada grupo de idade de ámbalas dúas aulas.

Lemos o guión e ensaiamos a obra dos de cinco anos.

 

E ensaiamos os dous bailes, un para o grupo de anos e outro para o de catro.

 

Creamos o "atrezzo" e vestiario que precisaríamos para as nosas actuacións.

 

Así como os diferentes traxes para a obra de teatro.

 

Despois de tanto ensaiar chegou o gran día e puxemos en escena as nosas tres actuacións, un día para os compañeiros/as do colexio e ó seguinte para as familias.

A CEBRA CAMILA: 5 anos

 

O NADAL DOS PAIASOS: 4 anos

 

SNOW  FLAKE: 3 anos

 

Podes ver o ben que fixemos, nas nosas tres actuacións durante o festival, no seguinte vídeo.

 

Tódolos compañeiros e compañeiras de Infantil, así como os mestres, queremos desexarvos a todos/as:

BO NADAL E PRÓSPERO ANO NOVO!

 

 

(2016-2017) Celebrámo-los aniversarios de decembro.

Neste último mes do ano celebramos os aniversarios de LUIS, JOEL, ADÁN e HECTOR, como sempre preparamos unha tarta para convidar ós seus compañeiros e compañeiras.

 

Seguindo os pasos da receita, que eles mesmos escolleran, foron "cociñando a súa tarta de cumpreanos".

 

Tan só faltaba metela no frigorífico e agardar ata o día seguinte, para poder degustar a nosa deliciosa tarta de chocolate e galletas Oreo.

 

Ó día seguinte, antes de comezar a celebración, decoramos a tarta con Lacasitos, e por fin quedou lista para probala.

 

Pero antes da festa, había soprar as candeas dos diferentes aniversarios e, por suposto cantarlles a canción de "cumpreanos feliz" en castelán, galego e inglés.

 

Repartiron a tarta cos compañeiros/as, a todos eles pareceulles deliciosa.

 

Cunha festa con gusanitos, patacas fritidas e zume de piña, rematou a última celebración de cumpreanos deste ano.

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 5 invitados conectados.