Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2016-2017) Chega o Nadal a infantil e celebrámolo participando no Festival do colexio

Coa chegada do Nadal decoramos o corredor de infantil e preparamos as nosas actuacións para o Festival de Nadal, que tería lugar no colexio.

Construímos nosa árbore de Nadal con caixas de cartón que trouxemos das nosas casas.

 

Pintámolas entre as dúas aulas de cor verde e marrón, para que parecese unha árbore de verdade.

 

Facendo bolas de papel de xornal e con celofán construímos as bolas para adornar a árbore. Por suposto tamén fixemos a estrela para poder poñela arriba de todo.

 

Traballando en equipos cooperativos, as dúas aulas embarcámonos nun gran reto: "crear un Santa Claus, co seu trineo e os renos" para poder penduralo do teito do corredor de infantil.

 

Cada equipo encargouse de facer unha parte: o trineo,  o corpo de Santa Claus...

 

... e por suposto os renos que tirarían do trineo, e todo isto arcordando e tomando decisións organizativas dentro de cada un dos equipos.

 

Xa estaban secos pero aínda lle faltaban algúns detalles importantes para que parecesen de verdade.

 

Como pintarlle os ollos e boca a Santa Claus, ou os pezuños e cara ós renos.

 

Así de fantástico quedou todo pendurado do teito.

 

Escribimos un cartel anunciador para o que fomos escribindo cada unha das letras por separado.

 

Fomos pendurando as diferentes letras ordenadas ata formar a mensaxe que queríamos transmitir.

 

E así de fantástico quedou o noso corredor de infantil, con Santa Claus voando sempre por alí.

 

Para participar no Festival de Nadal do colexio preparamos tres actuacións, un por cada grupo de idade de ámbalas dúas aulas.

Lemos o guión e ensaiamos a obra dos de cinco anos.

 

E ensaiamos os dous bailes, un para o grupo de anos e outro para o de catro.

 

Creamos o "atrezzo" e vestiario que precisaríamos para as nosas actuacións.

 

Así como os diferentes traxes para a obra de teatro.

 

Despois de tanto ensaiar chegou o gran día e puxemos en escena as nosas tres actuacións, un día para os compañeiros/as do colexio e ó seguinte para as familias.

A CEBRA CAMILA: 5 anos

 

O NADAL DOS PAIASOS: 4 anos

 

SNOW  FLAKE: 3 anos

 

Podes ver o ben que fixemos, nas nosas tres actuacións durante o festival, no seguinte vídeo.

 

Tódolos compañeiros e compañeiras de Infantil, así como os mestres, queremos desexarvos a todos/as:

BO NADAL E PRÓSPERO ANO NOVO!