Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Infantil xuntos

(2023-2024) Polo Entroido convertímonos en domadores: creamos o disfraz nun obradoiro coas familias e participamos no desfile do colexio

Cando comezou o mes de febreiro, anotamos nos nosos calendarios online, unhas datas moi importantes. O día do desfile do Entroido e os días dos obradoiros de disfraces, cando as nosas familias virían ás nosas aulas para axudarnos a facer o disfraz, nun obradoiro que teríamos que organizar antes de que viñeran.

Este curso, todo o coleixo disfrazaríase "do Circo" e a nós correspondeunos convertirnos en "DOMADORES".

Visionamos na web do colexio todo o que fixeramos na celebración do curso pasado: o desfile, as instrucións de Serafín, o obradoiro de disfraces coas nosas familias, e festa cos doces, rematado o desfile do Entroido.

   

Cada día da semana do Entroido, o Porcoespín Serafín, a mascota da biblioteca, foinos "mandando" traer posto algo diferente (cada un dos grupos de compañeiros e compañeiras do colexio, foron os encargados de escollelo). 

   

Anotámolo cada día nun nota que levamos para casa.

   

Para o LUNS había que vir vestido dunha profesión, esa foi a decisión dos compañeiros e compañeiras de 5º e 6º de primaria.

    

Para o MARTES, os de 3º e 4º, escolleron que había convertirse en DEPORTISTAS.

  

Para o MÉRCORES había que vir con roupa de DURMIR, posto que así o decidiran os compañeiros e compañeiras de 1º e 2º.

  

A nós, en INFANTIL, tocounos elixir que mandaría traer Serafín o XOVES. Decidimos que se podía vestir o disfraz favorito de cada quen.

Anotámolo nun cartel que penduramos xunto a Serafín, para que o puidese coñecer todo mundo.

         

Así de guapos e guapas viñemos XOVES, con candanseu disfraz favorito.

   

Cada un dos días fomos pegando as fotos de grupo, coas instrucións de Serafín, nun panel individual. Escribimos tamén, nun pé de foto, cal era a instrución dese día.

       

Antes de que viñeran as nosas familias, a participar no obradoiro de disfraces, había que acordar, crear e escribir as instrucións de como facer o disfraz de domador, para que os nosos familiares puideran lelas e seguilas o día do obradoiro. 

Descubrimos como facer o disfraz, repetindo os pasos coa axuda dos mestres Pablo e Óscar.

   

Ata que demos un deseño fantástico, así quedou o modelo unha vez rematado.

   

Entre todos e todas creamos as instrucións, onde se explicaba paso a paso, como crear o disfraz.

 

Así quedaron as instrucións unha vez rematadas, listas para ser consultadas polas familias nos obradorios.

  

Cando chegoron os días que tiñamos marcados no calendario online, por fin viñeron as nosas familias a participar no obradoiro de disfraces que, como xa vos contamos, xa tiñamos organizado.

Nunha lista puidemos comprobar se nos tocaba na primeira ou na segunda quenda, e en que día, buscando o noso nome, e vendo se estabamos antes (enriba) ou despois (debaixo) do recreo. 

    

Encantounos poder traballar coas nosas familias na clase, e poder explicarlles cales eran os pasos que había que seguir para facer o disfraz, que previamente deseñaramos.

    

   

Así de guapos e guapas quedamos co disfraz xa rematado:

  

Tamén visionamos o percorrido que faríamos no desfile nun mapa na pantalla, que finalmente non puidemos levar a cabo por culpa da choiva.

Creamos tamén a nosa pancarta para o desfile.

       

Cando chegou o día do desfile, que tiñamos anotado nos nosos calenadarios online, fomos recollendo os postres do Entroido que trouxemos da casa para o fin de festa.

    

Fomos probando un anaco de cada un deles, e coñecendo os nomes dos diferentes postres típicos do Entroido, antes de xuntalos cos do resto dos compañeiros e compañeiras do colexio, para deixalos listos para a festa posterior.

Comentamos cales nos gustaban máis ou menos a cada un.

        

Minutos antes de comezar o desfile xa estabamos listos para marchar cara ao pavillón, pero antes unha foto de grupo.

     

Despois do recreo, e xa con todo preparado, non puidemos percorrer as rúas do concello no desfile do Entroido, como estaba previsto, por mor da choiva... por iso trasladamos o desfile ao pavillón, acompañados e acompañadas polas nosas familias, asì como dos compañeiros e compañeiras de todo o colexio.

 

     

Cada un dos grupos, unha vez rematado o desfile levou a cabo a actuación "circense" que tiña preparada.

No noso caso un baile de domadores... se queres velo, así como o desfile completo,  podes facelo no vídeo que atoparás ao final desta entrada.

     

Cando rematamos de desfilar e actuar, como fin de festa, degustamos os postres típicos do Entroido.

  

De seguido, podes ver o vídeo do ben que o pasamos durantea celebración do Entroido 2024.

     

Podes ver tódalas fotografías do desfile do Entroido, de todo o colexio, actuacións e celebración posterior cos postres típicos na seguinte galería fotográfica:

(2023-2024) Organizamos e participamos na II marcha e carreira solidaria, polo día da Paz

Ao igual que sucedera no curso pasado, este ano os compañeiros e compañeiras de infantil participamos na organización dunha "marcha e carreira solidaria", polo día da Paz, na que sería a "segunda edición", e na que contaríamos coa participación e colaboración de todo o colexio.

Nesta ocasión acordamos recoller roupa e material escolar, que logo entregaríamos á "Asociación Boa Vida" de Pontevedra, para que fagan chegar a aqueles nenos e nenas que a precisen.

Os compañeiros de infantil 2, investigaron os diferentes problemas cos que se atopan moitos nenos e nenas para poder ir ao colexio.

   

Despois de debatir sobre cada un dos problemas, e de analizar as causas, aportaron entre todos e todas posibles solucións. Foron plasmando todo isto nun mural que peduraron no corredor, na zona de recollida de doazóns.

     

Así quedou, unha vez rematado, o mural da súa pequena "investigación".

Ti tamén podes ver tódolos vídeos que analizaron, e incluiron no mural, no recanto de infantil no apartado de "vídeos", ou directamente desde aquí.

   

Pola súa banda, os compañeiros e compañeiras da aula de Infantil 1, foron os encargados de organizar a recollida de doazóns da "carreira solidaria". Creando o cartel anunciador e o rexistro de todo o que se podía doar.

   

Demos recollido, grazas á colaboración de toda a comunidade,  todo este material escolar e roupa para a asociación "Boa Vida" de Pontevedra.

     

Creamos un mapa co percorrido da marcha solidaria, ata o campo de fútbol, onde tería lugar a "carreira pola Paz", na que estarían convidados a participar as familias de todo o colexio.

      

Así de fantástico quedou o noso mapa unha vez rematado, cos fitos e lugares máis significativos polos que iríamos pasando. Agora xa sabíamos como chegar sen problema.

   

Creamos tamén unha pancarta para "encabezar" a marcha ata o campo de fútbol.

 

   

Cando chegou o día da Paz, o 30 de xuño, xunto aos compañeiros e compañeiras de todo o colexio comezamos a marcha cara o campo de fútbol. Acompañáronnos as nosas familias, que particpiarían tamén na carreira.

   

E chegou o momento, todos estabamos listos para participar na carreira...

   

... que nesta ocasión tiña tamén obstáculos que había que salvar.

    

Rematada a carreira, e mentras participaban os compañeiros e compañeiras dos demais cursos, repuxemos folgos de forma saudable, cun plátano e unha botella de auga.

   

Como despedida, e despois de recibir a chapa conmemorativa, unha foto de grupo para o recordo. 

     

E por suposto, un foto todos xuntos, incluídas ás nosas familias.

     

Grazas a todos e a todas por participar, e formar parte desta "II marcha solidaria pola Paz".

   

(2023-2024) Celebramos os aniversarios do mes de xaneiro

Cando rematou o mes de xaneiro, tal como tiñamos sinalado no calendario online, celebramos os aniversarios do mes, nesta ocasión cumprira anos ZAHARA, quen foi a encargada de escoller unha tarta do noso libro de receitas.

Seguindo os seus pasos crearía unha torta coa que convidar a todos os compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil, nunha fantástica festa.

    

Xunto aos compañeiros e compañeiras da súa aula, prepararon a camiseta de agasallo e a coroa. Quedaron fantásticas!

   

Cos ingredientes que trouxera, un día antes da celebración, preparamos a torta, con axuda dos restantes compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil, seguindo os pasos da receita elixida.    

     

Tan só quedaba levala ao frigorífico e deixala alí ata o día seguinte.  

         

Despois dun noite arrefriando no frigorífico, na data da celebración, só faltaban uns últimos retoques de decoración na mesma.

     

O día da celebración, contamos, clasificamos, organizamos e preparamos todo material que iamos precisar para celebrar a festa de aniversario.

Antes de probala había que soprar as candeas, e escoitar como lle cantábamos o "cumpleaños feliz"

 

    

E por fin chegou o momento de que a homenaxeada repartise a tarta entre os seus convidados e convidadas.

         

Estaba boísima!!!

   

Rematamos a festa de anivesrarios con zume de mazá e piña, algunhas patacas fritidas e gusanitos para compartir. 

   

No vindeiro mes de febreito teremos novos aniversarios e, por suposto, unha nova celebración dos mesmos.

   

(2023-2024) Xa chegou o Nadal! Así o celebramos e participamos no festival. Queres vernos?

Cando comezou o mes de decembro, chegou a época do ano que máis nos gusta na aulas de Educación Infantil. Se queres ver todo o que fixemos para traballar o Nadal, e como participamos no Festival do colexio, podes facelo de seguido.

En Infantil 2 crearon uns adornos, por equipos para pendurar no corredor. Neles convertíronse en Papa Noel, con barba en todo.

     

Colaboramos co Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre, na elaboración dun "calendario de advento prehistórico", con xogos prehistóricos dentro de cada casiña. 

     

Nel, ademais de crear os vídeo para o PAAR, tamén fomos abrindo nas quendas acordadas, a casa que se correspondía con cada día.

   

Creamos unha orixinal árbore de Nadal, do que penduramos bolas que decoramos nas nosas casas, e con doces de Nadal.

   

Pouco a pouco fomos enchendo a nosa árbore cos adornos que iamos traendo das nosas casas.

 

   

O último día de clase, xusto antes de marchar, escollemos os nosos doces favoritos, e nosa bola, para levala para as nosas casas.

   

Escribimos un cartel para dar a benvida ao NADAL ao noso coelxio.

      

Para participar no Festival de Nadal do colexio, interpretaríamos unha obra de teatro titulada "A patrulla canina salva o Nadal", acompañado dun baile final.

Ensaiámolo durante varias semanas.

   

Tamén preparamos o atrezzo da obra de teatro.

    

    

Escribimos unha postal, na que saíamos cada un de nos no "pobo do calendario de advento", para poder enviala por correo ás nosas casas. 

 

   

Recibimos a visita de Santa Claus ao colexio.

   

E por fin chegou o gran día, presentaríamos a nosa actuación ante as familias de todos os compañeiros e compañeiras do colexio, no Festival de Nadal.

Así de ben o fixemos durante a nosa participación no "Festival de Nadal", xunto aos compañeiros e compañeiras de todo o colexio. 

    

Desafortunadamente a nosa compañeira CARLOTA non puido asistir, pero si o fixo no ensaio xeral do día anterior, que tamén podes ver de seguido.

Así nos foi no ensaio xeral, onde si estabamos todos e todas, actuando ante os compañeiros e compañeiras de todo o centro.

Todos e todas, os que estamos en Educación Infantil, alumnado e mestres, queren desexarvos un BO NADAL, e un fantástico ano 2024. 

  

(2023-2024) Así celebramos os aniversarios do mes de decembro

Cando rematou o mes de novembro, tal como tiñamos sinalado no calendario online, celebramos os aniversarios do mes, nesta ocasión cumprían anos MARTIÑO, NORA e YARA, quenes foron os encargados e encargadas de escoller unha tarta do noso libro de receitas

Seguindo os seus pasos crearía unha torta coa que convidar a todos os compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil, nunha fantástica festa.

   

Xunto aos compañeiros e compañeiras de cadansúa aula, prepararon as camisetas de agasallo e a coroa. Quedaron fantásticas!

     

Cos ingredientes que trouxeron, un día antes da celebración, prepararon a torta, con axuda dos restantes compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil, seguindo os pasos da receita elixida.    


  

Tan só quedaba levala ao frigorífico e deixala alí ata o día seguinte.

  

Despois dun noite arrefriando no frigorífico, na data da celebración, só faltaban uns últimos retoques de decoración na mesma.

    

O día da celebración, contamos, clasificamos, organizamos e preparamos todo material que iamos precisar para celebrar a festa de aniversario.

Antes de probala había que soprar as candeas, e escoitar como lle cantábamos o "cumpleaños feliz", "parabés para ti" e "Happy Birthday to you". 

  

  

     

E por fin chegou o momento de que o homenaxeado e  ashomenaxadas repartisen a tarta entre os seus convidados e convidadas.

   

Rematamos a festa de anivesrarios con zume de mazá e piña, algunhas patacas fritidas e gusanitos para compartir. 

 

   

(2023-2024) Así celebramos os aniversarios do mes de novembro

Cando rematou o mes de novembro, tal como tiñamos sinalado no calendario online, celebramos os aniversarios do mes, nesta ocasión cumprira anos MARIO, quen foi o encargado de escoller unha tarta do noso libro de receitas.

    

Seguindo os seus pasos crearía unha torta coa que convidar a todos os compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil, nunha fantástica festa.

    

Xunto aos compañeiros e compañeiras das súa aula, prepararon a camiseta de agasallo e a coroa. Quedaron fantásticas!

    

Cos ingredientes que trouxera, un día antes da celebración, preparamos a torta, con axuda dos restantes compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil, seguindo os pasos da receita elixida.    

  

Tan só quedaba levala ao frigorífico e deixala alí ata o día seguinte.

  

Despois dun noite arrefriando no frigorífico, na data da celebración, só faltaban uns últimos retoques de decoración na mesma.

 

    

O día da celebración, contamos, clasificamos, organizamos e preparamos todo material que iamos precisar para celebrar a festa de aniversario.

Antes de probala había que soprar as candeas, e escoitar como lle cantábamos o "cumpleaños feliz"

    

E por fin chegou o momento de que o homenaxeado repartise a tarta entre os seus convidados e convidadas.

   

Rematamos a festa de anivesrarios con zume de mazá e piña, algunhas patacas fritidas e gusanitos para compartir. 

 

   

No vindeiro mes de decembro teremos novos aniversarios e, por suposto, unha nova celebración dos mesmos.

(2023-2024) Traballamos e celebramos o Magosto con xogos tradicionais e comendo castañas

O día 13 de novembro, tal como tiñamos indicado nos calendarios online das nosas aulas, tería lugar a celebración do Magosto no colexio.

Tal como lembramos mirando a páxina web do colexio, do curso pasado, participaríamos en xogos tradicionais e comeríamos castañas asadas.

Para poder meter as castañas, creamos un "cesto castaña" feito con pratos de cartón. Así foi como os creamos.

    

Empregamos tamén follas que había no patio para decoralas. Cada unha das aulas organizou o proceso para poder crear estes fantásticos cestos.

 

   

Fomos xuntando, cos compañeiros e compañeiras de todo o colexio, moitísimas castañas, para poder asalas o día da celebración do Magosto. 

   

Cando chegou o día, o profe Paulo foi o encargado de asalas, fomos a visitalo para ver que tal levaba o traballo.

   

Mentras se asaban as castañas, particiamos nunha chea de xogos tradicionais no pavillón, xunto aos compañeiros e compañeiras de todo o colexio.

   

Rematados os xogos, e xa coas castañas asadas, chegou o momento de comelas. 

Estaban boísimas!!!

 

   

Podes ver tódalas fotografías desta celebración, celebrada no centro, no seguinte álbum da galería fotográfica:

ÁLBUM - GALERÍA FOTOGRÁFICA: (2023-2024) Magosto 2023

 

    

(2023-2024) Xa chegou o Samaín a infantil... así o celebramos

Coa chegada do mes de outubro anotamos no noso calendario online, unha das datas que máis estabamos a agardar: A celebración da festa do Samaín.

   

Lembramos mirando a web do colexio todo o que fixéramos o curso anterior, para contarllo tamén aos novos compañeiros e compañeiras.

    

Contamos contos de medo e debuxamos bruxas, pantasmas, monstruos...

    

Para decorar o noso corredor, creamos estes simpáticos morcegos que penduramos do teito.

 

   

Estes morcegos estarían dentro do "castelo de Drácula" que pintamos entre todos e todas. 

    

Así de fantástico quedou unha vez rematado.

   

En infantil 2 deseñaron e crearon a súa propia cabaza de Samaín.

   

Tamén preparamos as "notas" paras ás nosas casas, onde se explicaba o concurso-exposición de cabazas, e todo o que sucedería na festa do Samaín no colexio. 

   

A profe ZAIRA recolleu as poesías teorroríficas que trouxemos da casa, e a que escribimos entre todos e todas.

   

Pouco a pouco foron chegando a nosas cabazas á clase, listas para engadilas á exposición, xunto ás dos demais compañeiros e compañeiras do colexio.

    

O día da celebración do Samaín, participamos nos obradoiros xunto aos compañeiros e compañeiras de todo o centro.

Pero antes unha foto de grupo, con todos e todas difrazados:

   

 

Obradoiro de cociña terrorífica, co profe PAULO:

   

Puidemos comer as "momias que cociñamos" durante a merenda. 

     

Curtametraxes de medo:

    

Fotomatón terrorífico:

  

Podes ver todas as fotos que fixemos facendo click nas seguintes imaxes: 

   

Manualidades terroríficas, coas profes ZAIRA e MARTA:

 

    

Participamos tamén na votación das nosas cabazas favoritas.

     

Podes ver tódalas cabazas da exposición no seguinte vídeo

  

 

Para rematar a xornada participamos na entrega de premios ás cabazas máis votadas, e dos diplomas en diferentes categorías. 

  

Tes máis información sobre estes obradoiros na seguinte entrada:

(2023-2024) Polo Samaín, participamos nuns obradoiros de terroríficos 

Podes ver como foi a celebración do Samaín en todo o centro, cos obradorios e exposición de cabazas, na seguinte entrada:

(2023-2024) ÁLBUM FOTOGRÁFICO: Obradoiros do Samaín 2023

  

(2023-2024) Así celebramos os aniversarios do mes de outubro

Cando rematou o mes de outubro, tal como tiñamos sinalado no calendario online, celebramos os aniversarios do mes, nesta ocasión cumpriran anos JESÚS, MIGUEL ÁNGEL e ELOY, eles foron os encargados de escoller unha tarta do noso libro de receitas.

 

Seguindo os seus pasos crearía unha torta coa que convidar a todos os compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil, nunha fantástica festa.

  

Xunto aos compañeiros e compañeiras das súas aulas, prepararon as camisetas de agasalo. Quedaron fantásticas!

   

Tamén decoraron as súas coroas de aniversario.

 

   

Cos ingredientes que trouxeraon, un día antes da celebración, preparamos a torta, con axuda dos restantes compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil, seguindo os pasos da receita elixida.    

       

Despois dun día no frigorífico, na data da celebración, só faltaban uns últimos retoques de decoración na mesma.

    

O día da celebración, contamos, clasificamos, organizamos e preparamos todo material que iamos precisar para celebrar a festa de aniversario.

Antes de probala había que soprar as candeas, e escoitar como lle cantábamos o "cumpleaños feliz" e "parabéns para ti"

Ese día JESÚS estivo enfermo, polo que non puido asistir á súa celebración. De seguro que o vindeiro curso si estará presente.

E por fin chegou o momento de que os homenaxeados repartisen a tarta entre os seus convidados e convidadas.      

 

     

Rematamos esta primeira festa de anivesrarios con zume de mazá e piña, algunhas patacas fritidas e gusanitos para compartir.

No vindeiro mes de novembro teremos novos aniversarios e, por suposto, unha nova celebración dos mesmos.

     

  

(2023-2024) Celebramos os aniversarios do mes de setembro

No mes de setembro, tal como tiñamos sinalado no calendario online, celebramos os primeiros aniversarios do curso, nesta ocasión só CARLOTA cumpría anos, así que foi a encargada de escoller unha tarta do libro de receitas.

Seguindo os seus pasos crearía unha torta coa que covidar a todos os compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil.

   

Coa axuda de todos e todas preparían unha tarta para convidar aos demais nunha fantástica festa.

Os compañeiros e compañeiras da súa aula, preparáronlle a camiseta de agasalo. Quedaou fantástica!

       

Tamén decorou a súa coroa de aniversario.

   

Cos ingredientes que trouxo, un día antes da celebración, preparamos a tarta, con axuda dos restantes compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil, seguindo os pasos da receita elixida.    

     

Despois dun día no frigorífico, na data da celebración, só faltaban uns últimos retoques de decoración na mesma.

 

O día da celebración, contamos, clasificamos, organizamos e preparamos todo material que iamos precisar para celebrar a festa de aniversario.

     

Antes de probala había que soprar as candeas, e escoitar como lle cantábamos o "cumpleaños feliz".

   

E por fin chegou o momento de que a homenaxeada repartise a tarta entre os seu convidados e convidadas.  

    

Rematamos esta primeira do curso festa con zume de mazá e piña, algunhas patacas fritidas e gusanitos para compartir.

 

No vindeiro mes de outubro teremos novos aniversarios e, por suposto, unha nova celebración dos mesmos.

  

  

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.