Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Formación docente, PFPP - Seminario 2, PFPP - Seminario 1, U.D.I. (Unidades didácticas integradas), P.F.P.P. Información común

Dispoñibles croquis da fachada do colexio en branco

No apartado "proxecto do seminario" podes atopar dous pdf con varios croquis coa fachada do colexio, coa zona na que facer o mural.

A idea é que as poidades empregar, se vos interesa, para debuxar a vosa visión do mural.

Podes acceder desde o apartado "proxecto do seminario" > "investigando sobre arte" ou ben directamente nesta ligazón.

 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/1633

 

Dispoñibles novos modelos de UDI simplificados

Podes atopar no apartado de UDIS dous novos modelos para infantil e primaria, de Unidades Didácticas Integradas, moito máis simplificado, segundo as indicacións feitas na docencia sobre currículum dentro do PFPP.

Seguén manténdose tamén os modelos antigos por se alguén prefire empregalos.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/1789

 

Docencia sobre Avaliación no novo currículum o vindeiro martes 27 de xaneiro

Enviouse por e-mail ós participantes, os borradores de UDI elaborados para o proxecto sobre a artes, que me fixéstedes chegar para enviarllos á asesora do CFR e poñente do curso.

Unha vez postas en común as UDI estás serán publicadas no apartado correspondente da web.

Dispoñible calendario actualizado do seminario

Podedes atopar no apartado, calendario, as datas actualizadas. Queda pendente por fixar a data dunha das docencias.

Lembrade que o vindeiro 24 de febreiro terá lugar a docencia cargo de Begoña Paz, sobre aspectos técnicos e artísticos para o pintado do muro.

 

Planificación por UDIs do curso 2014-2015 en Educación Infantil

Podes descargar as UDI planificadas para este curso en Educación Infantil na seguinte ligazón.

Descarga ás programacións e UDIs na carpeta compartida en google drive desde aquí.

(Lembra descargalas en lugar de visualizalas directamente xa que se moverán as táboas) 

Dispoñible no apartado proxectos do seminario a estructura do noso proxecto

No apartado PROXECTOS DO SEMINARIO, no menú superior atoparedes a estructura do traballo que acordamos para levar a cabo este traballo.

Os aspectos que faltan por concretar dependen da información que me vaíades pasando.

Creando unha UDI sobre o Salón do libro

DOCUMENTOS ENTREGADOS NA SESIÓN DE TRABALLOS SOBRE UDIs.
    
UDI ELABORADA ENTRE TODOS:
Descarga o esquema de UDI elaborado na sesión de traballo desde AQUÍ. Lembra que se trata dun documento elaborado coas aportacións que se fixeron durante a sesión de traballo, e polo tanto está incompleto, se ben pode servir de punto de partida para calquera nivel.
Lembra que podes descargar modelos en branco no apartado Unidades didácticas integradas.
 
DOCUMENTO COOPERATIVO EN GOOGLE DRIVE: 
Accede ó documento cooperativo empregado na sesión de traballo na seguinte ligazón
 
   
  

Enlaces á aula virtual CFR materiais da docencia 1

Hola a todos/as:

Adxunto vos deixo un enlace que, envía a asesoría do CFR, con materiais da aula virtual vinculados coa 1ª das docencias que Rexina nos deu, o pasado martes 11 de novembro.

Estamos pendentes da organización de esta actividade sobre as tarefas e o currículo, e en canto teñamos aspectos concretados xa imos falando.

Ahí vai o enlace ( que tamén tedes no voso correo electrónico)

Rosana

http://www.edu.xunta.es/centros/cfrpontevedra/aulavirtual/course/view.php?id=337

 

 

 

 

Primeira docencia do curso "O novo currículum de primaria"

 

Primeira docencia do curso "o novo currículum de primaria" dentro do PFPP. 
  • Data: 11 de novembro de 2014
  • Lugar: C.E.I.P. Pedro Antonio Cerviño
  • Hora: 16:30 a 19:30 h.
  • Ponente: Rexina Ortigueira Lestón (Asesora do CFR de Pontevedra)
Lembrade que o curso, unha das tres actividades do PFPP, consta de 15 horas, das que 3 terán lugar nesta primeira sesión.

 

Descarga a presentación empregada na ponencia na aula virtual do CFR de Pontevedra, ou directamente nesta ligazón:

http://www.edu.xunta.es/centros/cfrpontevedra/aulavirtual/file.php/332/P...

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.