Formación docente, PFPP - Seminario 2, PFPP - Seminario 1, U.D.I. (Unidades didácticas integradas), P.F.P.P. Información común
(2016-2017) Proposta de planificación do traballo para o PFPP do curso 2016/17
Podes descargar o pdf coa proposta ó pe desta páxina en formato pdf.
En caso de ser aceptada, tanto as datas fixadas, como a diferente documentación de axuda para levar a cabo o traballo, será publicada nos apartados do seminario e do curso respectivamente.
Programación e UDIS de Educación Infantil
- Lembra que podes descargar as Unidades Didácticas Integradas na aplicación PROGRÁMAME, nas que se planifican as tarefas que levamos a cabo en Educación Infantil, e das que podes ver a posta en práctica na aula nas diferentes entradas do "recanto de infantil". Estas UDIS serán marcadas como públicas a medida que se vaian levando a cabo na aula ó longo deste curso.
- As Unidades Didácticas Integradas dos cursos anteriores si están marcadas xa como públicas na súa totalidade.
Accede ás UDIS citadas na aplicación, prográmame > públicas baixo o usuario "oscar_abilleira"
(2015-2016) Xa están dispoñibles (actualizados) os calendarios de reunións do PFPP: tanto do seminario como do curso
Entrando no apartado correspondente desde os botóns da parte lateral esquerda da web, PFPP Seminario e PFPP CURSO, e escollendo a opción "calendario", podedes acceder xa ós calendarios de reunións de ámbolas dúa actividades que conforman o noso PFPP para este curso 2015/2016.
Tamén podedes acceder directamente desde aquí:
Calendario de reunións do Seminario: elaborando o perfil competencial e perfil de área do centro. (30 h)
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/1579
Calendario do curso: Mindfullness nas aulas (10 h)
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/1868
Esta información é complementaria á remitida por e-mail a tódolos participantes en ámbalas dúas actividades.
Planificación do curso - Definitiva
O curso queda planificado deste xeito:
· Sesión 1: Xoves 25 febreiro. 18-21h. Introducciónó mindfulness. Cómo introducilo nas aulas.
· Sesión 2: Venres 26 febreiro 16-19h. Cómo introducilo nas alas.
(Ese venres por la mañá iría polos centros para levar a cabo prácticas nas aulas)
Planificación de tarefas (UDIs) para o curso 2015-2016 en EDUCACIÓN INFANTIL
Podes descargar as UDI planificadas para este curso en Educación Infantil na seguinte ligazón.
Descarga ás programacións e UDIs na carpeta compartida en google drive desde aquí.
Estos documentos atópanse en proceso de revisión polo que é posible que algúns non se atopen aínda dispoñibles.
UDIs elaboradas con Prográmame en www.recursoseducativos.net
(2015-2016) Pequena presentación "avaliación e programación cos novos currículos"
Aquí podedes descargar (no adxunto ó final da páxina) a presentación que empregamos para tratar a avaliación e programación cos novos currículos, por se é do voso interese.
Lembrade tamén que a web onde podedes atopar a aplicación de axuda para a creación de UDIS e programacións, chamada PROGRÁMAME (creada por min) é a seguinte:
http://www.recursoseducativos.net
(2015-2016) Elaboración dos Perfiles Competenciais, documentación de traballo
Documentos de traballo:
- Perfiles competenciais xa rematados e pendentes
- Planing cos estándares por área sobre os que traballar
- Documento informativo sobre os procesos das competencias
Accede a esta documentación en google drive:
Ligazón á carpeta compartida en google drive
(2015-2016) Plan de traballo para elaborar o perfil de área, e distribución por mestres/as
Cada un cumplimentará a súa parte na aplicación PROGRÁMAME (recursoseducativos.net), no curso/categoría "PEDRO ANTONIO CERVIÑO (común)".
Se non podes ver o curso comunícalle a Óscar (coordinador do PFPP) o teu nome de usuario para que te engada.
As áreas quedaron distribuidas deste xeito:
- - Marga - EF
- - Merce - EM
- - Ana - MAT
- - Bernarda - REL
- - Chus - LC
- - María - LG
- - José Luis - CN
- - Yolanda - CS
- - Loli - PLE
- - VSC - Rosana e Cathy
- - EP. - Susana
- - Relelaboración indicadores infantil: Óscar e Ángela
(2014-2015) Semana 2: Pintando o mural coa colaboración das familias
Nesta segunda semana de traballo, continuamos a pintar o noso mural na sala de usos múltiples, dentro da proposta realizada dentro do PFPP do curso 2014-2015. (podes ver o resto do proceso aquí).
Lembra que podes ler as Unidades Didácticas Integradas, preparadas para esta tarefa de centro desde aqui.
Ademais os compañeiros e compañeiras de infantil, contaron coa participación das súas familias para pintar con eles o mural e para participar en obradoiros nas súas aulas, organizados polos seus mestres. Podes ler máis sobre o traballo dos compañeiros e compañeiras de infantil, nesta entrada publicada no seu blog, á que podes acceder desde aquí.
Así queda o noso mural, na aula de usos múltiples. Como podes comprobar está case rematado.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »