Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

para as familias, Ed. Infantil, Ed. primaria

CURSO 2023-2024. RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO. (Pendente de actualizar)

Publicada a relación de libros de texto e material didáctico para o curso 2022-2023

Tamén está publicada no taboleiro de anuncios no colexio.

  • O alumnado de 1º e 2º mercarán os libros que están na lista. Ás familias que lles foi concedido o vale para libros utilizarán ese vale para a compra de libros. Os que estén excluídos terán que compralos sen vale.
  • O alumnado de 5º e 6º traballará co libro dixital             ( EDIXGAL)
  • O alumnado de 3º e 4º participará no Fondo Libros, polo que, o centro proporcionará os libros de texto necesarios.

RECOLLIDA DE BOLETÍNS DE NOTAS

CALENDARIO PARA A RECOLLIDA DE BOLETÍNS

O día 19 de xuño de 2020 procederase á entrega dos boletíns de cualificación ás familias, para o cal se establece un calendario de recollida e así, evitar aglomeracións. É moi importante que acuda solo un membro por alumno/a e a poder ser, que NON veñan acompañados dos nenos/as.

Cada curso terá asignada unha hora, sendo moi importante que, na medida do posible non prolonguemos demasiado a estancia no centro, así evitaremos retrasos nos cursos seguintes.

Deberanse acudir ao centro con mascarilla e limpar as mans co xel que hai na entrada do mesmo.

O horario será o seguinte:

E. INFANTIL: DÍA 19 DE XUÑO DE 9:00 A 10.00 H

1º E 2º DE E.P. : DÍA 19 DE XUÑO DE 10.00 A 11.00 H

3º E 4º DE E.P. : DÍA 19 DE XUÑO DE 11:00 A 12:00 H

5º E 6º DE E.P. DÍA 19 DE XUÑO DE 12:00 A 13.00H

Recordámoslle ao alumnado  que debe devolver os libros emprestados da biblioteca do centro, e os libros das asignaturas que teñan na casa. A non devolución pode ser causa de exclusión das axudas para material.

O alumnado de 5º non terá que devolver os equipos Edixgal, a non ser que cambien de centro para o curso que vén.

Benvidos á zona para as familias do alumado de primaria

Visita os diferentes recantos para máis información sobre o traballo no centro

Receitas das tartas de cumpreanos

Cada mes os nenos e nenas que celebran o seu cumpreanos elaboran unha tarta para invitar ós seus compañeiros e compañeiras.

Nas diferentes entradas publicadas podes ver como traballamos diferentes aspectos traballando coas receitas.

De seguido podes ver as receitas que fixemos ó longo do tempo, por se queres facer as tartas na túa casa.

Hipóteses (etapas) na aproximación á lecto-escritura

Pequeno resumo das etapas - hipóteses polas que pasan os nenos e nenas,  na aproximación á lectura e escritura.

Estas etapas son as que figuran nos boletíns trimestrais. Este pequeno esquema pretenden servir de referencias ás familias para a comprensión los respectivos items do boletín.

DESCARGA UN PDF CO RESUMO DAS ETAPAS

Proxectos de traballo e investigación en Infantil... que son? e por que os usamos?

Nos seguintes artigos poderás  coñecer que son, e por que empregamos os proxectos de traballo e investigación nas aulas de infantil.

 

Aprender con proyectos de trabajo en infantil: www.concejoeducativo.org/article.php?id_article=85

Proyectos para aprender (vídeos e información) http://proyectosparaaprender.wikispaces.com/

 

Lembra que podes coñecer o desenvolvemento de moitos dos proxectos de traballo que facemos nas nosas aulas no recanto de infantil.

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.