Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2014-2015) Rematamos o curso e así nos foi en xuño.

Xa demos comezo ás vacacións, pero aínda nos queda por contar cómo nos foi no mes de xuño na nosa aula.

Como xa sabedes fixemos a nosa excursión de fin de curso, da que xa falamos noutra entrada.

Mentres non chegaba o día, e a medida que traíamos á escola as autorizacións, nos íamos anotando nunha lista para ver quén faltaba por anotarse.

      

Ademáis tamén vimos uns días antes, en internet o percorrido que faríamos para chegar ó acuario e os distintos lugares onde faríamos parada.

Na pizarra dixital marcamos o percorrido

     

e elaboramos cada un o seu "mapa" da ruta.

En xuño tamén celebramos os cumpreanos tanto deste mes como dos meses de verán.

Participamos no xa tradicional xogo de pistas, cun tesouro final, do que tamén vos falamos noutra entrada.

Ademáis de participar nalgunhas actividades de fin de curso, que tamén relatamos noutra entrada.

 

Destacar tamén estas outras propostas:

Continuamos e rematamos co muro das palabras e os nosos diccionarios individuais.

 Seguimos cos agrupamentos de 3 anos e 4 e 5 en dúas sesións semanais para reforzar algúns aspectos en cada grupo.

 En 3 anos identificando as letras do muro, trazándoas, facéndoas con diferentes materiais, levando a cabo series con gomets..

 En 4 e 5 traballando conceptos matemáticos, trazando diferentes tipos de formas xeométricas, trasladándoas ó modelado,...

Tamén nunha sesión, na aula de informática, cada un de nós votamos para elixir o nome da mascota das TIC que máis nos gustaba.

Despois de varios meses coas plantacións, algunhas das cales tivemos que volver a sementar pois secaran, 

finalmente aínda que dúas delas non foron adiante, entre todos decidimos que as queríamos levar para casa e que non secaran na escola. Cada un na súa casa, a volvería a prantar na horta ou a seguiría coidando na súa maceta.

Tamén tivemos momentos de xogo nos recantos, de xogo libre, de títeres, aproveitando a tea coa que fixemos as escenas para a película de Chaplin.

Momentos de xogo e movemento no pavillón

 

 con circuitos, xogos de equilibrio,..

 

xogos populares..

e manipulación e xogo libre con moito do material co que contamos, por ser xa as últimas sesións do curso.

 

Nas últimas semanas tamén observamos que había carteis pegados na entrada do cole e na planta de arriba

e despois de leelos descubrimos que nos agardaba unha exposición de pintura feita polos nenos e nenas de primeiro.

Así que subimos a ver dita exposición, observala, falar sobre os seus cadros, inferir algúns aspectos como qué compañeiros de primeiro o puido pintar, cómo se titularía,...

lendo e descubrindo si estábamos no certo ou case...

os compañeiros maiores, de 5 e 6 anos se encargaban de lernos o que estaba escrito en cada cadro.

Gustounos moito a exposición, noraboa rapaces!

 E despois de tanto argallar, traballar, xogar, investigar, falar, escoitar, desfrutar, discutir, arranxar,....chegou o último día de curso, a despedida e benvida ás vacacións, unha mistura de ledicia polas vacacións e tristura polo cambio de aula e grupo para algúns de nós.

Nos quedará de recordo na clase a nosa foto de grupo cos compañeiros que pasan para primeiro. 

Pero qué maiores sodes rapaces!!! Moita sorte no próximo curso que ven!! Pero de momento, a desfrutar das vacacións!!!!

 E o resto de compañeiros, máis do mesmo, a desfrutar moito e nos veremos en setembro!!