Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) Visitamos o acuario do Grove, o monte Siradella e xogamos en Cámelot

Xunto ós compañeiros e compañeiras de primeiro e segundo de primaria, participamos o día 17 de xuño nunha saída para visitar o Acuario do Grove, o monte Siradella e, xa pola tarde, xogar todos xuntos no parque infantil "Cámelot". Podes ver como preparamos esta saída nas respectivas entradas do mes de xuño nos blogues de infantil 1 e infantil 2

Xa estábamos preparados para saír do colexio e comezar a nosa viaxe, non voltaríamos ata a tarde.

 

Fixemos o percorrido en autobús ata chegar ó acuario, afortunadamente tiñamos un mapa para non perdernos polo camiño.

 

Xa no acuario organizámonos en dous grupos, coas súas respectivas guías. Por unha banda os de infantil e por outra os compañeiros e compañeiras de primaria.

 

Dentro do acuario fomos descubrindo moitas especies mariñas, que nos foi explicando a nosa guía Andrea.

 

E ata puidemos tocar unha estrela de mar como "Patricio".

 

Sen esquecernos do terrible tabeirón que nadaba nunha enorme peixeira.

 

Tamén vimos tartarugas, peixes paiaso como "Nemo", ciruxáns... e outros moitos máis.

 

No andar superior do acuario visitamos un museo que estaba cheo de esqueletes de mamíferos mariños.

 

Andrea ensinounos como "diferenciar" os peixes dos mamíferos mariños (que teñen osos en lugar de espiñas), polo xeito en que movían as súas aletas.

 

Tamén nos contou a historia da balea, da que só quedaba o esquelete, que morrera poque comera unha chea de plásticos que os "humanos" tiraramos ó mar, e que confundira con comida.

 

Rematada a visita ó acuario, botámoslle unha ollada ó mapa para coñecer o noso seguinte destino... 

 

... pero antes un descansiño para merendar xunto ós compañeiros e compañeiras de primeiro e segundo..

 

A seguinte parada foi o monte Siradella, onde íamos tomar a comida todos xuntos. 

 

Tamén houbo tempo para xogar na natureza.

 

Despois dun novo traxecto en autobús chegamos a Vilagarcía de Arousa, onde iamos "pasalo de medo", no parque infantil "Camelot".

 

O parque estaba dentro dun "centro comercial"... así que tivemos que empregar as escaleiras mecánicas para poder chegar ata a última planta, que era donde estaba o parque.

 

Durante case dúas horas puidemos divertirnos todos xuntos.

 

Ata que chegou a hora de voltar para as nosas casas.

 

Encantaounos facer esta viaxe de todo o día para despedir o curso... pero aínda nos quedaban algunhas sorpresas por vivir nestes últimos días antes das vacacións. Non vos perdamos as seguintes entradas que iremos publicando no recanto de infantil en ámbolos dous blogues.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.