Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) Proxecto de Chaplin- III

Como xa sabedes, rematamos o noso corto de Chaplin, e na web están feitas varias entradas co proceso da rodaxe, e os pasos previos.

-Preparamo-la rodaxe da nosa película como as de Chaplin.

-Luces, cámara e acción! Rodamos a nosa película.

-Rematando a post-producción da película. Quéres ver o trailer?

Antes de comezar coa nosa curtametraxe, estivemos investigando en clase sobre Chaplin e xa fixemos dúas entradas nas que vos contamos un pouquiño.

-Proxecto de investigación sobre Charles Chaplin.

-Seguimos con Chaplin.

Pero todavía nos quedan por contar algunhas cousas máis que fixemos antes de pasar á elaboración da película.

Vos contáramos que dramatizamos algunhas das escenas de pelis de Chaplin e fixemos grabacións do "Baile dos paneciños"

Aquí podedes ver cómo desfrutamos coa música e a dramatización.

Tamén nos estiveramos facendo fotografías das caras imitando a Charles Chaplin

          

e unha vez impresas en branco e negro, as pintamos con ceras manley para ambientar os corredoiros co resto de información, murais, planing de traballo para a rodaxe...

              

Ademáis dun fotomaton onde podemos fotografiarnos imitando a Chaplin e que axudamos a pintar coa témpera.

 

 

No tocante ás preguntas, faltábanos respostar algunhas:

-Qué películas fixo. Cántas?

Como adicamos unhas sesións a ver algunhas escenas de diferentes películas, fumos recopilando e anotándoas.

                     

Esta actividade a fixemos en gran grupo, visionando os vídeos, e dictando a compañeiros na escrita, ademáis de aproveitar fotografías que trouxéramos de casa, nas que aparecían escenas dalgunhas destas pelis.

-Cómo se fai unha película? Cómo é un equipo de grabación?

Puidemos desfrutar dun conto dos bolechas "Os bolechas queren saber cómo se fai unha película" que visionamos na pantalla nunha presentación e entre todos fumos observando e escoitando para coñecer cáles eran os pasos.

Posteriormente, repartidos nos equipos cooperativos, nos encargamos de trasladar os distintos pasos do proceso ao mural.

 

-Qué se necesita ademáis de escenario e cámara?

Unha vez trasladados os pasos ao mural e expostos aos compañeiros, entre todos facemos un listado anotando as persoas que son necesarias nunha rodaxe

e algunhas das cousas supernecesarias como: cámara de fotos e de video, claqueta, ordenador, música.

E unha vez escrito este último listado, máis curtiño, nos repartimos cada equipo unha das cousas ou ferramentas para buscar en internet en google unha imaxe que nos guste para acompañar á palabra no listado.

 

Tamén por equipos escribimos algúns datos da súa vida  que averiguamos escoitando algúns videos.

    

Que recibiu un Oscar     

       

Que ten unha estrela no paseo da fama en Hollywood.

           

              

Que foi humorista,director, productor, escritor, músico.

E ata fabricante de xoguetes e vendedor de xornais.

       

Rematada a  investigación, colocamos o noso mural no corredoiro para darlle un valor social e como fonte de información para o resto de compañeiros, mestres e familias.

(pendiente de foto)

E comezamos a segunda parte: rodar a curtamentraxe!!!

 

 

 

 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.