Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2014-2015) Preparámo-la rodaxe da nosa película "como as de Chaplin"

Despois de varias semanas investigando sobre Chaplin, a súa vida e obra, así como do proceso de creación dunha película; xa estábamos preparados para comezar a rodar a nosa propia película.

Lembra que podes ver nos recantos de  de Infantil 1 e Infantil 2, como levamos a cabo o proceso de traballo e investigación.

O primeiro que sabíamos que iamos necesitar era un EQUIPO DE RODAXE, así que nos distribuimos entre os diferentes equipos anontándo o noso nome nun panel.

 

E velaquí temos ó noso Equipo de rodaxe, cada un deles cunha función encomendada para a creación da película. Xa coñecíamos todos estes equipos como resultado da nosa investigación.

 
DIRECTORA                       EQUIPO  DE STORYBOARD

 

EQUIPO DE GUIONISTAS                  EQUIPO DE MAQUILLAXE

 

EQUIPO DE  MONTAXE                   EQUIPO  DE  PELUQUERÍA 

 

CÁMARA                                        ILUMINACIÓN

 

EQUIPO DE  MÚSICA E SON          EQUIPO DE  EFECTOS ESPECIAIS

 

EQUIPO  DE VESTIARIO                     EQUIPO  DE FOTOGRAFÍA

 

 
EQUIPO DE ACTORES

 

Para que quedase máis claro, pegamos a fotografía dos integrantes de cada un dos equipos no seu lugar.

 

Co equipo de rodaxe xa definido e as tarefas distribuidas, chegou o turno de crear un PLAN DE RODAXE, afortunadamente os productores da película (a profe Ángela e o profe Óscar) xa pensaran nelo e tiñan organizado o traballo por cores para o seguinte mes... cando rodaríamos a película.

Cada un dos equipos foi coloreando os lugares do plan de traballo onde lles tocaría "traballar".

 

E, por suposto, tamén escribiron o nome do equipo ou equipos que traballarían cada un dos días.

 

E así quedou rematado o nos plan de traballo que pegamos no corredor xusto enriba da tabla dos equipos de traballo.

 

Desde logo, temos moito traballo por diante, pero así organizado seguro que damos rodado a nosa película... Cada día podemos comprobar cando nos toca a cada un "colaborar" na creación da película.  (fai click para ampliar o plan de traballo)

 

DÍA 1 E 2:  "CREACIÓN DO GUIÓN"

Segundo o planficado as dúas primeiras xornadas estaban adicadas a crear o guión da nosa película. O equipo de guionistas contou coa axuda da directora da película paa dar as súa impresións.

 

Moitas foron as voltas que lle deron ata dar escrito o guión dunha comedia, como as de Chaplin.

 

Unha vez rematado o guión, o equipo de producción xuntou a todo o equipo de rodaxe para facer unha lectura conxunta do mesmo e facer as aportacións que considerasen.

 

Os guionistas estaban ó tanto da lectura da súa "obra" que finalmente encantoulles a tódolos membros do equipo. 

Bo traballo!!

 

Por se queres lelo, aquí tes en primicia mundial o guión da película "O MAPACHE TOLO". Descárgao facendo click aquí.

 

DIA 3 E 4: STORYBOARD, MÚSICA E FOTOGRAFÍA

NA terceira e cuarta xornada do noso plan de rodaxe chegou o turno do equipo de debuxantes que, partindo do guión, foron debuxando as diferentes escenas nun STORYBOARD, para poder logo facer a rodaxe en base ós debuxos. Afortunadamente contaron coa axuda de outro equipos xa que había que facer 18 escenas.

 

Así quedou o storyboard da nosa película, se fas click sobre a seguinte imaxe poderás ver o storyboard completo.

 

Tamén foi o turno do equipo de fotografía, que xunto a un dos productores, foi buscando e fotografando diferentes localizacións en exteriores e interiores para as diferentes escenas.

 

Tan só había que ir "lembrando o guión" e ir pensando onde se podería grabar cada unha das escenas. 

 

Xa coas imaxes impresas ,recortámolas e escribimos debaixo como se chamaba o lugar elexido polo equipo de fotografía e localizacións.

 

E así quedaron plasmadas as localizacións que empregaremos nas nosa película, incluída a sala de usos múltiples onde rodaremos as escenas que precisen efectos especiais, diante dunha tela verde que se chama croma.

 

Por último o equipo de música e son foi o encargado de buscar diferentes pistas de audio, para empregar nas diferentes escenas da película. Unha vez rodada e xunto co equipo de montaxe terán que voltar a participar para decidir onde colocar cada unha das músicas que escolleron.

 

 

DIA 5 E 6: VESTIARIO E ATREZZO

Os dous últimos días desta primeira semana de traballo dedicouna o equipo de vestiaro e atrezzo para, despois de escribir dúas listaxes do que íamos precisar na película, para ir buscando toda a roupa e obxectos que iamos precisar.

Aquí podes ver a listaxe de vestiario e obxectos de atrezzo que escribiu o equipo.

 

E así rematou esta primeira semana de traballo, antes de comezar a rodaxe... que como podes ver no plan de traballo está a piques de comezar... pero iso xa volo contaremos na seguinte entrada.