Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2014-2015) Nas últimas semanas tamén sucedeu todo esto na nosa aula

Nas última semanas, demais de todo o que fomos contando nas diferentes entradas deste blog, tamén sucedeu todo isto.

PROBANDO CENORIAS:

Como xa vos contamos nunha entrada anterior, sementamos cenorias e leitugas, como van a tardar moito en medrar decidimos probar cenorias antes de que medraran. Os compañeiros da aula do lado invitáronnos a tomalas cocidas, tiñan un sabor "diferente".

 

Logo comezamos a probar as cenorias crúas, pero o primeiro foi deixalas ben limpas.

 

Por equipos fomos probando e explorando a textura, cheiro e sabor das cenorias crúas.

 

Tamén cada equipo foi facendo zume de cenoria coa licuadora... mesturámolo con outras froitas para conseguir sabores diferentes... 

 

O zume era tamén de cor laranxa e tiña un sabor moi curioso. Con unha palliña para cada un probamos o zume que fixéramos.

 

Tamén observamos e tocamos os restos que sobraron da cenoria, tiñan unha textura moi blanda e pareceunos a todos "plastilina"

 

Engadimos unha foto destas experiencias coas cenorias no noso dossier das plantacións.

 

RECICLANDO:

Desde fai varios cursos temos na nosa aula cubos de basura de tres cores: amarelo, verde e azul para reciclar... para explicarllo ós compañeiros e compañeiras novos deste ano, e para lembranos en que color vai cada cousa, visionamos varios vídeos sobre a importancia da reciclaxe dos diferentes elementos.

 

Cada un dos equipos cooperativos foi o encargado de elaborar o cartel do lixo dunha das cores, pegando nel imaxes de todo o lixo que hai que botar neles.

 

Para logo pegalos preto de onde temos os cubos de lixo... 

 

Agora, se algunha vez temos dúbidas de onde vai cada cousa, tan só temos que botarlle unha ollada ós nosos cartéis.

 

 

MOTRICIDADE EN USOS MÚLTIPLES:

Cando chove, e non podemos ir ó pavillón a facer as sesións de motricidade, facémolas na sala de usos múltiples do colexio.

Xogamos ó "xogo das sillas".

 

A pasarnos o balón "bomba" sen que caia ó chan...

 

A buscar solucións "loxicas" e estratexias acordadas entre varios para levar unha chea de pelotas nunha carretilla cun so viaxe.

 

E aínda máis difícil, levalas empregando só os nosos corpos... as estraexias foron moi diferentes entre os diferentes equipos, pero todos e todas demos atopado unha solución ó reto.

 

E outros moitos xogos coas pelotas.

 

CONTACONTOS:

Asistimos a unha sesión de contacontos.

 

Nalgúns deles ata había unha historia cunhas gafas moi divertidas.

 

LENDO LIBROS XUNTOS:

Xunto ós compañeiros e compañeiras da outra aula, un día á semana, continuamos a ler libros por parellas respectando tres normas acordadas:

  • Lér un único libro elexido e acordado pola parella
  • Coidar os libros
  • Recoller e poñelos no seu lugar, sen correr cando soa o depertador xigante que marca o final da lectura xuntos.

 

 

POÑENDO NOME Á MASCOTA DAS TIC:

Na aula de informática do colexio, e no corredor ó camiño a ela, atopamos un "mostruo azul" que tiña un bocadillo de comic... que poñería?.

Despois de lelo todos xuntos, descubrimos que se trataba da nova mascota das TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación) e da aula de informática, e que nos propoñía que lle puxesemos un nome.

 

Cada un propuxo un nome inventado, que escribimos no formulario que había na páxina web.

 

Foi moi curioso ver como os nosos nomes propostos ían aparecendo unha lista enorme de forma "automática".

Se queres, tamén podes propoñer un nome para a nosa mascota desde o blog das TIC, ou directamente desde aquí

Podedes preguntar ó voso fillo ou filla, de seguro que vos conta moito máis sobre ela.

 

MURO DAS PALABRAS.

Continuamos co noso muro das palabras... coñecendo a novas persoaxes cada semana.

 

E por suposto empregando a nosa aplicación informática "diccionario", para escribir e imprimir as imaxes que usamos no muro e no diccionario.

 

Lembra que podes coñecer outras moitas cousas que sucederon no día a día da nosa aula, en outras entradas publicadas neste mismo blog.