Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) Comezamos a sementar: cenorias e leitugas no mes de outubro

Ó longo deste curso, ó igual que os nosos compañeiros e compañeiras da outra aula de infantil, imos sementar e experimentar con diferentes prantas. 
   
   
Lendo os nomes que tiñan escritos e pola imaxe descubrimos que este mes, as dúas prantas que iamos sementar serían as CENORIAS (ZANAHORIAS) e as LEITUGAS.
   
    
Escribimos un listado dos obxectos que iamos precisar para sementalas, e descubrimos que nos faltaba un dos elementos máis imporantes, as "macetas" nas que botar a terra. Buscamos en internet a ver se atopabamos algunha ídea para facer testos con obxectos que tivesemos a man. 
 
   
   
Alí atopamos esta foto que nos deu unha idea fantástica... podíamos empregar botellas valeiras como "macetas, e penduralas da ventá para que lles dese o sol, que era un dos elementos que precisabamos e tiñamos anotados na nosa listaxe.

 
  
  
Escribimos unha nota para casa pedindo que iamos precisar unha botella para convertir en maceta, e acompañámola da fotografía anterior para que todos e todas puidesen ver a nosa idea.
Para non esquecernos, tamén pegamos a mesma fotografía na listaxe de elementos necesarios para sementar.
Decoramos a nosas botellas-maceta
E na listaxe que puxemos na aula, fomos anotando os dous primeiros encargados de sementar no mes de outubro, que por sorteo foron HUGO e JOAQUÍN.
Tiveron que furar a botella para que a auga puidese escapar e non "afogase a nosa pranta".
Enchérona de terra ata arriba.
E con coidado foron botando as sementes. HUGO as de cenoria e JOAQUÌN as de leituga.
O profe pendurounas na ventá e os responsables de cada unha delas encargáronse de regalas.  Agora tan só había que agardar ata que medrasen.
Ademáis cada un dos encargados das prantas elaboraron o panel informativo de cada unha delas.
Nel xunto ó paquete das sementes que empregaron, o nome da mesma, e dunha gráfica que irán completando a medida que vaian medrando, engadirán tamén a información que traian da casa sobre cada unha delas. 
Ámbolos dous contáronnos datos sobre as súas prantas, que trouxeron anotadas da casa, e que buscaran con axuda das súas familias.


Cada un deles elaborou o caderno de seguimento da súa pranta (onde irá anotando canto medra cada mes). E todos cubrimos a primeira folla do dossier das plantacións, onde anotamos o nome da pranta, pegamos as sementes e puxemos quen era o encargado de coidala. Quedou un espacio para debuxala cando a pranta medre o suficiente.

 

Despois de varios días a leituga comezou a medrar.

 

E bastante máis tarde comezaron a aparecer os primeiros brotes de cenoria.
O vindeiro mes mediremos se medraron as que xa temos, anotándoo no noso caderno de seguimento... e engadiremos duas novas prantas cos seus respectivos encargados... pero iso xa o contaremos entón. 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.